Copa do Rei de Rugby 2015-2016
Na tempada 2015-2016 disputouse a 83ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español. Organizado pola F.E.R., tiñan dereito a competir no torneo os sete equipos que ocupasen os primeiros postos na táboa da División de Honra unha vez rematada a primeira volta da liga regular. A UE Santboiana, que a esas alturas da liga ocupaba un deses sete primeiros postos, tiña pendente unha sanción que lle impedía disputar a Copa do Rei durante dous anos por mor da súa renuncia do ano anterior, de xeito que o dereito a participar nesta edición do torneo estendeuse ó oitavo equipo da liga. A final tivo lugar no Estadio José Zorrilla de Valladolid o día 17 de abril, e nela enfrontáronse os dous equipos da cidade, o V.R.A.C. e mailo C.R. El Salvador.[1] O resultado foi de 13-9 a prol do conxunto "chamizo", que gañou así a súa sétima Copa do Rei.
2014-2015 << 2015-2016 >> 2016-2017 O rei Filipe VI entregando a copa ó El Salvador. | |
Organizador | F.E.R. |
---|---|
Edición | 83ª |
Equipos | 7 |
Campión | CR El Salvador |
Finalista | VRAC |
Formato editar
O formato do torneo conta con 3 fases eliminatorias:
- Cuartos de final: Eliminatoria a un único encontro. Emparellamentos por sorteo puro. O VRAC, campión de liga e copa o ano anterior, quedou exento desta fase eliminatoria debido á súa falta de datas por mor da participación do equipo en competicións europeas.
- Semifinais: Eliminatoria a un único encontro. Emparellamentos por sorteo puro. O VRAC tivo que aceptar a condición de xogar esta eliminatoria como visitante a cambio de quedar exento na fase de cuartos de final.
- Final: Un único encontro xogado nun campo elixido pola Federación Española de Rugby.
Participantes editar
Os sete equipos participantes saíron do campionato nacional de liga na súa División de Honra. Acadaban o dereito a participar na Copa do Rei os sete primeiros equipos da táboa ó remate da primeira volta, coa excepción da UE Santboiana, sancionada.
Así quedou a táboa da liga trala primeira volta. VRAC e Barcelona tiñan un encontro adiado. Os sete equipos clasificados para disputar a Copa do Rei están marcados en cor azul:
Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | P+ | P- | BO | BD |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | VRAC | 43 | 10 | 9 | 0 | 1 | 332 | 178 | 7 | 0 |
2º. | El Salvador | 42 | 11 | 9 | 0 | 2 | 399 | 228 | 6 | 0 |
3º. | Alcobendas | 39 | 11 | 8 | 0 | 3 | 335 | 230 | 6 | 1 |
4º. | |
37 | 11 | 7 | 0 | 4 | 372 | 233 | 6 | 3 |
5º. | Independiente | 34 | 11 | 7 | 0 | 4 | 312 | 237 | 5 | 1 |
6º. | Cisneros | 33 | 11 | 7 | 0 | 4 | 282 | 250 | 4 | 1 |
7º. | Ordizia | 29 | 11 | 5 | 0 | 6 | 297 | 281 | 5 | 4 |
8º. | Getxo | 22 | 11 | 4 | 0 | 7 | 252 | 350 | 5 | 1 |
9º. | Hernani | 19 | 11 | 4 | 0 | 7 | 182 | 389 | 3 | 0 |
10º. | Barcelona | 15 | 10 | 3 | 0 | 7 | 190 | 314 | 1 | 2 |
11º. | Gernika | 13 | 11 | 2 | 0 | 9 | 249 | 347 | 1 | 4 |
12º. | CRC | 5 | 11 | 0 | 0 | 11 | 182 | 347 | 1 | 4 |
Torneo editar
- Cuartos de final: Encontro único (10 de xaneiro de 2016)
- Getxo 19-27 Independiente
- El Salvador 12-6 Cisneros
- Ordizia 13-32 Alcobendas
- VRAC exento
- Semifinais: Encontro único (31 de xaneiro de 2016)
- Independiente 12-26 El Salvador
- Alcobendas 20-25 VRAC
- Final: Encontro único (17 de abril de 2016)
- El Salvador 13-9 VRAC
- Cadro da competición
Cuartos de final | Semifinais | Final | |||||||||
Getxo | 19 | ||||||||||
Independiente | 27 | ||||||||||
Independiente | 12 | ||||||||||
El Salvador | 26 | ||||||||||
El Salvador | 12 | ||||||||||
Cisneros | 6 | ||||||||||
El Salvador | 13 | ||||||||||
VRAC | 9 | ||||||||||
Ordizia | 13 | ||||||||||
Alcobendas | 32 | ||||||||||
Alcobendas | 20 | ||||||||||
VRAC | 25 | ||||||||||
VRAC | Exento | ||||||||||
Notas editar
- ↑ El estadio José Zorrilla de Valladolid albergará la final de la Copa del Rey, artigo no xornal deportivo Marca. (en castelán)