Xogos Mediterráneos

Os Xogos Mediterráneos son unha serie de eventos deportivos e culturais que se engloban dentro do Movemento Olímpico, entre os chamados Xogos Rexionais, celebrados polos países das costas do mar Mediterráneo. É nos Xogos Olímpicos de Londres de 1948 cando sae a idea de organizar uns Xogos nos que só participen os países da contorna do mar Mediterráneo. Farase realidade en 1951, en Alexandría, grazas á labor de Mohamed Taher Pacha. Desde aquela celebráronse 15 edicións, as dez primeiras cada catro anos, sempre no ano anterior duns Xogos Olímpicos, máis a partir de 1993, os Xogos Mediterráneos dispútanse ao ano seguinte duns Xogos Olímpicos, unha decisión tomada polo Comité Internacional dos Xogos Mediterráneos (CIXM) en 1991.

Cartel da primeira edición, Alexandría (1951).

O emblema dos Xogos Mediterráneos son tres aros entrelazados, de cor azul. Os tres aros simbolizan aos tres continentes unidos por esta competición: Asia, África e Europa; a cor azul por estar unidos polo mar Mediterráneo.

A bandeira dos Xogos Mediterráneos é de cor celeste e cos tres aros entrelazados brancos no centro.

Países participantes

Países participantes

editar

25 países, pertencentes a tres continentes participan nestes Xogos:

Ano Evento Sede
Xogos Mediterráneos
1951 I Xogos Mediterráneos  
Alexandría Exipto
1955 II Xogos Mediterráneos  
Barcelona España
1959 III Xogos Mediterráneos  
Beirut Líbano
1963 IV Xogos Mediterráneos  
Nápoles Italia
1967 V Xogos Mediterráneos  
Tunes Tunisia
1971 VI Xogos Mediterráneos  
Esmirna Turquía
1975 VII Xogos Mediterráneos  
Alxer Alxeria
1979 VIII Xogos Mediterráneos  
Split Iugoslavia
1983 IX Xogos Mediterráneos  
Casablanca Marrocos
1987 X Xogos Mediterráneos  
Latakia Siria
1991 XI Xogos Mediterráneos  
Atenas Grecia
1993 XII Xogos Mediterráneos  
Languedoc-Rosellón Francia
1997 XIII Xogos Mediterráneos  
Bari Italia
2001 XIV Xogos Mediterráneos  
Tunes Tunisia
2005 XV Xogos Mediterráneos  
Almería España
2009 XVI Xogos Mediterráneos  
Pescara Italia
2013 XVII Xogos Mediterráneos  
Volos-Larisa Grecia
2018 XVIII Xogos Mediterráneos  
Tarragona España
Xogos Mediterráneos
Alexandría 1951 | Barcelona 1955 | Beirut 1959 | Nápoles 1963 | Tunes 1967| Esmirna 1971 | Alxer 1975 | Split 1979 | Casablanca 1983 | Latakia 1987 | Atenas 1991 | Languedoc-Rosellón 1993 | Bari 1997 | Tunes 2001 | Almería 2005 | Pescara 2009 | Volos-Larisa 2013 | Xogos Mediterráneos de 2018 | Xogos Mediterráneos de 2021 |