Joan Capdevila
Joan Capdevila Méndez, nado en Tàrrega (Lleida) o 3 de febreiro de 1978, é un futbolista español. Xoga de lateral esquerdo e o seu actual equipo é o FC Santa Coloma.
Joan Capdevila | |||
---|---|---|---|
![]() Capdevila xogando con Cataluña en 2012 | |||
Información persoal | |||
Nome | Joan Capdevila Méndez | ||
Nacemento | 3 de febreiro de 1978 (45 anos) | ||
Lugar de nacemento | Tàrrega | ||
Altura | 1,82 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Santa Coloma | ||
Número | 19 | ||
Carreira xuvenil | |||
Tàrrega | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1997–1998 | Espanyol B | 34 | (2) |
1998–1999 | Espanyol | 29 | (4) |
1999–2000 | Atlético de Madrid | 31 | (2) |
2000–2007 | Deportivo da Coruña | 177 | (15) |
2007–2011 | Villarreal | 140 | (15) |
2011–2012 | Benfica | 5 | (0) |
2012–2014 | Espanyol | 31 | (0) |
2014 | NorthEast United | 6 | (0) |
2015 | Lierse | 4 | (0) |
2016– | Santa Coloma | 7 | (0) |
Selección nacional | |||
1998–2000 | España sub-21 | 13 | (0) |
2000 | España sub-23 | 4 | (0) |
2002–2011 | España | 60 | (4) |
2002–2013 | Cataluña | 10 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 20 de novembro de 2016. [ editar datos en Wikidata ] | |||
En 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española.
TraxectoriaEditar
Produto da canteira do RCD Espanyol, debutou co RCD Espanyol B na tempada 1997–98. Ao ano seguinte debutou co Espanyol en Primeira División nun partido contra o Athletic Club (2–2). Na tempada 1999–00 foi contratado polo Atlético de Madrid.
Tras o descenso do Atlético de Madrid a Segunda División, Capdevila firmou co Deportivo da Coruña no verán de 2000. No club galego, ademais de ter un xogo regular e perfilarse como unha peza clave no equipo, gañou unha Copa do Rei e dúas Supercopas de España.
Na tempada 2007–08 firmou por tres anos co Villarreal CF, xogando practicamente tódolos partidos.
Selección nacionalEditar
Capdevila debutou coa selección española o 16 de outubro de 2002, nun partido no que España empatou ante Paraguai (0–0), nun partido amigable disputado en Logroño (A Rioxa). O 17 de novembro de 2007 marcou o seu primeiro gol como internacional absoluto fronte a Suecia no Estadio Santiago Bernabéu.
Foi seleccionado polo técnico Luis Aragonés para disputar a Eurocopa 2008 de Austria e Suíza. O 29 de xuño de 2008, Capdevila proclamouse xunto ao seu equipo, campión da Eurocopa 2008 ante a Selección de fútbol de Alemaña. Capdevila disputou os 90 minutos da final. En xuño de 2009 disputou a Copa Confederacións en Suráfrica.
O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica. Joan Capdevila, Iker Casillas e Gerard Piqué foron os únicos xogadores da selección española que disputaron todos os minutos do Mundial de Suráfrica 2010.
Tamén xogou oito partidos internacionais amigables coa selección de Cataluña.
# | Data | Lugar | Rival | Gol | Resultado | Competición |
---|---|---|---|---|---|---|
1. | 17 de novembro de 2007 | Estadio Santiago Bernabéu, Madrid, España | Suecia | 1–0 | 3–0 | Clasificación para a Eurocopa 2008 |
2. | 6 de febreiro de 2008 | Estadio La Rosaleda, Málaga, España | Francia | 1–0 | 1–0 | Amigable |
3. | 31 de maio de 2008 | Estadio Nuevo Colombino, Huelva, España | Perú | 2–1 | 2–1 | Amigable |
4. | 10 de setembro de 2008 | Estadio Carlos Belmonte, Albacete, España | Armenia | 1–0 | 4–0 | Clasificación para o Mundial 2010 |
PalmarésEditar
PersoalEditar
- Deportivo
- Benfica
- Taça da Liga: 2011–12
InternacionalEditar
- Mundial de Fútbol: 2010.
- Eurocopa: 2008.
- Copa Confederacións: Terceiro posto en 2009.
- Xogos Olímpicos: Medalla de prata en 2000.