Pauleta
Pedro Miguel Carreiro Resendes, máis coñecido como Pauleta, nado en Ponta Delgada o 28 de abril de 1973, é un ex futbolista portugués. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección portuguesa, sendo no momento da súa retirada o seu máximo goleador histórico, con 47 tantos, superando a Eusébio, ata que foi superado por Cristiano Ronaldo en 2014.[1]
Pauleta | |||
---|---|---|---|
| |||
Información persoal | |||
Nome | Pedro Miguel Carreiro Resendes | ||
Nacemento | 28 de abril de 1973 (49 anos) | ||
Lugar de nacemento | Ponta Delgada | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1988–1989 | Santa Clara | ||
1989–1990 | Porto | ||
1990–1991 | Santa Clara | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1991–1992 | Santa Clara | ||
1992–1994 | Operário | ||
1994 | Angrense | ||
1995 | Micaelense | ||
1995–1996 | Estoril | 30 | (19) |
1996–1998 | Salamanca | 71 | (34) |
1998–2000 | Deportivo da Coruña | 58 | (18) |
2000–2003 | Bordeaux | 98 | (65) |
2003–2008 | Paris Saint-Germain | 168 | (76) |
2010–2011 | São Roque | 2 | (4) |
Selección nacional | |||
1996 | Portugal sub-21 | 1 | (0) |
1997–2006 | Portugal | 88 | (47) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Tras iniciarse no fútbol portugués, chegou ao fútbol español ao fichar pola UD Salamanca, equipo co que foi pichichi de Segunda División na tempada 1996–97. Posteriormente foi contratado polo Deportivo da Coruña, conxunto co que foi campión de Liga na tempada 1999–00.
Posteriormente xogou no Girondins de Bordeaux Paris SG, de 2000 a 2003, e no Paris Saint-Germain de 2003 a 2008, momento no que se retirou. Foi o máximo goleador da historia do PSG (109 goles en 211 partidos), ata que a marca foi batida por Zlatan Ibrahimović en 2015. En 2010 anunciou que volvía aos campos de fútbol para vestir a camisola do Desportivo São Roque, club local da Illa de São Miguel, onde naceu, retirándose definitivamente pouco despois.
PalmarésEditar
ClubEditar
- Deportivo
- Bordeaux
- Coupe de la Ligue: 2001–02
- Paris SG
- Coupe de France: 2003–04, 2005–06
- Coupe de la Ligue: 2007–08
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
NotasEditar
- ↑ "Cristiano Ronaldo ya es máximo goleador de la historia de la selección portuguesa". RTVE (en castelán). 6 de marzo de 2014. Consultado o 13 de agosto de 2019.