Pablo Feijoo Ugalde
Pablo Feijoo Ugalde, nado en Donostia o 18 de maio de 1982, é un ex xogador de rugby, capitán das seleccións españolas de rugby a XV e VII, coas que debutou en 2002. É o sétimo xogador con máis encontros internacionais coa selección de XV, e o primeiro coa de VII. Participou nos Xogos Olímpicos de 2016. A súa posición no campo era a de medio de melé. De 2017 a 2022 foi nomeado seleccionador español de rugby a 7. O seu paí, Alfonso Feijoo, tamén foi xogador de rugby internacional, seleccionador e presidente da Federación Española.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1982 (42 anos) Donostia, España |
Actividade | |
Ocupación | xogador de rugby |
Período de actividade | 2000 - |
Deporte | Rugby a 7 |
Posición de xogo | Scrum-half (en) |
Participou en | |
2016 | rugby de sete nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) |
Familia | |
Pai | Alfonso Feijoo García |
Traxectoria a nivel de clubs
editarA súa carreira en clubs transcorre entre Donostia, Madrid e Valladolid, cunha curta esperiencia en Inglaterra. Nos últimos anos adicouse principalmente á selección de VII, malia que tiña ficha nalgún club e xogaba nel de xeito ocasional. Así foi en Bera Bera e Cisneros.