Gianluigi Buffon
Gianluigi "Gigi" Buffon, nado en Carrara (Massa-Carrara) o 28 de xaneiro de 1978, é un futbolista italiano, que xoga de porteiro na Juventus.
Gianluigi Buffon | |||
---|---|---|---|
![]() Buffon coa Juventus en 2016 | |||
Información persoal | |||
Nome | Gianluigi Buffon | ||
Nacemento | 28 de xaneiro de 1978 (43 anos) | ||
Lugar de nacemento | Carrara | ||
Altura | 1.91 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Paris Saint-Germain | ||
Número | 1 | ||
Carreira xuvenil | |||
1991–1995 | Parma | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1995–2001 | Parma | 168 | (0) |
2001–2018 | Juventus | 509 | (0) |
2018– | Paris Saint-Germain | 11 | (0) |
Selección nacional | |||
1993–1994 | Italia sub-16 | 3 | (0) |
1995 | Italia sub-17 | 3 | (0) |
1994–1995 | Italia sub-18 | 3 | (0) |
1995–1997 | Italia sub-21 | 11 | (0) |
1997 | Italia sub-23 | 4 | (0) |
1997–2018 | Italia | 176 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 9 de febreiro de 2019. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Comezou a súa carreira deportiva no Parma Football Club, no que ingresou aos 13 anos, debutando profesional co primeiro equipo en 1995. Tras permanecer seis tempadas no equipo parmesano foi trasladado á Juventus de Turín onde gañou dezanove títulos a nivel nacional (nove Series A, unha Serie B, catro Copas Italia e cinco Supercopas de Italia). Coa selección nacional italiana participou en catro Eurocopas e en cinco edicións da Copa do Mundo de Fútbol, sendo o seu mellor resultado o campionato obtido na Copa do Mundo de 2006 tras derrotar na final por 5-3 nos penaltis á selección francesa.
En 2004, foi incluído na lista de xogadores de Futbolistas FIFA 100 elaborada polo ex futbolista Pelé a petición da FIFA.[1] Foi nomeado mellor porteiro do mundo cinco veces pola Federación Internacional da Historia e Estatística de Fútbol. Así mesmo, obtivo diversos títulos individuais como o Premio Lev Yashin, o Balón de Prata ou o premio ao porteiro do ano na serie A, entre outros. Foi elixido como "Mellor Porteiro do Mundo do Cuarto de Século" e "Mellor Porteiro do Mundo durante a 1ª década do século XXI" pola IFFHS.[2][3]
En 2020 converteuse no futbolista con máis partidos disputados na historia da Serie A, tras superar a Paolo Maldini.[4]
PalmarésEditar
ClubEditar
- Parma
- Coppa Italia: 1998–99
- Supercoppa Italiana: 1999
- Copa da UEFA: 1998–99
- Juventus
- Serie A (9): 2001–02, 2002–03, 2004–05, 2005–06, 2011–12, 2012–13, 2013–14, 2014–15, 2015–16, 2016–17, 2017–18
- Serie B: 2006–07
- Coppa Italia (4): 2014–15, 2015–16, 2016–17, 2017–18
- Supercoppa Italiana (5): 2002, 2003, 2012, 2013, 2015
InternacionalEditar
- Italia
- Copa do Mundo: 2006
- Eurocopa de Fútbol Finalista: 2012
- Copa Confederacións da FIFA Medalla de bronce: 2013
- Italia sub-21
- Eurocopa de Fútbol sub-21: 1996
- Xogos Mediterráneos: 1997
NotasEditar
- ↑ "Pele's list of the greatest" (en inglés). 4 de marzo de 2004. Consultado o 4 de xullo de 2020.
- ↑ "Buffon best world keeper of 25 years" (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2020.
- ↑ "The World‘s best Goalkeeper of the 21st Century" (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2020.
- ↑ "Buffon supera a Maldini como jugador con más partidos en Serie A a los 42 años" (en castelán). 4 de xullo de 2020. Consultado o 4 de xullo de 2020.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gianluigi Buffon |
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |