Joxe Joan González de Txabarri

político español

Joxe Joan González de Txabarri Miranda, nado en Zarautz (Guipúscoa) o 30 de novembro de 1956, é un filólogo e político nacionalista vasco. Foi Deputado Xeral de Guipúscoa entre 2003 e 2007 e tamén deputado no Congreso dos Deputados durante catro lexislaturas polo PNV. Expresidente da Autoridade Portuaria de Pasaia.

Joxe Joan González de Txabarri
Nacemento30 de novembro de 1956
Lugar de nacementoZarautz
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Deusto
Ocupaciónpolítico
IrmánsGema Gonzalez de Txabarri
PremiosGran Cruz da Orde do Mérito Civil
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Deusto. Afiliado do Partido Nacionalista Vasco, ingresou como funcionario de carreira do Goberno Vasco exercendo como filólogo dentro da Consellería de Educación. Entre 1984 e 1989 ocupou o cargo de Director Xeral de HABE, a institución do Goberno Vasco dedicada ao ensino da lingua éuscara entre adultos. Entre 1991 e 1992 foi viceconselleiro de cultura do Goberno Vasco.

Vida persoal editar

No plano persoal está casado e ten dous fillos.