Rui Costa
Rui Manuel César Costa, nado o 29 de marzo de 1972 en Amadora, é un exfutbolista portugués. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección portuguesa. Na actualidade é o director deportivo do SL Benfica.
Rui Costa | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Rui Manuel César Costa | ||
Nacemento | 29 de marzo de 1972 (51 anos) | ||
Lugar de nacemento | Amadora | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Benfica (director deportivo) | ||
Carreira xuvenil | |||
1977–1990 | Benfica | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1990–1994 | Benfica | 78 | (13) |
1990–1991 | → Fafe (cedido) | 38 | (6) |
1994–2001 | Fiorentina | 215 | (38) |
2001–2006 | Milan | 124 | (4) |
2006–2008 | Benfica | 43 | (5) |
Total | 498 | (66) | |
Selección nacional | |||
1991 | Portugal sub-20 | 11 | (1) |
1992–1994 | Portugal sub-21 | 20 | (7) |
1993–2004 | Portugal | 94 | (26) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
BiografíaEditar
Debutou no AD Fafe en 1989 antes de fichar polo SL Benfica, onde gañou a Copa de Portugal en 1993 e a Superliga en 1994. Ese ano partiu ao AC Fiorentina de Italia, onde gañou a Copa Italia e a Supercopa italiana, en 1996.
En 2001 fichou polo AC Milán, onde gañou a Liga de Campións, a Copa Italia (2003) e un Scudetto, en 2004.
En 2006 volveu ao club do seu corazón, o Benfica, asinando un contrato en branco e demostrando así o seu amor polo club que apostou por el e formouno. Xa un episodio deste xénero manifestouse antes cando nun amigable no que Rui Costa xogaba pola Fiorentina contra o Benfica en Lisboa, tocoulle marcarlle un gol ao equipo local e no canto de celebralo fixo todo o contrario, púxose a chorar e a pedir desculpas por marcarlle un gol ao Benfica en Lisboa.
Selección NacionalEditar
Pola Selección gañou o Mundial Sub-17 (1989) e o Mundial Sub-20 (1991). Ademais xogou o Mundial de 2002 e as Eurocopas de 2000 e 2004, nesta última anunciando a súa retiro da Selección.
O retiro de Rui CostaEditar
Pasaron 18 anos desde que un atrevido Rui Costa debutase co Benfica en 1991 e, desde entón, todo foron éxitos e loanzas. Pero todo ten un fin, Rui Costa tíñao claro, "non daba para máis" e aos seus 36 anos non quería "arrastrarme polos campos". O Vitoria de Setúbal foi o rival escolleito e con el, o xogador despediuse do fútbol en activo tras unha brillante traxectoria en Portugal, pero sobre todo en Italia.
Para a historia quedará aquela dupla con Batistuta na Fiorentina dos últimos anos da década dos noventa ou a Champions League que levantou, en 2003, co Milán.
Actualmente exerce como director deportivo do Benfica, tres días despois do seu retiro da actividade profesional.
TítulosEditar
Campionatos NacionaisEditar
- Benfica - (Portugal) - 1993 (Copa de Portugal)
- Benfica - (Portugal) - 1994
- Fiorentina - (Italia) - 1996 (Copa Italia)
- Fiorentina - (Italia) - 1996 (Supercopa italiana)
- Milán - (Italia) - 2003 (Copa Italia)
- Milán - (Italia) - 2004 (Scudetto)
- Milán - (Italia) - 2004 (Supercopa Italiana)
Copas InternacionaisEditar
Distincións IndividuaisEditar
- Galardoado como un dos FIFA 100 - 2004
Participacións en Copas do MundoEditar
- Copa Mundial de Fútbol de 2002 - (Portugal) - 2002