Ordizia Rugby Elkartea
O Ordizia Rugby Elkartea, chamado AMPO Ordizia por razóns de patrocinio, é un club de rugby vasco da localidade de Ordizia (Guipúscoa) fundado en 1973, que compite na División de Honra, primeira categoría do rugby español.
Nome | Ordizia Rugby Elkartea |
---|---|
Fundación | 1973 |
Sede | Ordizia (Euskadi) |
Estadio(s) | Estadio de Altamira |
Capacidade | 430 espectadores |
Presidente | Koro Bosque |
Adestrador | Federico Gallo |
Liga(s) | División de Honra |
2023-24 | 9º |
Na rede | |
http://www.ordiziarugby.com/ |
Historia
editarO Ordizia Rugby Elkartea foi fundado en 1973, e durante todos estes anos estivo vinculado á vida deportiva da vila de Ordizia e a comarca de Goierri.
Dende a súa fundación, moitos rapaces da comarca participaron nos diferentes eventos deportivos da vida do club e, ademais, este club de rugby portou o nome da vila de Ordizia en multitude de eventos en distintos países europeos coma Italia, Portugal, Francia, Escocia, Gales... e polas diferentes comunidades autónomas que configuran na actualidade o Estado español.
Debido a que a empresa AMPO de tecnoloxía ofreceu o seu patrocinio ao club, o equipo trocou o seu nome polo de AMPO Ordizia Rugby.
Dentro dos éxitos deportivos do club, cómpre destacar que en 2005 acadou o ascenso á máxima categoría do rugby español, a División de Honra, un fito histórico para este club.
Na tempada 2010-2011 o equipo acadou o subcampionato nacional de liga ó rematar 2º a só 1 punto do equipo campión, o Club de Rugby La Vila. Na tempada 2011-12 de novo chegou un subcampionato de liga, caendo na final fronte ó VRAC por 27-10, pero acadou o seu primeiro título de Copa do Rei.
Estadio
editarNos seus primeiros anos de existencia o club xogou os seus encontros no vello Estadio Municipal de Altamira, campo que tivo que compartir co equipo de fútbol local. Logo dun tempo tendo que xogar en Hernani e Lazkao, en 1979 comezou a xogar no Fernando Trevijano, inaugurado o 9 de setembro dese ano. Altamira foi reformado en 2007 cun novo terreo de xogo sintético, e o equipo de rugby, que daquela xa ascendera á División de Honra, volveu a el en 2009.
Palmarés
editar- Liga Española de rugby: 0 títulos.
- Copa do Rei de rugby: 2 títulos.
- Posicións do Ordizia Rugby Elkartea en competicións nacionais dende a súa fundación
Categoría | 2015 | 14 | 13 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Div.Honra | 7 | 6 | 5 | 2 | 2 | 7 | 7 | 6 | 7 | 7 | x | x | |||||||||||||||||||||||||||||
Div.HonraB | 1 | 3 | 8 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1ªNacional | 2 | 1 | 2 | 1 | 1 | 6 | 4 | 2 | 6 | 6 | 5 | 5 | 3 | 5 | 4 | 3 | 7 | 3 | 2 | 3 | |||||||||||||||||||||
Copa | 1 | 1 |
A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A Primeira Nacional desapareceu en 2014.
Tempada actual
editar- Artigo principal: División de Honra de Rugby 2018-2019.
POSTO | EQUIPO | PUNTOS | XOG | GAÑ | EMP | PER | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | SEMIFINAIS | El Salvador | 92 | 22 | 18 | 2 | 2 |
2º. | SEMIFINAIS | VRAC | 89 | 22 | 18 | 1 | 3 |
3º. | CUARTOS FINAL | Alcobendas | 78 | 22 | 16 | 1 | 5 |
4º. | CUARTOS FINAL | Ordizia | 63 | 22 | 12 | 2 | 8 |
5º. | CUARTOS FINAL | Aparejadores | 59 | 22 | 11 | 0 | 11 |
6º. | CUARTOS FINAL | Barcelona | 57 | 22 | 11 | 1 | 10 |
7º. | PERMANENCIA | Santboiana | 57 | 22 | 10 | 1 | 11 |
8º. | PERMANENCIA | Independiente | 43 | 22 | 7 | 1 | 14 |
9º. | PERMANENCIA | Hernani | 41 | 22 | 7 | 0 | 15 |
10º. | PERMANENCIA | Cisneros | 39 | 22 | 5 | 1 | 16 |
11º. | PROMOCIÓN | La Vila | 38 | 22 | 6 | 0 | 16 |
12º. | DESCENSO | Gernika | 36 | 22 | 5 | 2 | 15 |
Eliminatorias
editarCuartos de final | Semifinais | Final | ||||||||
5 de maio, Altamira (Ordizia) | 11 de maio, Pepe Rojo (Valladolid) | 25 de maio, Pepe Rojo (Valladolid) | ||||||||
[1º] - El Salvador | 39 | |||||||||
[4º] - Ordizia | 38 | |||||||||
[4º] - Ordizia | 26 | |||||||||
[5º] - Aparejadores | 31 | |||||||||
12 de maio, Pepe Rojo (Valladolid) | [1º] - El Salvador | 27 | ||||||||
5 de maio, Las Terrazas (Alcobendas) | ||||||||||
[2º] - VRAC | 39 | |||||||||
[3º] - Alcobendas | 34 | |||||||||
[3º] - Alcobendas | 12 | |||||||||
[6º] - Barcelona | 20 | |||||||||
[2º] - VRAC | 33 | |||||||||
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial do Ordizia Rugby ElkarteaArquivado 03 de outubro de 2015 en Wayback Machine. (en castelán)
- Información do equipo na páxina da Federación Española de Rugby (en castelán)