Carlos Queiroz
Carlos Manuel Brito Leal Queiroz, nado en Nampula o 1 de marzo de 1953, é un adestrador de fútbol portugués.
Nome orixinal | (pt) Carlos Manuel Brito Leal de Queiroz | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 1 de marzo de 1953 (71 anos) Nampula (África Oriental Portuguesa) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade Técnica de Lisboa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista (–1984), adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Portugal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarNaceu na provincia de Mozambique, daquela parte de Portugal. Pasou polas seccións xuvenís do Club Ferroviario de Nampula, e chegou a estudar enxeñaría mecánica ata 1974 na Universidade de Lourenço Marques.
En 1975, xa establecido en Portugal, ingresou no Instituto Superior de Educación Física de Lisboa (ISEF) pertencente á Universidade Técnica de Lisboa. Aí logrou a licenciatura en educación física e o mestrado en metodoloxía do adestramento deportivo. Foi asistente da Facultade de Motricidade Humana e profesor de educación física no ensino secundario. En 1984 converteuse en axudante do adestrador Mário Wilson no Grupo Desportivo Estoril Praia.
Adestrador
editarFederación Portuguesa de Fútbol
editarEn 1987 entrou na Federación Portuguesa de Fútbol coa función de seleccionador nacional dos equipos xuvenís. Carlos Queiroz pescudou nos métodos utilizados no estranxeiro e mais apostou forte na formación dos xogadores máis novos, o que levou á aparición de figuras como Luís Figo, Rui Costa, Vítor Baía, Paulo Sousa, Abel Xavier, Fernando Couto ou João Vieira Pito. O 22 de marzo de 1989 o presidente da República outorgoulle a Orde do Infante D. Henrique co grao de comendador[1]. Ata 1991 adestrou ás seleccións xuvenís conquistando por dúas veces o campionato no Mundial sub-20 en 1989 en Arabia Saudita mais en 1991 en Portugal.
En 1991 fíxose coas rendas da selección absoluta. Mais Portugal non se chegou a clasificar para a Copa do Mundo de 1994, que tivo lugar nos Estados Unidos e Queiroz abandonou a selección e a federación.
Adestrador fóra da Federación portuguesa
editarComo adestrador do Sporting só venceu a Copa de Portugal correspondente á temporada 1994/1995, batendo na final, no Estadio Nacional do Jamor, ao Marítimo por 2-0.
Logo deixou Portugal e adestrou entón o equipo norteamericano do MetroStars e o xaponés do Nagoia Grampus Eight. Nese período elaborou un plano detallado destinado a profesionalizar os xogadores de fútbol nos Estados Unidos, coñecido como "Q-Report" ou "Project 2010". En xullo de 1998 regresou ao comando dunha selección, a dos Emiratos Árabes Unidos, onde estivo cerca dun ano.
En agosto de 2000 comezou a traballar coa selección de Suráfrica, que conseguiu meterse na Copa do Mundo de 2002. En 2002 asumiu o cargo de axudante de Alex Ferguson no Manchester United, contribuíndo ao título de campión de Inglaterra que o club conquistou. En xuño de 2003 contratouno o Real Madrid como adestrador principal, substituíndo a Vicente del Bosque. Pero non logrou impoñer a súa filosofía de traballo e regresou ao Manchester United para continuar o seu traballo con Alex Ferguson, conquistando varios títulos da Liga inglesa e en 2008 a Liga de Campións da UEFA.
O 11 de xullo de 2008 substituíu a Luiz Felipe Scolari como adestrador da Selección de fútbol portuguesa, co principal obxectivo de cualificarse para a Copa do Mundo FIFA de 2010. Lográndoo e disputando a fase de grupos con Costa do Marfil, Corea do Norte e o Brasil. Logrou dous empates a cero con Costa do Marfil e mais o Brasil, marcando goles tan só contra Corea do Norte, 7-0, terminando en segundo lugar do seu grupo e caendo, nos oitavos de final, diante de España. A Federación Portuguesa de Fútbol anunciou a rescisión de contrato con Carlos Queiroz o 9 de setembro de 2010.
Selección de Irán
editarPresentado oficialmente como seleccionador de Irán o 4 de abril de 2011 logrou a cualificación para o Mundial 2014, celebrado no Brasil, tornándose o terceiro adestrador en clasificar tres seleccións distintas para a Copa do Mundo da FIFA. Irán con Queiroz á fronte volveu lograr a clasficación para o Mundial de 2018.
Selección de Exipto
editarO 8 de setembro de 2021, Carlos Queiroz foi nomeado adestrador de Exipto, en substitución de Hossam El Badry.[2]
Notas
editar- ↑ Carlos Queiroz en Ordens Honoríficas Portuguesas
- ↑ "كارلوس كيروش مديرًا فنيًا لمنتخب الفراعنة.. ويوجه رسالة لجمهور الكرة في مصر". CNN Arabic. 8 de setembro de 2021.