Chacho
Eduardo González Valiño, máis coñecido como Chacho, nado na Coruña o 14 de abril de 1911 e finado na mesma cidade o 21 de outubro de 1979, foi un futbolista e adestrador galego, que xogaba de interior esquerdo. Considerado unha das maiores figuras da historia do Deportivo da Coruña e un dos xogadores máis talentosos do fútbol galego,[1] desenvolveu case toda a súa carreira no club coruñés, do que é o máximo goleador histórico, con 113 goles.
(2014) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome orixinal | (gl) Eduardo González Valiño | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 14 de abril de 1911 A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 21 de outubro de 1979 (68 anos) A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1927 - 1946 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1934 | Mundial de Fútbol Italia 1934 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Jaime González Meilán | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Foi internacional coa selección española entre 1933 e 1934, marcando 7 goles en 3 partidos e disputou o Mundial de 1934 en Italia. Ostenta a maior media goleadora da historia da selección e é o xogador do combinado español que máis goles conseguiu nun mesmo partido, cos 6 que logrou no seu debut ante Bulgaria.
Traxectoria
editarComo xogador
editarComezos
editarNacido na Costa de Santo Agostiño da Coruña,[2] comezou a xogar ao fútbol en clubs de barrio como o Racing Athletic, onde coincidiu con Irene González,[3] pioneira do fútbol feminino en Galicia,[4] e máis tarde xogou no Irene FC, equipo capitaneado pola propia Irene.[5][6] Militou tamén no Varela Silvari,[7] compartindo equipo co histórico gardameta Rodrigo.[8][9] Máis tarde pasou ao Ferrolán, un equipo infantil coruñés que destacou a mediados da década de 1920.[10][11]
Deportivo da Coruña (1ª etapa)
editarAos 16 anos, Rodrigo levouno con el ao equipo infantil do Deportivo da Coruña,[12] aínda que continuou xogando partidos co Varela Silvari, co que gañou no verán de 1928 un campionato infantil da cidade da Coruña.[13] Para a tempada 1928/29 formalizou ficha co primeiro equipo do Deportivo, co que debutou en decembro nun partido amigable ante o Betanzos,[14] o mesmo equipo contra o que conseguiu os seus primeiros dous goles noutro amigable en agosto de 1929, nun partido de homenaxe a Luis Otero.[15]
O seu debut oficial co Deportivo produciuse o 27 de outubro de 1929, con 18 anos, nun encontro do Campionato de Galicia ante o Unión Sporting no Campo da Florida de Vigo. Nese partido conseguiu os seus dous primeiros goles oficiais coa camiseta branca e azul.[16] En decembro realizou a súa estrea na Segunda División, campionato que celebraba a súa segunda edición. Debutou na terceira xornada ante o Valencia no vello campo de Riazor, asinando o seu primeiro triplete como deportivista (3-1). Pechou a súa primeira campaña cun total de 8 partidos e 7 goles. Durante os seguintes anos compaxinou a súa actividade futbolística coa súa profesión de taquígrafo.[17][18]
Na tempada 1930/31 contou con máis minutos e rematou como o máximo goleador do equipo, con 18 tantos. Xa asentado na titularidade, formou unha célebre á esquerda con Diz, nunha dianteira que completaban habitualmente Pepe Torres, Triana e Paco León.
Na tempada 1930/31 conquistou o seu primeiro Campionato de Galicia, sendo o máximo goleador da competición con 14 tantos, e na 1931/32 foi un dos máis destacados na histórica vitoria sobre o Real Madrid nos oitavos de final da Copa do Presidente da República por un resultado global de 3-2. Marcou un gol en Riazor e foi o autor do tanto decisivo en Chamartín, que culminou a eliminación do vixente campión invicto de liga.[19][20] As súas boas actuacións fixeron que fose convocado por primeira vez pola selección española. En 1933 gañou o seu segundo campionato galego e en 1934, pouco despois de ser nomeado capitán do equipo,[21] fichou por dúas tempadas polo Atlético de Madrid, que acababa de subir a Primeira División.[22]
Atlético de Madrid
editarDebutou na máxima categoría na segunda xornada da tempada 1934/35, fronte ao Racing de Santander no Metropolitano, e foi titular en todos os restantes partidos do campionato, acompañado habitualmente na dianteira por Elícegui, Lafuente, Arocha e Sornichero. Marcou o seu primeiro gol en Primeira na sexta xornada ante o Betis e pechou a súa primeira campaña no Atlético cun total de 7 dianas. Na tempada 1935/36, a pesar de disputar menos partidos, dobrou a súa cifra goleadora, ata os 14 tantos entre todas as competicións.
Deportivo da Coruña (2ª etapa)
editarEn xuño de 1936, un mes antes do golpe de Estado e do inicio da guerra civil, mercoulle a súa liberdade ao club madrileño por unhas 8.000 pesetas.[23] Volveu entón ao Deportivo, ao que regresaron tamén outros excompañeiros como Rodrigo, Hilario, Lelé ou Diz.[24] Asinou como xogador-adestrador,[25] función que realizou ata a chegada ao banco do xornalista Manuel Ponte "Plongeón" en 1937. Coa liga nacional suspendida durante o conflito, durante o cal foi chamado a filas polo bando franquista como soldado de artillaría, continuou disputando o Campionato de Galicia, proclamándose campión e máximo goleador na tempada do seu regreso ao club.
Na tempada 1939/40 o interior esquerdo gañou o seu cuarto e último Campionato de Galicia e esa mesma tempada, nun partido da Copa do Xeneralísimo ante a Ferroviaria de Madrid, marcou o seu 90º gol oficial coa camiseta do Deportivo, superando os 89 do daquela máximo goleador histórico do club, Ramón González. Mantense dende entón como máximo goleador en solitario da historia do Deportivo.
Na campaña seguinte o equipo meteuse por segundo ano consecutivo na promoción de ascenso á Primeira División, que consistiu nun único partido no campo de Vallecas contra o Real Murcia. Adiantouse o equipo murciano por medio de Tito, pero Chacho puxo o empate preto do final, forzando unha prórroga na que Guimeráns marcou o gol que lle daba ao club galego o primeiro ascenso da súa historia á máxima categoría.[26] Contribuíu cun total de 12 goles durante a tempada, na que tivo como compañeiros máis habituais na dianteira a Elícegui, Breijo, Chao e Guimeráns.
Marcou cadanseu gol nos seus dous primeiros partidos co Deportivo en Primeira: un derbi ante o Celta e unha vitoria pola mínima sobre o Real Madrid que supuxo o primeiro triunfo coruñés sobre o club branco en liga.[27] Pechou a campaña con 11 partidos de liga e 4 goles, así como cun histórico cuarto posto na clasificación, só por detrás de Valencia, Real Madrid e Atlético Aviación.
En xuño de 1942 volveu ser nomeado adestrador do Deportivo, mentres que Celso Mariño pasou a ocuparse da preparación física tanto do conxunto de fútbol como das demais seccións do club.[28] Realizou a dobre función de xogador-adestrador ata a súa dimisión como técnico en novembro. A súa participación caeu durante esa tempada e a seguinte, nas que sufriu varios problemas físicos, e en xuño de 1944 deixou o club tras finalizar o seu contrato.[29] Con todo, reapareceu no equipo en decembro, para disputar un partido amigable ante o Betanzos no antigo campo de Riazor,[30] e aínda que durante as seguintes semanas se especulou coa posibilidade dun inminente regreso oficial ao club, este non se produciu.[31]
Deportivo Xuvenil
editarNon xogou en ningún equipo por un tempo pero seguiu adestrando, e en 1945 formalizou ficha co Deportivo Xuvenil para axudalo a ascender á Terceira División.[32] As súas grandes actuacións na fase de ascenso, entre elas os catro goles que marcou na goleada por 9-0 sobre o Deportivo Coia en Riazor ou un triplete ante o Noia,[33][34] propiciaron o ascenso do equipo á categoría de bronce.
Deportivo da Coruña (3ª etapa)
editarPouco despois, en xaneiro de 1946, fíxose oficial a súa volta ao Deportivo,[35] co que disputou a parte final da tempada 1945/46. No terceiro encontro desta última etapa, marcou o seu 113º e derradeiro gol oficial co Deportivo, dándolle a vitoria ao seu equipo ante a Real Sociedad.[36]
Deportivo Xuvenil (2ª etapa)
editarTras o remate da liga saíu cedido ao Xuvenil para xogar a Copa Galicia.[37] Na seguinte campaña foi cedido novamente ao Xuvenil, co que disputou sete partidos da Terceira División, logrando outros tantos goles.[38] Disputou o seu derradeiro encontro o 6 de abril de 1947, nun empate 2-2 diante do Galicia de Ferrol en Riazor.[39] No verán de 1947 rematou o seu contrato co Deportivo da Coruña, poñendo así fin á súa carreira como futbolista.[40]
Selección nacional
editarChacho foi internacional coa selección española en tres ocasións, logrando 7 tantos. Debutou internacionalmente o 21 de maio de 1933, despois de ser convocado polo seleccionador José María Mateos para un partido amigable ante Bulgaria en Chamartín, converténdose no segundo xogador internacional da historia do Deportivo da Coruña, despois de Luis Otero. Formou na liña dianteira xunto a Luis Regueiro, Elícegui, Prat e Bosch, e anotou 6 dos 13 goles do seu equipo, na que foi a maior goleada da historia do combinado español (13-0).[41][42] Ademais, os seis goles de Chacho continúan a ser a cifra máis alta de tantos anotados por un futbolista da selección española nun mesmo partido.[42][43]
Volveu marcar no seu segundo partido internacional, unha nova goleada, desta vez por 9-0 sobre Portugal, e foi convocado por Amadeo García para a fase final do Mundial de 1934 en Italia. Quedou no banco no partido inaugural ante o Brasil e tamén nos cuartos de final ante a selección anfitrioa, pero foi titular na repetición deste último encontro en Florencia, despois de que rematase con empate a un gol e con numerosas baixas. Chacho formou na liña de atacantes xunto a Ventolrà, Regueiro, Bosch e Campanal, perdendo a eliminatoria por mor dun solitario gol de Giuseppe Meazza.[44]
Como adestrador
editarTrala súa retirada como futbolista decidiu emprender unha carreira como adestrador e na tempada 1949/50 dirixiu o Bergantiños,[45] onde tivo como pupilo a Arsenio, que anos máis tarde se convertería nunha das personalidades máis importantes do fútbol galego.[46] Esa mesma tempada pasou ao Fabril, co que foi subcampión do Campionato Galego de Afeccionados,[47] ao tempo que se formaba na Escola Galega de Preparadores, onde foi o número 1 da súa promoción.[48] Na tempada 1950/51 levou ao Fabril a proclamarse campión da Zona Norte da Serie A galega,[49] dirixindo un grupo de xogadores entre os que estaba de novo Arsenio e onde destacaban tamén Kaito González, Carlos Torres, Santamaría ou Guillén.[50]
En maio de 1951, pouco despois de cumprir os 40 anos, foi elixido pola directiva do Deportivo da Coruña para dirixir provisionalmente o equipo trala marcha de Jerónimo Díaz,[51] aínda que finalmente foi confirmado no cargo tamén para a tempada 1951/52.[52] Dirixiu a varios dos seus antigos compañeiros, entre eles Acuña, Ponte ou Carlitos así como a Corcuera, Oswaldo e Moll, membros da dianteira coñecida co alcume de "Orquestra Canaro", e en outubro subiu ao primeiro equipo a Arsenio, ao que fixo debutar nun partido ante o Barcelona.[53]
O equipo mantívose durante case toda a tempada na parte media da táboa e tras caer varias posicións acabou salvando por pouco a categoría, polo que a directiva do club decidiu prescindir dos servizos de Chacho. O presidente da entidade, Otero Peón, afirmou que o gran obstáculo de Chacho para triunfar como adestrador do Deportivo era "ser coruñés e ter confianza cos xogadores", alegando tamén falta de carácter.[54]
Trala súa saída definitiva do Deportivo continuou vencellado ao fútbol coruñés, adestrando varios clubs modestos da cidade, como o Sporting Coruñés e o Español, dirixindo neste último ao seu fillo Jaime, alcumado Chacho III.[55][56] En novembro de 1958 foi nomeado adestrador da selección galega xuvenil, en substitución do seu antigo compañeiro na dianteira do Deportivo, Antonio Villar Chao.[57] Ocupou o cargo ata 1960, sendo sucedido por Rodrigo.
Faleceu na Coruña o 21 de outubro de 1979, aos 68 anos de idade.[43]
Estilo e legado
editarConsiderado un dos mellores xogadores da historia do Deportivo da Coruña, destacaba pola súa clase e elegancia no xogo, os seus caneos, pases medidos e fortes disparos, así como pola súa intelixencia e visión de xogo.[58] Con todo, durante a súa carreira como futbolista estivo sempre discutido, e a afección coruñesa dividíase entre "chachistas" e "antichachistas", destacando os seus detractores o seu xogo lento e unha suposta apatía e desidia no xogo.[9][59][38][58]
Retirouse como o máximo goleador da historia do Deportivo, con 113 goles oficiais en 211 partidos, repartidos en 15 tempadas, liderando aínda hoxe a táboa de artilleiros do club, por diante de Diego Tristán (110 goles) e José Manuel Traba (108). Marcou ademais outro gol na tempada 1934/35 do Campionato Mancomunado ante o Racing de Ferrol, e tres máis na tempada 1936/37 do Campionato de Galicia contra o Unión Sporting, pero ambos resultados foron anulados posteriormente, no primeiro caso por mor da folga xeral revolucionaria de 1934 e no segundo pola retirada da competición do club vigués.
En 1989 inaugurouse unha escultura dedicada a el xunto ao estadio de Riazor, obra do escultor coruñés Eladio Muíños.[60][61]
Familia
editarEra un dos dez fillos de Carlos González Rodríguez e Irene Valiño Pérez.[62] Era irmán entre outros de Baldomero González Valiño, "Mero", tamén futbolista e máis tarde presidente do Sporting Ciudad, e cuñado de Eduardo Viso, futbolista e adestrador.[63]
Foi pai dos tamén futbolistas Antonio e Jaime González Meilán, alcumados "Chacho II" e" Chacho III" respectivamente.
Estatísticas
editarClub | Tempada | Categoría | Liga | Copa | C. Rexional | Outros[N 1] | Total | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | |||
Deportivo da Coruña | 1929/30 | Segunda | 5 | 4 | 1 | 0 | 2 | 3 | - | - | 8 | 7 |
1930/31 | Segunda | 4 | 2 | 0 | 0 | 10 | 16 | - | - | 14 | 18 | |
1931/32 | Segunda | 14 | 4 | 6 | 3 | 10 | 5 | - | - | 30 | 12 | |
1932/33 | Segunda | 8 | 5 | 5 | 3 | 10 | 7 | - | - | 23 | 15 | |
1933/34 | Segunda | 15 | 9 | 1 | 0 | 9 | 6 | - | - | 25 | 15 | |
1934/35 | - | - | - | - | - | 3 | 1 | - | - | 3 | 1 | |
Atlético de Madrid | 1934/35 | Primeira | 21 | 6 | 7 | 1 | - | - | - | - | 28 | 1 |
1935/36 | Primeira | 18 | 9 | 2 | 1 | 4 | 4 | - | - | 24 | 14 | |
Total club | 39 | 15 | 9 | 2 | 4 | 4 | - | - | 52 | 21 | ||
Deportivo da Coruña | 1936/37 | - | - | - | - | - | 10 | 10 | - | - | 10 | 10 |
1937/38 | - | - | - | - | - | 5 | 1 | - | - | 5 | 1 | |
1938/39 | - | - | - | - | - | 4 | 0 | - | - | 4 | 0 | |
1939/40 | Segunda | 16 | 4 | 1 | 1 | 7 | 5 | 1 | 1 | 25 | 11 | |
1940/41 | Segunda | 22 | 11 | 1 | 0 | - | - | 1 | 1 | 24 | 12 | |
1941/42 | Primeira | 11 | 4 | 2 | 0 | - | - | - | - | 13 | 4 | |
1942/43 | Primeira | 9 | 2 | 6 | 2 | - | - | - | - | 15 | 4 | |
1943/44 | Primeira | 8 | 2 | 0 | 0 | - | - | 0 | 0 | 8 | 2 | |
1945/46 | Segunda | 4 | 1 | 0 | 0 | - | - | 0 | 0 | 4 | 1 | |
Xuvenil | 1945/46 | Serie A | 0 | 0 | - | - | - | - | 10 | 11 | 10 | 11 |
Deportivo da Coruña | 1945/46 | Segunda | 4 | 1 | 0 | 0 | - | - | 0 | 0 | 4 | 1 |
Total club | 116 | 48 | 23 | 9 | 70 | 54 | 2 | 2 | 211 | 113 | ||
Xuvenil | 1946/47 | Terceira | 10 | 9 | - | - | - | - | - | - | 10 | 9 |
Total club | 10 | 9 | - | - | - | - | 10 | 11 | 20 | 20 | ||
Total carreira | 165 | 72 | 32 | 11 | 74 | 58 | 12 | 13 | 283 | 154 |
- ↑ Inclúe partidos de promoción de ascenso a Primeira, a Terceira e da Copa Galicia.
Palmarés
editarXogador
editar- Deportivo da Coruña
- Campionato de Galicia (4): 1930/31, 1932/33, 1936/37, 1939/40.
- Deportivo Xuvenil
- Terceira División (1): 1945/46.
Adestrador
editar- Fabril
- Serie A (1): 1950/51.
Notas
editar- ↑ "Algo viejo sobre Chacho". La Noche (en castelán) (7895). 1 de xuño de 1946. p. 3. Consultado o 14 de abril de 2024.
- ↑ Guijarro, Miguel Ángel (3 de novembro de 2004). "Sólo falló un penalti en su vida" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). p. 12. Consultado o 14 de abril de 2024.
- ↑ "Un partido". El Ideal Gallego (en castelán) (2155). 2 de decembro de 1924. p. 8. Consultado o 25 de abril de 2024.
- ↑ Rodriguez Cudeiro, Juan Luis (17 de maio de 2021). "La mujer que abrió las puertas del fútbol". El País (en castelán). Consultado o 25 de abril de 2024.
- ↑ "Nota deportiva". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xuño de 1925. p. 2.
- ↑ Pardo, Miguel (20 de decembro de 2020). "A porteira Irene, a historia dunha muller pioneira hai un século". praza.gal. Consultado o 15 de abril de 2024.
- ↑ "Mención a Chacho na prensa". El Noroeste (en castelán) (13211). 1 de setembro de 1926. p. 3. Consultado o 15 de abril de 2024.
- ↑ "Eduardo González Valiño". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 14 de abril de 2024.
- ↑ 9,0 9,1 Miranda, Carlos (31 de maio de 2019). "Así era Chacho, el primer mundialista coruñés". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 14 de abril de 2024.
- ↑ "Temas actuales". El Ideal Gallego (en castelán) (7989). 7 de abril de 1942. p. 5. Consultado o 14 de abril de 2024.
- ↑ "La Copa Cosmos". La Provincia (en castelán) (1232). 29 de maio de 1927. p. 1. Consultado o 15 de abril de 2024.
- ↑ "Partido infantil". El Ideal Gallego (en castelán). 29 de outubro de 1927. p. 8. Consultado o 15 de abril de 2024.
- ↑ "Deportes". El Noroeste (en castelán) (13783). 5 de xullo de 1928. p. 1. Consultado o 15 de abril de 2024.
- ↑ "En Betanzos". El Pueblo Gallego (en castelán) (1503). 14 de decembro de 1928. p. 7. Consultado o 15 de abril de 2024.
- ↑ "El homenaje a Otero en Betanzos". El Ideal Gallego (en castelán) (3571). 16 de agosto de 1929. p. 4. Consultado o 17 de abril de 2024.
- ↑ "El Deportivo empata con el Unión Sporting y el Racing con el Eiriña". El Ideal Gallego (en castelán) (3593). 29 de outubro de 1929. p. 1. Consultado o 17 de abril de 2024.
- ↑ "Crítica ajena". El Ideal Gallego (en castelán) (4189). 16 de febreiro de 1934. p. 5. Consultado o 24 de abril de 2024.
- ↑ Lara, Miguel Ángel (29 de marzo de 1922). "Chacho, el hombre récord de la selección que jugaba en Segunda". Marca (en castelán). Consultado o 24 de abril de 2024.
- ↑ "El Deportivo de la Coruña derrota al Real Madrid por 2 a 0". La Zarpa (en castelán). 10 de maio de 1932. p. 9. Consultado o 18 de abril de 2024.
- ↑ "El Deportivo elimina sensacionalmente al Madrid". El Balón (en castelán) (414). 16 de maio de 1932. pp. 8–11. Consultado o 18 de abril de 2024.
- ↑ "Saques". El Ideal Gallego (4165). 19 de xaneiro de 1934. p. 5. Consultado o 14 de abril de 2024.
- ↑ Guillín, Pepe. "Chacho, la perfección técnica". canaldeportivo.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2015. Consultado o 17 de novembro de 2021.
- ↑ "Chacho en libertad". El Correo Gallego (en castelán) (20083). 20 de xuño de 1936. p. 4. Consultado o 21 de abril de 2024.
- ↑ "El Deportivo resurge". El Pueblo Gallego (en castelán) (4031). 12 de xullo de 1936. p. 2. Consultado o 21 de abril de 2024.
- ↑ "Chacho, entrenador". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xullo de 1936. p. 8.
- ↑ "El Deportivo conquista el ascenso a la Primera División" (en castelán) (6703). 6 de maio de 1941. p. 3. Consultado o 22 de abril de 2024.
- ↑ "El Deportivo venció difícilmente al Madrid, por un tanto a cero, marcado por Chacho, en el segundo tiempo". El Ideal Gallego (en castelán) (7854). 28 de outubro de 1941. p. 4. Consultado o 22 de abril de 2024.
- ↑ "Chacho, entrenador". El Ideal Gallego (en castelán) (8055). 23 de xuño de 1942. p. 6. Consultado o 23 de abril de 2024.
- ↑ "Chacho en libertad". El Ideal Gallego (en castelán) (8682). 30 de xuño de 1944. p. 7. Consultado o 23 de abril de 2024.
- ↑ "Chacho jugará hoy cuarenta y cinco minutos contra el Betanzos". El Ideal Gallego (en castelán) (8820). 8 de decembro de 1944. p. 6. Consultado o 23 de abril de 2024.
- ↑ "Discos". El Ideal Gallego (en castelán) (8823). 12 de decembro de 1944. p. 5. Consultado o 23 de abril de 2024.
- ↑ "Chacho firmó por el Deportivo... Juvenil". El Compostelano (en castelán) (7756). 20 de decembro de 1945. p. 3. Consultado o 14 de abril de 2024.
- ↑ "El Deportivo Juvenil batió al Deportivo Coya, de Vigo, por nueve a cero". El Ideal Gallego (en castelán) (8876). 26 de decembro de 1945. p. 5. Consultado o 14 de abril de 2024.
- ↑ "Brillante victoria del Deportivo Juvenil sobre el Noya (6-1)". El Ideal Gallego (en castelán) (8886). 8 de xaneiro de 1946. p. 6. Consultado o 14 de abril de 2024.
- ↑ "Chacho ya pertenece al Deportivo". El Ideal Gallego (en castelán) (8900). 24 de xaneiro de 1946. p. 5. Consultado o 23 de abril de 2024.
- ↑ "El Deportivo vence por la mínima diferencia a la Real Sociedad". La Noche (en castelán). 11 de febreiro de 1946. p. 4. Consultado o 23 de abril de 2024.
- ↑ "El Celta recibe al Pontevedra en partido de la Copa Galicia". El Pueblo Gallego (en castelán) (7085). 2 de maio de 1946. p. 4. Consultado o 23 de abril de 2024.
- ↑ 38,0 38,1 "Chacho al Deportivo Juvenil". La Noche (en castelán) (7924). 25 de setembro de 1946. p. 3. Consultado o 14 de abril de 2024.
- ↑ "El Juvenil venció al Galicia por 1-0". El Ideal Gallego (en castelán) (9172). 8 de abril de 1947. p. 6. Consultado o 14 de abril de 2024.
- ↑ "¡La "lista grande" deportivista!". El Ideal Gallego (en castelán) (9250). 8 de xullo de 1947. p. 6. Consultado o 14 de abril de 2024.
- ↑ "España trituró a Bulgaria por 13-0, marcando Chacho seis tantos". El Ideal Gallego (en castelán) (3964). 23 de maio de 1933. p. 5. Consultado o 24 de abril de 2024.
- ↑ 42,0 42,1 López, José Luis (4 de abril de 2020). "La Roja se zampó el yogur búlgaro". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 24 de abril de 2024.
- ↑ 43,0 43,1 "Murió Chacho, "recordman" goleador de la selección". El País (en castelán). Axencia EFE. 23 de outubro de 1979. Consultado o 24 de abril de 2024.
- ↑ "Historia de la Selección (V): el Mundial de 1934". RFEF (en castelán). 10 de xaneiro de 2024. Consultado o 24 de abril de 2024.
- ↑ "Polvorín-Bergantiños en Los Miñones". El Progreso (en castelán) (13197). 15 de xaneiro de 1950. p. 2. Consultado o 23 de abril de 2024.
- ↑ "El Bergantiños venció al Polvorín por 4-3". El Progreso (en castelán) (13198). 17 de xaneiro de 1950. p. 4. Consultado o 24 de abril de 2024.
- ↑ "El Fabril jugará la final del campeonato gallego de aficionados". La Noche (en castelán) (8970). 24 de febreiro de 1950. p. 3. Consultado o 23 de abril de 2024.
- ↑ "Chacho número 1 de la Escuela Regional de Preparadores". El Progreso (en castelán) (13350). 16 de xullo de 1950. p. 4. Consultado o 23 de abril de 2024.
- ↑ "El Ideal gallego". El Ideal Gallego (en castelán) (10415). 10 de abril de 1951. p. 8. Consultado o 23 de abril de 2024.
- ↑ "Ante la visita del Fabril". El Correo Gallego (en castelán) (24661). 9 de maio de 1951. p. 4. Consultado o 23 de abril de 2024.
- ↑ "Chacho, provisionalmente, entrenará al Deportivo". El Ideal Gallego (en castelán) (10447). 17 de maio de 1951. p. 6. Consultado o 23 de abril de 2024.
- ↑ "Chacho entrenador del Deportivo para la próxima temporada". El Ideal Gallego (en castelán) (10659). 23 de xuño de 1951. p. 6. Consultado o 23 de abril de 2024.
- ↑ "La victoria del Barcelona sobre el Deportivo llegó con excesiva facilidad". La Noche (en castelán). 29 de outubro de 1951. p. 1. Consultado o 24 de abril de 2024.
- ↑ "Dinero y tres jugadores necesita el Deportivo". La Noche (en castelán). 5 de maio de 1952. p. 2. Consultado o 24 de abril de 2024.
- ↑ "Fútbol modesto coruñés". La Noche (en castelán) (10997). 12 de xuño de 1956. p. 7. Consultado o 24 de abril de 2024.
- ↑ "Panorama del fútbol coruñés". La Noche (en castelán) (11612). 3 de xuño de 1958. p. 5. Consultado o 24 de abril de 2024.
- ↑ "Chacho seleccionador regional de juveniles". El Pueblo Gallego (en castelán) (11529). 21 de novembro de 1958. p. 8. Consultado o 24 de abril de 2024.
- ↑ 58,0 58,1 "Semblanza de Eduardo González Valiño Chacho" (en castelán). 9 de agosto de 1989. Consultado o 24 de abril de 2024.
- ↑ "El caso Chacho". El Compostelano (en castelán) (7760). 26 de decembro de 1945. p. 3. Consultado o 14 de abril de 2024.
- ↑ "O monumento ao mítico Chacho practicamente acabado". 30 de xullo de 1989. Consultado o 25 de abril de 2024.
- ↑ "Inaugurado o monumento a Chacho". 13 de agosto de 1989. Consultado o 25 de abril de 2024.
- ↑ "Obituario de Carlos González Rodríguez". El Ideal Gallego (en castelán) (10100). 4 de abril de 1950. p. 10. Consultado o 25 de abril de 2024.
- ↑ "Necrología". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de decembro de 1966. p. 14.