Liga Superibérica
A Liga Superibérica foi unha liga española de rugby creada en 2009 co propósito de ter por vez primeira unha competición profesional deste deporte en España. Baseada nun sistema de franquías, e tomando como modelo o deporte profesional americano, a liga estivo composta por seis equipos, que cedían os seus dereitos á empresa Steelman Sport, que era a encargada de xestionar a comercialización da Liga. Foi unha competición que coexistiu coa División de Honra.
Tipo | professional sports league (en) |
---|---|
Deporte | rugby a 15 |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 2009 – |
Outro | |
Páxina web oficial | superibericarugby.com |
Nacemento da Liga Superibérica
editarO primeiro concepto da competición era que fose unha liga pechada, 100% profesional, na que competisen 10 equipos de España, Portugal e Xibraltar. A competición iniciaríase a mediados de abril para non coincidir coas datas da División de Honra, e remataría a comezos de xullo.
Historia
editarA primeira e única edición celebrouse en 2009, desputándose o encontro inaugural o 24 de abril dese ano. Nel enfrontáronse Vacceos Cavaliers e La Vila Mariners. Tras un nacemento un pouco accidentado pola ausencia das franquías portuguesas e da xibraltareña, coas que se contaba para esa tempada inaugural, a tempada desenvolveuse dun xeito inesperado polos bos resultados que tiveron os Mariners, proclamándose xustos vencedores da fase regular da liga, tras vencer a case que tódolos favoritos ao título. Na final a 4 celebrada no Estadio Teresa Rivero de Madrid, enfrontáronse as franquías de Euskadi, Madrid e Cataluña xunto cos gañadores da fase regular. Logo dunhas boas semifinais, nas que os catro equipos tiveron opcións até o remate dos encontros para clasificarse para a final, conseguiron pasar á mesma o equipo valenciano de La Vila Mariners e os Gatos de Madrid. A final rematou cun empate a 28, saíndo campións os madrileños por ter acadado un maior número de ensaios. A final foi presenciada por arredor de 5.000 persoas e retransmitida en directo por Canal +.
Sistema de competición
editarO sistema de competición foi unha liga regular a dúas voltas (partidos de ida e volta) de 6 equipos cunha final a 4 (ao estilo da Euroliga en baloncesto). Este sistema deu de si un total de 10 xornadas de liga regular mais as semifinais, o encontro polo 3º e 4º posto e a final, sumando un total de 34 encontros.
Sistema de puntuación
editar- Cada vitoria suma 4 puntos.
- Cada empate suma 2 puntos.
- Catro ensaios nun partido suma 1 punto de bonus.
- Perder por unha diferenza de sete puntos ou inferior suma 1 punto de bonus.
Ascensos e descensos
editarNon existían ascensos nin descensos de categoría ao ser unha liga de franquías pechada.
Franquías
editarAs franquías, deberanse axustar a uns requirimentos de admisión, formándose unha Xunta Xeral por parte dos clubs, xogadores e adestradores. Os equipos eran de 35 xogadores, sendo 10 profesionais cun soldo mínimo preestablecido pola organización, debéndose achegar á SIR a copia dos contratos. Por outra banda, establecerase un límite salarial dun millón de euros brutos e os estadios debían ter cabida como mínimo para 3.000 seareiros. O gañador acadou un premio en metálico.
Franquías participantes
editar
|
|
|
|
|
|
Estas foron as franquías participantes na Liga Superibérica 2009:
Edición 2010
editarDurante os meses posteriores ó remate da primeira edición, fixéronse xestións para que a SIR medrase con 2 franquías portuguesas, de Lisboa e Porto, e cunha franquía do Campo de Xibraltar. A Federación Española de Rugby nunca foi favorable a este torneo, sendo inflexible á hora de negociar os calendarios para non solapar a División de Honra coa SIR. Finalmente tampouco houbo acordos económicos, nin de colaboración por parte dalgúns clubs, de xeito que a competición foi suspendida.
En 2011 houbo novamente conversas ó respecto, para facelo intento de resucitar á SIR, pero sen acadar ningún éxito.
Resultados
editar- Semifinais
Mariners | 36 - 20 | Almogavers | 3 de xullo de 2009 – Estadio Teresa Rivero, Madrid Asistencia: 2.150 Árbitro: Pedro Montoya |
Gatos | 28 - 9 | Korsarioak | 3 de xullo de 2009 – Estadio Teresa Rivero, Madrid Asistencia: 3.350 Árbitro: Paulo Lameirão |
- Final
Mariners | 28 - 28* | Gatos | 5 de xullo de 2009 – Estadio Teresa Rivero, Madrid Asistencia: 5.300 Árbitro: Félix Villegas |