Abrir o menú principal

Eduardo González Valiño

futbolista español

Eduardo González Valiño, máis coñecido como Chacho, nado na Coruña o 14 de abril de 1911 e finado na mesma cidade o 21 de outubro de 1979, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.

Chacho
Monumentochacho.JPG
Información persoal
Nome completo Eduardo González Valiño
Nacemento 14 de abril de 1911
Lugar A Coruña, Galicia
Falecemento 21 de outubro de 1979 (68 anos)
Lugar A Coruña, Galicia
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1927–1934 Deportivo da Coruña
1934–1936 Atlético de Madrid 39 (13)
1936–1944 Deportivo da Coruña 28 (6)
Selección nacional
1933–1934 España 3 (7)
Adestrador
1941–1943 Deportivo da Coruña
1951–1952 Deportivo da Coruña
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Índice

TraxectoriaEditar

Iniciouse como futbolista en 1927 no Deportivo da Coruña, na Segunda División. Xogou no club ata o ano 1934 (obtendo como mellor posición un cuarto posto en 1932), cando fichou por dúas tempadas polo Atlético de Madrid, que acababa de subir a Primeira División. Con este equipo quedou en sétima e undécima posición. En 1936, e coincidindo co inicio da guerra civil española, volve ao Deportivo, co que conseguiu o ascenso a Primeira no ano 1941, e un cuarto posto o ano seguinte, na primeira tempada deste equipo na máxima categoría. Na tempada 1941-1942 fixo de xogador-adestrador, e retirouse no ano 1946. Volveu ao banquiño coruñés na tempada 1951–52.[1]

Está considerado un dos mellores xogadores da historia do Deportivo e en 1988 inaugurouse unha escultura adicada a el xunto ao estadio de Riazor.

Faleceu na Coruña o 21 de outubro de 1979.

Selección nacionalEditar

Chacho foi internacional coa selección española en tres ocasións, logrando 7 tantos. Participou no Mundial de Italia de 1934. Ten o récord de maior número de goles marcados nun partido coa selección española, cos seis goles que anotou fronte a Bulgaria nun partido amigábel en 1933, no seu debut.[2]

NotasEditar

  1. "Chacho". Vavel (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2018. 
  2. "Morreu Chacho, "recordman" español". El País (en castelán). 23 de outubro de 1979. Consultado o 25 de xuño de 2018. 

Véxase taménEditar