O Gatos de Madrid é a franquía de rugby da Comunidade de Madrid (España), que participa representando a esta comunidade na Liga Superibérica.

Gatos de Madrid
NomeGatos de Madrid
Fundación2009
SedeMadrid, España
Estadio(s)a) Estadio de Las Terrazas
b) Campo de Rugby Ramón Urtubi
c) Campo Central de Ciudad Universitaria
Capacidadea) 500
espectadores
PresidenteEspaña Pedro Monzón
AdestradorFrancia Regis Sonnes
España José Ignacio Inchausti
Liga(s)Liga Superibérica
2009
Casa
Fóra

O equipo foi fundado en 2009 e nace aglutinando, nun principio, aos catro equipos de maior categoría do rugby madrileño: o CRC Madrid que participa na División de Honra e os participantes da División de Honra B: Club Alcobendas Rugby, Complutense Cisneros e C.R Liceo Francés, aínda que a súa intención é involucrar no proxecto a todos os clubs madrileños, nun futuro.

Os estadios onde o equipo xoga os seus partidos como local son os diversos estadios dos clubs que aglutina a franquía: Estadio de Las Terrazas de Alcobendas, Campo de Rugby Ramón Urtubi e Campo Central de Ciudad Universitaria de Madrid; todos eles son campos que están localizados na Comunidade de Madrid.

A marca deportiva Canterbury Of New Zealand viste a esta franquia, igual que ás outras cinco participantes.

Nome e imaxe editar

O nome e a imaxe da franquía foron elixidos tras unha competición popular na que se elixiu o nome de Gatos por ser o apelativo de todos os nacidos en Madrid, cos catro avós madrileños. O nome se remonta á época da Reconquista, na que os habitantes da Tierra de Madrid distinguíronse pola súa capacidade para gabear muros, habilidade moi necesaria nesas épocas guerreiras fronte aos musulmáns peninsulares. Ademais, outra vertente fala de que este nome provén da Guerra de Independencia de 1808, fronte aos franceses, na que tralo alzamento do do 2 de maio, as xentes de Madrid loitaron polos tellados coma gatos.

O logotipo da franquía é un ollo de gato amarelo con forma oval negra, de tal xeito que representa un balón de rugby.

Historia editar

Os Gatos de Madrid estreáronse en competición oficial o 26 de abril de 2009 fronte á franquía andaluza Sevilla F.C. Andalucía, no Campo das Terrazas de Alcobendas con vitoria 31-14. O 5 de xullo de 2009, os Gatos proclamáronse campións da primeira edición da Liga Superibérica tras empatar a 28 cos Mariners e vencer por diferenza de ensaios.

Palmarés editar