O Eusko Jaurlaritzako Lehendakari (en galego: Presidente do Goberno Vasco), coñecido simplemente como lehendakari, é a máis alta representación do Goberno Vasco. A súa sede e oficina institucional é a lehendakaritza (presidencia), situada en Vitoria, xunto á súa residencia oficial, o pazo de Ajuria Enea.

Iñigo Urkullu, elixido lehendakari en 2012.

En éuscaro a palabra lehendakari é sinónimo de "presidente" (significa literalmente "primeiro responsable") e pode facer referencia tamén ao presidente do Goberno de Navarra, o presidente do Parlamento de Navarra ou os presidentes de diversas institucións tanto públicas como privadas. Non obstante, fóra dos territorios euscaldúns, coñécese como lehendakari ao presidente do Goberno Vasco.

"Lehendakari" editar

Con anterioridade ó establecemento da ortografía oficial do éuscaro nos anos 1970, a grafía empregada era Euzko Jaurlaritzaren Lehendakari. Tanto jaurlaritza como lehendakari son neoloxismos en éuscaro. Foron creados por membros do Partido Nacionalista Vasco.

Os termos xenéricos en éuscaro para "presidente" son lehendakari(a)[1] ou presidente(a).[2] En éuscaro, resérvase o neoloxismo "jaurlaritza" para o Goberno Vasco.

Lista de presidentes do País Vasco editar

José Antonio Aguirre foi o primeiro lehendakari da Rexión Autónoma do País Vasco, pero Francisco Franco Bahamonde suspendeu o estatuto de autonomía de 1936, así como os concertos económicos de Biscaia e Guipúscoa, por consideralas «provincias traidoras». Así a todo, si mantivo os seus similares en Álava e a Navarra que actualmente forma parte España xunto coa comunidade autónoma do País Vasco.

Tanto Aguirre como Leizaola empregaron o título de lehendakari, Ramón Rubial foi coñecido como Presidente do Consello Xeral Vasco, a partir de Garaikoetxea vense empregando a forma lehendakari tanto en éuscaro como en castelán.

Goberno de Euzkadi (Segunda República e exilio) (1936-1978) editar

Lehendakari Inicio do mandato Fin do mandato Partidos no Goberno
  José Antonio Aguirre Lecube 7 de outubro de 1936
(dende 1939 no exilio)
22 de marzo de 1960 EAJ-PNV, PSOE, PCE-EPK, IR, UR, ANV
  Jesús María Leizaola Sánchez 22 de marzo de 1960 17 de febreiro de 1978
(como predecesor do presidente do Consello Xeral Vasco)
16 de decembro de 1979
(como lehendakari)
EAJ-PNV, PSOE, PCE-EPK, IR, UR, ANV

Consello Xeral Vasco (1978-1980) editar

Presidente Inicio do mandato Fin do mandato Partidos no Consello
  Ramón Rubial Cavia 17 de febreiro de 1978 9 de xuño de 1979 PSE-PSOE, EAJ-PNV, ESEI, PCE-EPK, DCV, EAE-ANV
  Carlos Garaikoetxea Urriza 9 de xuño de 1979 9 de abril de 1980 EAJ-PNV, PSE-PSOE, ESEI, PCE-EPK, DCV, EAE-ANV

Goberno Vasco (dende 1980) editar

Lehendakari Inicio do mandato Fin do mandato Lexislaturas Partidos no Goberno
  Carlos Garaikoetxea Urriza 9 de abril de 1980 2 de marzo de 1985 I, II 1980-1985: EAJ-PNV
  José Antonio Ardanza Garro 2 de marzo de 1985 2 de xaneiro de 1999 II, III, IV, V 1985-1987: EAJ-PNV
1987-1991: EAJ-PNV, PSE
1991: EAJ-PNV, EA, EE
1991-1993: EAJ-PNV, PSE, EE
1993-1995: EAJ-PNV, PSE-EE
1995-1998: EAJ-PNV, EA, PSE-EE
1998-1999: EAJ-PNV, EA
  Juan José Ibarretxe Markuartu 2 de xaneiro de 1999 7 de maio de 2009 VI, VII, VIII 1999-2001: EAJ-PNV, EA
2001-2009: EAJ-PNV, EA, EB-B
  Francisco Javier López Álvarez 7 de maio de 2009 15 de decembro de 2012 IX 2009-2012: PSE-EE
  Iñigo Urkullu Rentería 15 de decembro de 2012 No cargo X, XI 2012-2016: EAJ-PNV
Dende 2016: EAJ-PNV, PSE-EE

Notas editar

  1. Véxase a entrada lehendakari do Diccionario General Vasco.
  2. Véxase, por exemplo, a entrada «presidente» do dicionario Zehazki (dicionario castelán-vasco dirixido polo académico da lingua vasca Ibon Sarasola).