Celso Mariño
Celso Mariño Ferreira, nado en Pontevedra o 14 de xullo de 1910 e finado en 1992, foi un adestrador de fútbol galego.
Celso Mariño | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Celso Mariño Ferreira | ||
Nacido | 14 de xullo de 1910 | ||
Lugar | Pontevedra | ||
Falecido | 1992 | ||
Adestrador | |||
Anos | Equipos | ||
1941 | Deportivo da Coruña | ||
1942–1943 | Deportivo da Coruña | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Foi adestrador do Deportivo da Coruña no seu debut en Primeira División na tempada 1941–42, sendo destituído na xornada 12. O seu substituto foi Chacho, que rematou a tempada deixando ao equipo no cuarto posto.
Volveu novamente ao banco branquiazul na tempada seguinte 1942–43, substituíndo esta vez a Chacho desde a xornada 10 até o final da campaña, que rematou co equipo no noveno posto. Para a seguinte campaña contratouse a Ramón de la Fuente como adestrador.