Alfonso Feijoo García

xogador de rugby español

Alfonso Feijoo García, nado en Donostia o 5 de xaneiro de 1953, é un xogador de rugby retirado, seleccionador español entre 1997 e 1999, e presidente da Federación Española de Rugby dende 2014.

Infotaula de personaAlfonso Feijoo García
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1953 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de rugby Editar o valor em Wikidata
Deporterugby Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentre (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosPablo Feijoo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Na súa etapa de xogador defendeu as cores do Club Atlético San Sebastián, do Club de Rugby Cisneros e novamente do Club Atlético San Sebastián, acadando os títulos de liga nos anos 1970, 1976 e 1979. Tamén foi internacional 23 veces coa selección española. No campo ocupaba as posicións de apertura (10) ou primeiro centro (12).

Como seleccionador nacional acadou o obxectivo de clasificar á selección de rugby de España para a Copa do Mundo de Rugby 1999, a única na que ten participado España. Tamén adestrou ó Bera Bera Rugby Taldea co cal acadou o ascenso á máxima categoría e gañou a Copa do Rei de Rugby en 2004.

En 2014 foi elixido para ocupar a presidencia da Federación Española de Rugby nunha situación de profunda crise motivada polas débedas económicas herdadas da anterior xestión de Javier González Cancho, sendo reelixido en 2016 e 2020.

Datos persoais

editar

O seu fillo é Pablo Feijoo Ugalde.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar