Augusto César Lendoiro

dirixente deportivo e político galego

Joaquín Augusto César Lendoiro, nado en Corcubión o 6 de xuño de 1945, é un dirixente deportivo e político galego, presidente do Deportivo da Coruña entre 1988 e 2014.

Modelo:BiografíaAugusto César Lendoiro

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Augusto Joaquín César Lendoiro Editar o valor en Wikidata
6 de xuño de 1945 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Corcubión, España Editar o valor en Wikidata
Presidente da Deputación da Coruña
1995 – 1999
← Salvador Fernández MoredaJosé Luis Torres Colomer →
Deputado no Congreso dos Deputados
28 de xuño de 1993 – 26 de setembro de 1995 – Hipólito Fariñas Sobrino →

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Senador de España
1989 – 1990
Circunscrición electoral: A Coruña
Presidente do Deportivo da Coruña
17 de xuño de 1988 – 21 de xaneiro de 2014
← Luis Carlos Morato MiguelConstantino Fernández Pico → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, dirixente deportivo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm3217201 BUSC: lendoiro-augusto-cesar-1947 Editar o valor en Wikidata
Escultura en Sada.

Traxectoria

editar

Ámbito deportivo

editar

Nacido en Corcubión, aos dous anos emigrou coa súa familia á Coruña, instalándose na avenida América, coñecida hoxe como rúa Pla y Cancela.[1] Durante a súa infancia tivo problemas de mobilidade, e no tempo que pasou na cama súa nai Josefa ensinoulle a ler utilizando exemplares do xornal deportivo Marca.[1] Posteriormente pasou por un par de colexios antes de ingresar nos Maristas, onde foi compañeiro e amigo de Paco Vázquez, futuro rival político.[1]

Comezou a xogar ao fútbol no monte de Santa Margarida e practicou outros deportes como balonmán, baloncesto, voleibol e atletismo.[2] Aos 15 anos converteuse no primeiro presidente do Ural CF, club que fundou xunto a varios amigos, entre eles Luis Mariñas,[3][4] e ao que dirixiu o club durante máis de dúas décadas, converténdoo nunha das principais canteiras de Galicia.[5][6]

Tras estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela regresou á Coruña e a través do seu sogro conseguiu un posto de mestre e xerente do colexio Liceo La Paz.[3] Alí foi un dos fundadores e o principal impulsor do Hockey Club Liceo da Coruña, que nas seguintes décadas se convertería no club deportivo máis laureado da historia de Galicia. En decembro de 1975 accedeu á presidencia da Federación Coruñesa de Balonmán e ao ano seguinte converteuse tamén en presidente do Español de Santa Lucía. En xullo de 1983 foi elixido presidente do Liceo, sendo reelixido en 1985.[7]

En 1988 asumiu a presidencia do Deportivo da Coruña nun momento de fonda crise, tanto deportiva (co equipo coqueteando co descenso a Segunda División B) coma económica, cunha débeda próxima aos 500 millóns de pesetas. Nese ano o club salvou a categoría e iniciaría un ascenso deportivo que tería o seu momento cumio nos anos 2000.

Na temporada 1991-92 o Deportivo volvía á Primeira División, categoría na que se mantivo ininterrompidamente 20 anos consecutivos con Lendoiro como presidente. A súa presidencia, aínda que moi discutida por certos sectores, estivo chea de éxitos deportivos conseguindo non só os primeiros títulos do equipo: unha liga, dúas Copas do Rei e tres Supercopas de España; senón tamén grandes actuacións na Liga de Campións da UEFA (chegando as semifinais nunha ocasión) e gozando do xogo dalgúns dos mellores xogadores do mundo (Bebeto, Mauro Silva, Rivaldo, Valerón).

Porén, a forte débeda acumulada polo club durante os seus máis de vinte anos de mandato, unido ás malas relacións cos poderes económicos e políticos da cidade da Coruña provocaron que houbera un forte sector crítico con Lendoiro que tentaba facer presión para que abandonara o seu posto.[Cómpre referencia]

O 22 de decembro de 2013 os accionistas non aprobaron as contas presentadas por Lendoiro por primeira vez nos seus 25 anos de mandato.[8] Dous días máis tarde anunciou que retiraba a súa candidatura ás eleccións da presidencia[9] e o 21 de xaneiro de 2014 foi relevado no cargo por Tino Fernández.[10]

En maio de 2014 foi nomeado embaixador da Liga de Fútbol Profesional polo seu presidente, Javier Tebas.[11]

Política

editar

Licenciado en Dereito, Lendoiro tamén se sentiu atraído pola actividade política compatibilizando durante moitos anos a xestión deportiva con diferentes cargos públicos e dentro do Partido Popular. En 1987 saíu elixido concelleiro da Coruña polo partido antes mencionado, foi senador (19891990), secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia, deputado no Congreso dos Deputados (19931995), candidato á alcaldía da Coruña en 1991 e 1995 e presidente da Deputación da Coruña (1995−1999). Na actualidade encóntrase retirado da vida política.

  • Deporte... política... y fútbol de bolsillo (1978).
  1. 1,0 1,1 1,2 Vázquez, Doda (23 de febreiro de 2025). "“Paco y yo de la mano hubiésemos hecho grandísimas cosas”". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2025. 
  2. "Augusto César Lendoiro". El Mundo (en castelán). 24 de febreiro de 2025. Consultado o 24 de febreiro de 2025. 
  3. 3,0 3,1 Méndez, Julián (28 de xaneiro de 2014). "La marcha del César". La Verdad (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2025. 
  4. "Historia". uralcf.com (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2025. 
  5. Sanz Marcos, Álvaro Jesús (15 de outubro de 2020). "Ural CF, un histórico del fútbol base gallego" (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2025. 
  6. Perfil de Augusto César Lendoiro Arquivado 22 de xullo de 2009 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 21 de xullo de 2009, consultado o 18.9.09
  7. "Hockey Club Liceo: nueva etapa con Augusto César Lendoiro". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 17 de xullo de 1983. p. 52. 
  8. "La primera derrota de Lendoiro", artigo en ABC, 21 de decembro de 2013 (en castelán)
  9. "Lendoiro retira su candidatura y no se presentará a las elecciones del Deportivo" Arquivado 02 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., artigo en La Información
  10. "Tino Fernández pone el punto final a 25 años de lendoirismo", artigo en ABC, 21 de xaneiro de 2014 (en castelán)
  11. Javier "Tebas nombra a Lendoiro nuevo embajador de la LFP"; As, 8 de maio de 2014 (en castelán)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar


Predecesor:
Salvador Fernández Moreda
  
Presidente da Deputación da Coruña
 
1995−1999
Sucesor:
José Luis Torres Colomer
Predecesor:
Luis Carlos Morato
 Presidente do Deportivo da Coruña 
1988−2014
Sucesor:
Tino Fernández