Roy Makaay

futbolista neerlandés

Rudolphus "Roy" Antonius Makaay, nado en Wijchen o 9 de marzo de 1975, é un exfutbolista neerlandés. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección neerlandesa.

Roy Makaay
Roy Makaay 001.jpg
Información persoal
Nome Rudolphus Antonius Makaay
Nacemento 9 de marzo de 1975 (48 anos)
Lugar de nacemento Wijchen
Altura 1,88 m.
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1993–1997 Vitesse 109 (42)
1997–1999 Tenerife 72 (21)
1999–2003 Deportivo da Coruña 133 (79)
2003–2007 Bayern München 129 (78)
2007–2010 Feyenoord 83 (36)
Total 526 (256)
Selección nacional
1996–2005 Países Baixos 43 (6)
Na rede
http://www.roymakaay.com/
Instagram: roymakaayofficial FIFA: 177717 UEFA: 23073 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Tras ser rexeitado nas categorías inferiores do Ajax, recalou no Vitesse Arnhem, onde comezou a destacar. Cando se lle pregunta se é seguidor dalgún club á marxe de para o que xoga sempre amosa a súa predilección polo Vitesse.

O CD Tenerife fixouse nel e contratouno. Aínda que o equipo descendeu de categoría nesa mesma temporada, Makaay destacou e fichou polo Deportivo da Coruña. No ano 2000 o Deportivo é campión de Liga e Roy fai 22 goles. A súa mellor marca prodúcese na tempada 2002/03, onde acada os 29 tantos en liga e gaña a Bota de Ouro, premio concedido ó máximo goleador europeo.

O xogador decidiu a tempada que gañou a liga non renova-lo contrato co Deportivo cando este rematara, por diferenzas co presidente do club[Cómpre referencia]. E así, no 2003, no seu penúltimo ano de contrato, marcha cara o Bayern Munich e posteriormente ó Feyenoord Rotterdam, onde xogou ata a súa retirada.

PalmarésEditar

ClubEditar

Deportivo
Bayern München
Feyenoord

IndividualEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar