Copa do Rei de Rugby 2014-2015

Na tempada 2014-2015 disputouse a 82ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español. Organizado pola F.E.R., tiñan dereito a competir no torneo os oito equipos que ocupasen os primeiros postos na táboa da División de Honra unha vez rematada a primeira volta da liga regular. A UE Santboiana, que lideraba o campionato de liga nese intre, rexeitou participar no campionato copeiro, de xeito que finalmente os participantes na Copa do Rei foron os oito equipos situados entre o segundo e o noveno posto da liga. Na final, disputada o 19 de abril de 2015 nos Campos de Pepe Rojo de Valladolid, o VRAC Quesos Entrepinares derrotou ó Complutense Cisneros por 33 a 15, facéndose coa súa cuarta Copa do Rei.

Copa do Rei
2013-2014 << 2014-2015 >> 2015-2016
OrganizadorF.E.R.
Edición82ª
Equipos8
CampiónCastela e León Valladolid RAC
FinalistaComunidade de Madrid CR Cisneros

Formato editar

O formato do torneo contaba con 3 fases eliminatorias:

  • Cuartos de final: Un único encontro xogado no campo do equipo mellor situado na liga. Os enfrontamentos foron 2º vs 9º, 3º vs 8º, 4º vs 7º, 5º vs 6º.
  • Semifinais: Por sorteo puro, disputáronse a ida e volta.
  • Final: Un único encontro xogado nun campo elixido pola Federación Española de Rugby.

Participantes editar

Os oito equipos participantes saíron do campionato nacional de liga na súa División de Honra. Acadaban o dereito a participar na Copa do Rei os oito primeiros equipos da táboa ó remate da primeira volta. Trala renuncia da UE Santboiana ampliouse a clasificación para a Copa do Rei ó noveno posto da liga.[1]

Así quedou a táboa da liga trala primeira volta (os oito equipos clasificados para disputar a Copa do Rei están marcados en cor azul):[2]

Posto Equipo Puntos PX PG PE PP P+ P- BO BD
1º.   Santboiana 48 11 10 0 1 383 192 8 0
2º.   El Salvador 46 11 10 0 1 333 159 6 0
3º.   VRAC 45 11 9 0 2 301 213 7 2
4º.   Cisneros 39 11 8 0 3 356 226 7 0
5º.   Independiente 33 11 7 0 4 277 245 4 1
6º.   Gernika 25 11 5 0 6 232 290 3 2
7º.   CRC 21 11 4 1 6 174 245 1 2
8º.   Vigo 19 11 3 0 8 199 316 3 4
9º.   Ordizia 18 11 4 0 7 224 274 1 1
10º.   Getxo 15 11 3 0 8 215 312 1 2
11º.   Barcelona 15 11 1 1 9 247 285 3 6
12º.   Hernani 6 11 1 0 10 152 336 0 2

Torneo editar

  • Cuartos de final: Encontro único (20/21 de decembro de 2014)
    • Cisneros 26-0 CRC
    • Independiente 80-39 Gernika
    • El Salvador 30-13 Ordizia
    • VRAC 92-8 Vigo
  • Semifinais: Encontros de ida e volta (11 de xaneiro e 1 de febreiro de 2015)
    • Cisneros 38-30 Independiente
    • El Salvador 12-22 VRAC
    • Independiente 19-23 Cisneros
    • VRAC 9-0 El Salvador
  • Final: Encontro único (19 de abril de 2015)[3]
    • VRAC 33-15 Cisneros[4]
Cadro da competición
  Cuartos de final Semifinais Final
                         
   Cisneros 26  
   CRC 0  
     Cisneros 38 23  
     Independiente 30 19  
   Independiente 80  
   Gernika 39  
      Cisneros 15
      VRAC 33
   El Salvador 30  
   Ordizia 13  
     El Salvador 12 0
     VRAC 22 9  
   VRAC 92
   Vigo 8  

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar