Cartujanos de Andalucía

O Sevilla F.C. Andalucía Rugby é a franquía de rugby de Andalucía que participa representando a esta comunidade na Liga Superibérica.

Cartujanos de Andalucía
NomeCartujanos de Andalucía
Fundación2009
SedeSevilla, Andalucía
Estadio(s)Estadio Olímpico de La Cartuja
Capacidade60000 espectadores
PresidenteEspaña Alejandro Aguilera
Adestrador Jose Antonio Queirel Levati
Liga(s)Liga Superibérica
2009
Casa
Fóra
Na rede
http://www.cartujanosrugby.com/ Site oficial do club

Fundación e primeiros anos

editar

O equipo foi fundado en 2009 e nace aglutinando nun principio, pola meirande parte dos clubs andaluces de categoría nacional (División de Honra, División de Honra B e Primeira Nacional), que achegaron os seus xogadores para a formación deste equipo: o Helvetia, Club de Rugby Ciencias, Universitario e Club Amigos del Rugby sevillanos, o Universidade de Málaga, Granada 2004 de Granada, Jaén R.C. de Xaén, Costa de Almería e C.R. Atlético Portuense de El Puerto de Santa María (Cádiz). A súa intención é involucrar no proxecto a todos os clubs andaluces, nun futuro.

Nome e imaxe

editar

O nome da franquía foi elixido debido a que ao nome orixinal de Cartujanos sumóuselle o patrocinio auspiciado polo club de fútbol do Sevilla FC.

O Sevilla FC non é novo no mundo do rugby, na tempada 1969-70 constituíuse a sección de rugby do Sevilla FC. Aquela liga de División de Honra Andaluza desputárona os equipos seguintes: Club Pineda de Sevilla, Club Natación, Arquitectura, Macarena, Medicina, Dos Hermanas, Club Felipe II e Sevilla FC. O primeiro encontro do Sevilla FC foi dirixido por José María Ruiz Romero "Rosco" e rematou con vitoria contra Dos Hermanas por 60-0. A partir de aí o Sevilla FC comezou a fomentar a súa canteira, chegando incluso a ter varios equipos sénior ademais de todas as súas categorías inferiores. Centos de xogadores pasaron pola sección de rugby do Sevilla FC. Os éxitos deportivos máis importantes ao longo da súa historia foron:

-Sevilla FC sénior: campión Liga Nacional 1ª Categoría temporadas 1975-76, 1976-77 e 1981-82.

-Sevilla FC Cadete: Campión de España tempada 1977-1978.

O Sevilla FC contribuíu dun xeito moi importante ao desenvolvemento do rugby en Sevilla.

Finalmente, o logotipo da franquía é un cabalo que o seu pescozo alóngase para abrazar o escudo do Sevilla FC esvaecido.

Historia

editar

A historia da franquía andaluza comenza o 26 de abril de 2009 nun partido celebrado no estadio madrileño de Las Terrazas (Alcobendas), partido no que non conseguiron a vitoria fronte a uns Gatos que se mostraron intratables no seu campo. Durante a fase regular non conseguiron manter a regularidade no xogo e perderon moitos partidos, o cal lles condenou ao sexto e último posto da Liga, mais remataron a mesma cunha vitoria na casa fronte ao Almogàvers por 25-19, que lles deixou con bo sabor de boca. Nesta primeira edición xogáronse partidos en Sevilla, Armilla (Granada) e El Puerto de Santa María (Cádiz), facendo partícipe a toda a comunidade andaluza da franquía.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar