Vicente Engonga
Vicente Engonga Maté, nado en Barcelona o 20 de outubro de 1965, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española. É irmán do tamén exfutbolista e adestrador Oscar Engonga.
Engonga | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Vicente Engonga Maté | ||
Nacemento | 20 de outubro de 1965 (57 anos) | ||
Lugar de nacemento | Barcelona | ||
Altura | 1,81 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Gimnástica | |||
SD Amistad | |||
Xuvenil CD Sniace | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1984–1985 | Gimnástica | ||
1985 | O Val | ||
1986–1991 | Sporting Mahonés | ||
1991–1992 | Valladolid | 37 | (2) |
1992–1994 | Celta de Vigo | 72 | (0) |
1994–1997 | Valencia | 69 | (2) |
1997–2002 | Mallorca | 149 | (4) |
2002–2003 | Oviedo | 11 | (1) |
2003 | → Coventry City (cedido) | 8 | (0) |
Selección nacional | |||
1998–2000 | España | 14 | (1) |
Adestrador | |||
2008–2009 | Guinea Ecuatorial | ||
2011 | Mallorca B | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria Editar
Como xogador Editar
O seu pai, natural da Guinea Ecuatorial, chegou a España para xogar no Rayo Cantabria e no Gimnástica de Torrelavega, entre outros equipos.
Comezou a xogar como alevín na Gimnástica de Torrelavega pasando despois pola SD Amistad e no Juvenil CD Sniace. Fichou finalmente pola Gimnástica con que debutou en Liga o 20 de maio de 1984.
Ao final da tempada 1984-85 ten que trasladarse a Ferrol para realizar o servizo militar, o que aproveita para xogar na SD O Val no fútbol rexional. Tras licenciarse fichou polo Sporting Mahonés en 1986 ao igual que o seu irmán Julio. Militou no equipo cinco tempadas, nas que conseguiu o ascenso a Segunda División B
Na tempada 1991/92 fichou polo Real Valladolid, en Primeira División. Tras un excelente ano fichou polo Celta de Vigo, onde xogou dous anos ás ordes de Txetxu Rojo. No segundo ano o equipo conseguiu chegar á final da Copa do Rei ante o Real Zaragoza.
Este bo traballo en Vigo levouno a fichar polo Valencia CF. Tres anos despois ficha polo RCD Mallorca, ascendido ese ano a Primeira División. Militaría no equipo cinco tempadas, nas que chegou a disputar unha final da Copa do Rei (1998), unha final da Recopa de Europa (1999), gañar a Supercopa de España (1998) e a disputar a Liga de Campións (2001), anotando o primeiro tanto do equipo mallorquín nesta competición.
Xogando no RCD Mallorca foi convocado coa Selección de fútbol de España, coa que disputou 14 encontros e coa que participou na Eurocopa de Fútbol Bélxica/Países Baixos 2000.
Tras non renovar co Mallorca no 2002 ficha polo Real Oviedo de Segunda División, tras seis meses ficha polo Coventry City da Second Division inglesa, equipo no que se retirou.
Como adestrador Editar
Tras retirarse pasou a formar parte do organigrama técnico do Mallorca, sendo o adestrador do filial ata 2006. O 4 de agosto de 2008 foi nomeado adestrador de da Selección de fútbol de Guinea Ecuatorial, sendo substituído por Carlos Diarte.