División de Honra de Rugby 2015-2016
A tempada 2015-2016 da División de Honra da liga española de rugby foi a 49ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España. A liga regular comezou o 20 de setembro de 2015, o mesmo fin de semana no que comezou a Copa do Mundo de Rugby 2015 que se disputaba en Inglaterra e Gales. A selección de rugby de España non acadou a clasificación para o torneo mundialista. A final da liga foi o día 29 de maio de 2016, e nela enfrontáronse dous equipos de Valladolid, o Valladolid Rugby Asociación Club e o Club de Rugby El Salvador, primeiro e segundo na liga regular. O Club de Rugby El Salvador gañou a final por 24 a 23 acadando o seu oitavo título de campión de liga.
División de Honra de Rugby | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 1952 |
Rexión | ![]() |
Equipos | 12 |
Actual campión | El Salvador |
Organizador | FER |
Sitio web | www.ferugby.com |
Formato Editar
A liga conta con doce clubs participantes, e o formato de competición é o mesmo das tres tempadas anteriores, dividíndose a liga en dúas etapas: a fase de liga regular e as eliminatorias polo título. A liga regular está composta por 22 xornadas, e os seis primeiros equipos da clasificación participarán nas eliminatorias polo título de campión.
Os oito primeiros equipos da táboa ó remate da primeira volta acadarán o dereito a participar na Copa do Rei, agás a UE Santboiana que terá que cumprir unha sanción dun ano.
O campión de liga acadará o dereito a participar en tres torneos na seguinte tempada:
- Supercopa de España, na que se enfrontará ó campión da Copa do Rei.
- Copa Ibérica, na que se enfrontará ó campión da División de Honra portuguesa.
- Qualifying Competition, na que se enfrontará a varios campións de liga europeos por unha praza na Challenge Cup, a segunda competición continental de clubs.
Participantes Editar
O Club Alcobendas Rugby, herdeiro do M.A.R.U. que gañou o título de liga en 2001-02, ascendeu á máxima categoría da liga española de rugby na tempada 2014-15, e ocupa a praza do equipo descendido, o Vigo Rugby Club, que perdeu a categoría despois de catro anos na División de Honra. Os restantes participantes xa participaron na última edición.
Clasificación Editar
A táboa clasificatoria da liga regular faise sumando os puntos por vitorias e empates, máis o puntos bonus acadados. O equipo que acada unha vitoria suma 4 puntos, e o que acada un empate suma 2. Os puntos bonus poden sumarse de dous xeitos. Aquel equipo que anota 4 ensaios ou máis, suma 1 punto bonus ofensivo na táboa clasificatoria, gañe, perda ou empate o encontro. Por outra banda, aquel equipo que perda un partido por 7 puntos ou menos, acadará 1 punto bonus defensivo.
Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | PF | PC | BO | BD |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | V.R.A.C. | 98 | 22 | 20 | 1 | 1 | 775 | 328 | 16 | 0 |
2º. | C.R. El Salvador | 83 | 22 | 17 | 1 | 4 | 763 | 438 | 12 | 1 |
3º. | Independiente R.C. | 72 | 22 | 14 | 1 | 7 | 663 | 498 | 11 | 3 |
4º. | U.E. Santboiana | 69 | 22 | 13 | 0 | 9 | 748 | 530 | 13 | 4 |
5º. | C.R. Cisneros | 68 | 22 | 13 | 1 | 8 | 606 | 505 | 11 | 3 |
6º. | C. Alcobendas R. | 58 | 22 | 11 | 0 | 11 | 565 | 537 | 9 | 5 |
7º. | F.C. Barcelona | 42 | 22 | 8 | 2 | 12 | 456 | 639 | 4 | 2 |
8º. | Getxo R.T. | 40 | 22 | 7 | 0 | 15 | 477 | 697 | 9 | 3 |
9º. | Ordizia R.E. | 40 | 22 | 6 | 0 | 16 | 540 | 714 | 9 | 7 |
10º. | Hernani C.R.E. | 38 | 22 | 7 | 0 | 15 | 423 | 743 | 8 | 2 |
11º. | Gernika R.T. | 37 | 22 | 7 | 0 | 15 | 472 | 619 | 3 | 6 |
12º. | C.R.C. Pozuelo | 35 | 22 | 6 | 0 | 16 | 455 | 695 | 7 | 4 |
Posicións que clasifican para semifinais (1º e 2º). |
|
Resultados Editar
|
|
|
Eliminatorias polo título Editar
Na fase final do campionato os dous mellores equipos da liga regular tiñan dereito a xogar como locais nas semifinais fronte ós gañadores dunha eliminatoria previa entre os equipos situados entre o terceiro e o sexto posto. Tódolos encontros desta fase se xogaron no campo elixido polo equipo mellor clasificado ó remate da fase de liga regular. Os cuartos de final tiveron lugar o 15 de maio, as semifinais o 22 de maio, e a final o 29 de maio de 2016. A final enfrontou ós dous primeiros clasificados da liga regular, ámbolos dous equipos de Valladolid, caendo a vitoria do lado do Club de Rugby El Salvador cun resultado axustado de 23 a 24, que supuxo o oitavo título de liga para o equipo "chamizo".
Cuartos de Final | Semifinais | Final | ||||||||
15 de maio, Estadi Baldiri Aleu (Sant Boi) | 22 de maio, Campos de Pepe Rojo (Valladolid) | 28 de maio, Campos de Pepe Rojo (Valladolid) | ||||||||
1º. V.R.A.C. | 33 | |||||||||
4º. U.E. Santboiana | 23 | |||||||||
5º. C.R. Cisneros | 26 | |||||||||
5º. C.R. Cisneros | 25 | |||||||||
21 de maio, Campos de Pepe Rojo (Valladolid) | 1º. V.R.A.C. | 23 | ||||||||
15 de maio, Campo de San Román (Santander) | ||||||||||
2º. C.R. El Salvador | 24 | |||||||||
3º. Independiente R.C. | 42 | |||||||||
3º. Independiente R.C. | 16 | |||||||||
6º. C. Alcobendas R. | 13 | |||||||||
2º. C.R. El Salvador | 33 | |||||||||
Galería Editar
-
O VRAC, gañador das últimas catro ligas, debutou en San Román fronte ó Independiente.
-
O Ordizia RE púxose como primeiro líder da liga derrotando a Getxo en Fadura (14-50).
-
A División de Honra regresou tres anos despois a Las Terrazas na segunda xornada.