Jaime González Meilán

ex futbolista galego

Jaime González Meilán, coñecido como Chacho III, nado na Coruña o 29 de xaneiro de 1939, é un exfutbolista galego.

Chacho III
Información persoal
Nome Jaime González Meilán
Nacemento 29 de xaneiro de 1939
Lugar de nacemento A Coruña
Altura 1,73 m
Posición Interior, dianteiro
Carreira xuvenil
1954–1955 Sporting Ciudad
1955–1957 Sporting Coruñés
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1957–1958 Xuvenil
1958–1959 Español
1959–1961 Celta de Vigo 0 (0)
1960–1961Gran Peña cedido
1961–1962 Sporting da Covilhã 24 (8)
1962–1963 Lleida
1964–1970 Deportivo Galicia
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Fillo do histórico xogador do Deportivo da Coruña, Chacho, xogou en varios equipos coruñeses e tras un infrutuoso paso polo Celta de Vigo emigrou primeiro a Portugal, onde xogou no Sporting da Covilhã, e logo a Venezuela, onde destacou no Deportivo Galicia.

Traxectoria editar

Alcumado "Chacho III" por ser o terceiro da saga iniciada por seu pai, o histórico dianteiro do Deportivo da Coruña e internacional coa selección española Eduardo González Valiño (Chacho), e continuada polo seu irmán máis vello Antonio (Chacho II), tamén futbolista.

Comezou a xogar ao fútbol na tempada 1952/53 nos xuvenís do Sporting Ciudad, pasando logo dous anos polo Sporting Coruñés, antes de recalar no Deportivo Xuvenil adestrado por Vizoso, na Terceira División.[1]

Tras pasar polo Español, en novembro de 1959 estivo a proba no Celta de Vigo, xogando varios partidos amigables, e finalmente fichou polo equipo vigués, asinando un contrato ata xuño de 1962.[2][3][4] Con todo, non puido xogar ningún partido oficial no Celta e en marzo de 1960 foi cedido ao Gran Peña.[5]

Na tempada 1961/62 xogou na Primeira división portuguesa co Sporting da Covilhã, e aínda que realizou unha boa campaña e foi o máximo goleador do equipo, este acabou descendendo.[6] Nas dúas seguintes tempadas xogou no Lleida e no Abarán, equipo murciano que militaba na Segunda División.

En outubro de 1964, por mediación de Lázaro Candal, fichou polo Deportivo Galicia de Caracas.[7] Xogou no equipo venezolano ata 1970, gañando dúas ligas venezolanas e tres Copas Venezuela. Disputou tamén 15 partidos na Copa Libertadores, na que marcou un gol fronte ao Palmeiras de Ademir da Guia en 1968, no Estadio do Pacaembu.[8]

Palmarés editar

Deportivo Galicia

Notas editar

  1. "Jaime González, hijo del ex-internacional Chacho, juega en el Deportivo Juvenil". La Noche (en castelán). 11 de marzo de 1958. p. 5. Consultado o 29 de marzo de 2021. 
  2. "Ecos célticos". La Noche (en castelán). 19 de novembro de 1959. p. 4. Consultado o 29 de marzo de 2021. 
  3. "Jugando un equipo del Celta contra el Arenal, el hijo de Chacho causó buena impresión". El Pueblo Gallego (en castelán). 19 de novembro de 1959. p. 7. Consultado o 29 de marzo de 2021. 
  4. "Jaime González, dijo en La Coruña". El Pueblo Gallego (en castelán). 2 de decembro de 1959. p. 7. Consultado o 29 de marzo de 2021. 
  5. "Jaime González, cedido por el Celta al Turista". El Pueblo Gallego (en castelán). 10 de marzo de 1960. p. 7. Consultado o 29 de marzo de 2021. 
  6. "Chacho III, que no tuvo suerte en el Celta, triunfó en Portugal". El Pueblo Gallego (en castelán). 19 de xullo de 1962. p. 10. Consultado o 29 de marzo de 2021. 
  7. "Chacho, a Caracas". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de outubro de 1964. p. 4. 
  8. "Partidos de Chacho III na Copa Libertadores". worldfootball.net (en inglés). Consultado o 30 de marzo de 2021.