Juan Carlos Valerón
Juan Carlos Valerón Santana, nado en Arguineguín (Gran Canaria) o 17 de xuño de 1975, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de mediapunta e foi internacional coa selección española. Actualmente adestra o Deportivo Fabril.
Juan Carlos Valerón | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Juan Carlos Valerón Santana | ||
Nacido | 17 de xuño de 1975 (45 anos) | ||
Lugar | Arguineguín | ||
Altura | 1,80 m. | ||
Posición | Mediapunta | ||
Información de club | |||
Club actual | Deportivo Fabril (adestrador) | ||
Carreira xuvenil | |||
Arguineguín | |||
Las Palmas | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1994–1995 | Las Palmas B | 25 | (7) |
1995–1997 | Las Palmas | 54 | (2) |
1997–1998 | Mallorca | 36 | (3) |
1998–2000 | Atlético de Madrid | 65 | (7) |
2000–2013 | Deportivo da Coruña | 328 | (24) |
2013–2016 | Las Palmas | 82 | (3) |
Total | 590 | (49) | |
Selección nacional | |||
1997–1998 | España sub-21 | 4 | (0) |
1997 | España sub-23 | 4 | (0) |
1998–2005 | España | 46 | (5) |
Adestrador | |||
2016–2019 | Las Palmas (xuvenís) | ||
2017 | Las Palmas (asistente) | ||
2018 | Las Palmas B (asistente) | ||
2019 | Las Palmas B (asistente) | ||
2020– | Deportivo Fabril | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Valerón é un xogador que destaca pola súa calidade técnica e visión de xogo, cun talento único para dar o último pase. É un futbolista moi frío polo que ás veces é acusado de falta de garra.
Empezou xogando nas categorías inferiores da Unión Deportiva Las Palmas. En 1995 debuta na Segunda División. No 1997 é fichado polo Mallorca debutando o 30 de agosto en casa fronte ó Valencia con triunfo local por dous tantos a un. Despois dunha gran tempada fíchao o Club Atlético de Madrid. No club colchoeiro faise coa titularidade ante Juninho, fichaxe estrela do club tempo atrás. Tras dúas malas tempadas do equipo que acaban co descenso á Segunda División é trapasado ó Deportivo da Coruña.
No Deportivo gaña a Supercopa nada máis aterrar no club. Un par de tempadas despois gaña a Copa do Rei e unha nova Supercopa. No club coruñés é titular dende a súa chegada, e o auténtico cerebro do ataque da escuadra branquiazul.
En febreiro de 2006 sofre unha grave lesión: rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo. Na pretemporada seguinte á súa recuperación (comezo de 2006–07), recae outra vez. Cando a principios de 2007 parece que está recuperado, recae de novo. Sométeselle de novo a outra operación o 24 de marzo de 2007. Volveu xogar en partido oficial o 27 de xaneiro de 2008. Desde entón o adestrador Miguel Ángel Lotina foille administrando os minutos entre Copa do Rei e Copa da UEFA. É considerado un dos mellores xogadores da historia do Deportivo e un auténtico ídolo para a afección coruñesa.
O 29 de abril de 2010, confirmouse a súa renovación por 5 tempadas máis, polo menos unha máis como xogador, despois pasaría a ser asesor do presidente Augusto César Lendoiro.[1] Ao remate da tempada 2011–12, na que o Deportivo resultou campión de Segunda División, Valerón anunciou que continuaba unha campaña máis como xogador.[2]
O 2 de xuño de 2013, logo de descender co Deportivo a Segunda División, anunciou a súa marcha do club coruñés.[3]
Selección nacionalEditar
Valerón foi internacional coa selección española en 46 ocasións, marcando 5 goles. O seu debut como internacional produciuse o 18 de novembro de 1998, nun partido contra Italia (2–2). Participou na UEFA Euro 2000, na Copa Mundial da FIFA 2002 e na UEFA Euro 2004.
O seu primeiro gol anotouno o 2 de xuño de 2002, na vitoria contra Eslovenia (3–1) do partido da fase de grupos da Copa Mundial da FIFA 2002.
Torneo | Sede | Partidos | Goles | Resultado |
---|---|---|---|---|
UEFA Euro 2000 | Bélxica | 2 | 0 | Cuartos de final |
Copa Mundial da FIFA 2002 | Corea do Sur | 4 | 1 | Cuartos de final |
UEFA Euro 2004 | Portugal | 3 | 1 | Primeira rolda |
AdestradorEditar
O 11 de agosto de 2020 foi presentado como novo adestrador do Fabril Deportivo, en substitución de Luisito.[4]
EstatísticasEditar
Actualizado a 1 de xuño de 2013.
Club | Tempada | Idade | Liga | Copa do Rei | Comp. Europea | Supercopa | Selección | Total | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | Part. | Goles | |||
Deportivo da Coruña | 2012–13 | 37 | 33 | 1 | 1 | 0 | – | – | – | – | – | – | 34 | 1 |
2011–12 | 36 | 39 | 5 | 1 | 0 | – | – | – | – | – | – | 40 | 5 | |
2010–11 | 35 | 21 | 0 | 5 | 0 | – | – | – | – | – | – | 26 | 0 | |
2009–10 | 34 | 24 | 1 | 4 | 0 | – | – | – | – | – | – | 27 | 1 | |
2008–09 | 33 | 22 | 0 | 3 | 0 | 12 | 1 | – | – | – | – | 37 | 1 | |
2007–08 | 32 | 5 | 0 | 0 | 0 | – | – | – | – | – | – | 5 | 0 | |
2006–07 | 31 | 2 | 0 | 1 | 0 | – | – | – | – | – | – | 3 | 0 | |
2005–06 | 30 | 20 | 4 | 3 | 1 | – | – | – | – | – | – | 23 | 5 | |
2004–05 | 29 | 38 | 1 | 1 | 0 | 8 | 0 | – | – | – | – | 47 | 1 | |
2003–04 | 28 | 34 | 3 | 1 | 0 | 14 | 3 | – | – | – | – | 49 | 6 | |
2002–03 | 27 | 23 | 2 | 1 | 0 | 5 | 0 | 2 | 1 | – | – | 31 | 3 | |
2001–02 | 26 | 36 | 3 | 4 | 0 | 13 | 3 | – | – | – | – | 53 | 6 | |
2000–01 | 25 | 31 | 4 | 2 | 0 | 8 | 0 | – | – | – | – | 41 | 4 | |
Atlético de Madrid | 1999–00 | 24 | 35 | 4 | 6 | 0 | 6 | 0 | – | – | – | – | 47 | 4 |
1998–99 | 23 | 30 | 3 | 5 | 0 | 5 | 0 | – | – | – | – | 40 | 3 | |
Mallorca | 1997–98 | 22 | 36 | 3 | 11 | 1 | – | – | – | – | – | – | 47 | 4 |
Las Palmas | 1996–97 | 21 | 27 | 2 | 1 | 0 | – | – | – | – | – | – | 28 | 2 |
1995–96 | 20 | 27 | 0 | 2 | 1 | – | – | – | – | – | – | 29 | 1 |
PalmarésEditar
- Deportivo
- Copa do Rei: 2001–02
- Supercopa de España: 2000, 2002
- Copa Intertoto da UEFA: 2008
- Segunda División: 2011–12
- España sub-21