Deputación Foral de Guipúscoa
A Deputación Foral de Guipúscoa (en éuscaro: Gipuzkoako Foru Aldundia) é o órgano de goberno do territorio histórico de Guipúscoa, no País Vasco (España).
Ademais das competencias ordinarias que exercen as deputacións provinciais das restantes provincias de España, a Deputación Foral de Guipúscoa exerce competencias específicas derivadas da súa natureza como territorio histórico do País Vasco, en virtude do seu Estatuto de Autonomía.
Deputado Xeral
editarÁ fronte da Deputación Foral encóntrase un Deputado Xeral (en éuscaro: Diputatu Nagusia ou Ahaldun Nagusia), que é elixido polas Xuntas Xerais de Guipúscoa.
Deputados Xerais de Guipúscoa dende a Transición
editar- 1979-1983: Xabier Aizarna Azula (PNV)
- 1983-1985: José Antonio Ardanza Garro (PNV)
- 1985-1991: Imanol Murua Arregi (EA) (*)
- 1991-1995: Eli Galdós Zubia (PNV)
- 1995-2003: Román Sudupe Olaizola (PNV)
- 2003-2007: Joxe Joan González de Txabarri Miranda (PNV - EA) (**)
- 2007-2011: Markel Olano Arrese (PNV)
- 2011-2015: Martin Garitano Larrañaga (Bildu)
- Dende 2015: Markel Olano Arrese (PNV)
- Notas
(*) Murua chegou ao cargo en 1985, a metade de lexislatura e substituíndo a Ardanza que pasou a ser lehendakari. Murua era membro do sector crítico do PNV (sector que era maioritario en Guipúscoa) e entrou como deputado xeral sendo formalmente membro do devandito partido. Ao ano seguinte integrouse en EA, partido formado polo sector crítico do PNV. Entre 1987 e 1991 Murua foi deputado xeral elixido como candidato de EA.
(**) PNV e EA acudiron coaligados ás eleccións de 2003. Txabarri é militante do PNV.