Estadio Nueva Balastera
O Estadio Nueva Balastera é un estadio de fútbol da cidade de Palencia, en Castela e León, España. É de propiedade municipal e o seu equipo local é o Club Deportivo Palencia Balompié. Foi inaugurado en 10 de outubro de 2006, e posúe unha capacidade de aproximadamente 8.100 espectadores.
Estadio Nueva Balastera | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estadio de fútbol e estadio de rugby ![]() | |||
Deporte | fútbol e rugby a 15 ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Operador/a | Valencia ![]() | |||
Ocupante | Club de Fútbol Palencia e CD Cristo Atlético (en) ![]() ![]() | |||
Propietario/a | Concello de Palencia | |||
Arquitecto/a | Patxi Mangado | |||
Datas | ||||
Fundación | 10 de outubro de 2006 ![]() | |||
Inauguración | 10 de outubro de 2006 | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 8.100 espectadores | |||
Tipo superficie | Céspede artificial | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Palencia | |||
Concello | Palencia ![]() | |||
Localización | Palencia, España ![]() | |||
Código postal | 34004 ![]() | |||
Enderezo | C. de Lola de la Fuente, s/n, 34004 Palencia ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | cristoatletico.es… ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Datos básicos
editar- O seu principal impulsor e promotor foi o malogrado presidente Alberto de la Corte López, que rescatou en 2001 a vella idea dun novo estadio para Palencia e animou a institucións públicas e privadas para que retomasen o proxecto. A súa ausencia o día da inauguración foi moi recordada por toda a afección. Alberto de la Corte López faleceu tras unha longa enfermidade sen poder ver cumprido o seu soño dun novo estadio para Palencia.
- Foi construído pola unión das empresas Hormigones Sierra, Inmobiliaria Río Vena e Promociones Pal cun custo final de 18 millóns de euros.
- O arquitecto foi o navarro Patxi Mangado, o cal procurou un estilo minimalista e sobrio ao edificio. Deuse especial importancia á iluminación do edificio, tanto cara ao interior como cara ao exterior do mesmo.
- O estadio ten capacidade para 8.070 persoas, todas elas sentadas, a diferenza do antigo estadio de La Balastera.
- O nome seleccionado foi o de manter o do antigo estadio coa diferenciación de chamalo Novo Estadio.
- Outros nomes barallados foron Reino de Castilla, ou o do atleta palentino Mariano Haro.
- Nel áchanse as oficinas do Padroado municipal de deportes e do Club de Fútbol Palencia.
O estadio consta dun piso baixo de cristal e outro superior e máis grande cuberto de láminas metálicas. Cara ao interior, catro torres moi inclinadas no seu punto medio iluminan o campo cuxas bancadas, de cor verde azulado trouxeron polémica porque os palentinos desexábanas moradas, cor típica da cidade. No entanto, os veciños da cidade quedaron sorprendidos coa súa iluminación: a separación dos pisos queda marcada cunha fila de lucecillas e as torres que soportan os focos que iluminan o campo son translúcidas, creándose un sorprendente efecto visible desde moitos puntos da cidade. Curiosamente, o estadio resultou moi barato para a cidade xa que o lugar que ocupaba a Antigua Balastera foi entregado ás empresas construtoras a cambio da construción do actual estadio.
Inauguración
editarFoi inaugurado o día 10 de outubro de 2006 baixo unha choiva intermitente e aínda sen finalizar. O acto foi realizado pola selección española Sub-21, cun encontro internacional de clasificación á Eurocopa de fútbol 2008 e aos Xogos Olímpicos de Pequín 2008. O encontro disputouse entre España e Italia co resultado de 1-2.
Prestixio
editarO estadio gañou un gran prestixio mundial. A primeira aparición do estadio no estranxeiro foi nunha reportaxe que realizou Patxi Mangado para o New York Times, onde gustou aos estadounidenses. A continuación realizouse unha exposición de arquitectos españois en Nova York, onde Patxi Mangado tamén o mostrou. No mes de xuño de 2007 gañou en Barcelona un premio por este estadio e gaño tamén o Premio Nacional de Arquitectura.
Vendéronse todas as localidades.