Juan Sebastián Verón
Juan Sebastián Verón, alcumado La Brujita, nado o 9 de marzo de 1975 en La Plata, é un exfutbolista arxentino. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección arxentina. É fillo do tamén futbolista Juan "La Bruja" Verón.
Juan Sebastián Verón | |||
---|---|---|---|
| |||
Información persoal | |||
Nome | Juan Sebastián Verón | ||
Nacemento | 9 de marzo de 1975 (48 anos) | ||
Lugar de nacemento | La Plata | ||
Altura | 1,86 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
1993–1994 | Estudiantes | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1994–1996 | Estudiantes | 60 | (7) |
1996 | Boca Juniors | 17 | (4) |
1996–1998 | Sampdoria | 61 | (8) |
1998–1999 | Parma | 26 | (1) |
1999–2001 | Lazio | 53 | (11) |
2001–2003 | Manchester United | 51 | (7) |
2003–2007 | Chelsea | 7 | (1) |
2004–2006 | → Internazionale (cedido) | 49 | (3) |
2006–2007 | → Estudiantes (cedido) | 30 | (2) |
2007–2012 | Estudiantes | 93 | (17) |
Selección nacional | |||
1996–2010 | Arxentina | 73 | (9) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria Editar
Debutou en Estudiantes de La Plata, dende alí xa se revelaba como un xogador distinto, con clase, pola súa gran técnica, pases precisos e especialidade en tiros de falta. O seu posto é de voante organizador, como dobre 5 tendo ó lado a un xogador de marca. O ano do seu debut en primeira o seu equipo descendeu ó Nacional B. Foi unha das figuras nesa tempada no ascenso e formou parte dun equipo con gran nivel que logrou o campionato Nacional B 95/95 con folgura. Devolvida na máxima categoría e cuns poucos partidos xogados foi transferido a Boca Juniors por algo máis de 2 millóns de dólares.
Tralo seu paso por Boca Juniors, onde rematou por confirma-la súa clase, Verón pasa a Italia e aséntase na Sampdoria. Logo foi traspasado ó Parma, onde tivo un regular percorrido e remata por recalar na Lazio, onde gañou un Scudetto e unha Copa Italia na tempada 1999-2000.
En 2001 é mercado polo Manchester United FC de Inglaterra pola cantidade de 42,5 millóns de euros , e gaña a Liga na tempada 2002-03 .En verán de 2003 é traspasado ó Chelsea a cambio de 22,5 millóns de euros. No club londiniense só disputa 7 partidos de liga , nos cales anota 1 gol, debido a unha lesión. En 2004 foi cedido ó Inter de Milán italiano, onde xogou ata finaliza-la tempada 2005-06. A partir dese momento, o seu pase foi adquirido novamente polo club que o viu nacer, Estudiantes de La Plata.