Sporting Clube de Portugal

(Redirección desde «Sporting CP»)

O Sporting Clube de Portugal é un club polideportivo da cidade de Lisboa, en Portugal. Fundado o 1 de xullo de 1906, o seu equipo de fútbol xoga na Primeira Liga.

Sporting Clube de Portugal
NomeSporting Clube de Portugal
Alcume(s)Leóns
Verdibrancos
Fundación1 de xullo de 1906 (118 anos)
EstadioJosé Alvalade,
Lisboa, Portugal
Inauguración6 de agosto de 2003
Capacidade50.095
PresidentePortugal Frederico Varandas
AdestradorPortugal José Peseiro
LigaPrimeira Liga
2022/234.º
VestimentaMacron
PatrocinadorNOS
Na rede
http://www.sporting.pt/
Facebook: SportingCP Twitter: SportingCP Instagram: sportingcp LinkedIn: sporting-clube-de-portugal Youtube: UCnJj6L93JX3Jrhzv81ayywA Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

Uniforme

editar
  • Uniforme titular: Camiseta a franxas horizontais verdes e brancas, pantalón negro, medias a franxas horizontais verdes e brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón branco e medias verdes.

Estadio

editar
Artigo principal: Estadio José Alvalade.

O Estadio José Alvalade é un estadio de fútbol situado no complexo deportivo «Alvalade XXI» situado en Lisboa, capital de Portugal. O nome de José Alvalade é en honra ao Vizconde de Alvalade, un dos fundadores do Sporting Clube de Portugal, club dono do estadio.

A súa clasificación como "estadio de 5 estrelas" por parte da UEFA permítelle albergar as finais dos principais torneos de fútbol en Europa.

Pavillón

editar
Artigo principal: Pavilhão João Rocha.

O Pavilhão João Rocha é o pavillón polideportivo do club, situado en Lisboa, capital de Portugal. O nome do pavillón é en honra a João Rocha, expresidente do club, que estivo no cargo desde setembro de 1973 ata outubro de 1986.

O Sporting Clube de Portugal ten máis de 16.000 Copas no seu Museo.

Palmarés

editar

Torneos nacionais

editar

Torneos internacionais

editar
  • Recopa de Europa (1): 1963-64.
  • Copa Intertoto (1): 1967
  • Copa Ibérica (1): 2000
  • Subcampión da Copa Latina (1): 1948
  • Subcampión da Copa Uefa (1): 2005

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar