Basque Korsarioak
O Basque Korsarioak ('Corsarios Vascos' en éuscara) é a franquía de rugby que representa na Liga Superibérica a Euskadi (País Vasco, Navarra e o Iparralde). A sede principal do equipo é Donostia, xogando os seus partidos como local no Miniestadio de Anoeta, que é amplamente empregado para a práctica do rugby na capital donostiarra.
Nome | Basque Korsarioak | |
---|---|---|
Fundación | 2009 | |
Sede | Donostia País Vasco | |
Estadio(s) | Miniestadio de Anoeta | |
Capacidade | 4200 espectadores | |
Presidente | Kote Olaizola | |
Adestrador | Jean Philippe Bidart | |
Liga(s) | Liga Superibérica | |
2009 | 3º | |
| ||
Na rede | ||
http://www.basquekorsarioak.com |
Historia
editarO equipo foi fundado en 2009, e nace aglutinando a varios dos equipos de maior categoría do rugby vasco: o Bera Bera R.T. e o Getxo Artea R.T., que participaron esta tempada na División de Honra, de División de Honra B, tamén participan xogadores do Hernani C.R.E., e da Primeira División Nacional (terceira categoría do rugby español) participan xogadores do Zarautz K.E. e do Eibar R.T. (que acadou o ascenso a División de Honra B este ano). Tamén participan outros equipos, coma o equipo francés do Top 14, Aviron Bayonnais, cede aos seus xogadores suplentes; así como xogadores do equipo de Fédérale 2 (cuarta división francesa), Stade Hendayais.
A marca deportiva Canterbury of New Zealand vestirá a esta franquía, ao igual que ás outras cinco participantes.
Nome e Imaxe
editarO nome da franquía, Korsarioak (corsarios), inspírase na historia do pobo vasco. Durante moitos séculos, os armadores e navegantes vascos recibiron a patente de corso dos reis rexentes nas distintas épocas para realizar accións de piratería nas zonas próximas á costa contra os barcos inimigos nos conflitos nos que se vira inmersa a coroa nese momento. Estas patentes ofreceron unha grande achega á economía vasca dos séculos XVI e XVIII, e é por iso polo que os encargados da franquía consideraron axeitado este nome para o equipo.
A imaxe da franquía é un corsario en branco e negro sobreimpreso por riba dunha bandeira vermella cun K branco, e baixo eles o nome da franquía en vermello e negro.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Basque Korsarioak |