Abrir o menú principal
Lanzamento de disco en Atenas 1896 (Robert Garrett, EUA, medalla de ouro).

O lanzamento de disco é unha proba do atletismo actual, onde o obxectivo é lanzar un obxecto pesado de sección circular denominado disco o máis lonxe posible. O disco tírase desde un círculo de 2,50 m de diámetro e debe aterrar dentro dun sector de ángulo de 34° 92'.

HistoriaEditar

Existen rexistros de que esta proba se efectúa polo menos desde o século VI antes de Cristo.

O discoEditar

Consérvanse algúns discos antigos e parece ser que non existía nin un peso nin unha medida estándar posto que os discos que se conservan son do máis variado en canto ao seu tamaño e peso que oscila entre os 1,3 e 4 kg, aínda que existe un de 5,707 kg que pode ser que fora un disco votivo sen relación coa competición.[1]

Zona de lanzamentoEditar

A zona de lanzamento suponse que era moi distinta á actual, pero non se sabe con absoluta certeza pois téñense de interpretar as referencias que nos chegaron a nós tales como pinturas, estatuas etc. Crese que a zona de lanzamento non era circular como na actualidade, senón que era un espazo limitado lateral e frontalmente,

Técnica de lanzamentoEditar

Coa técnica tamén hai que deducir como era a partir dos restos que nos chegaron, como o discóbolo de Mirón. Crese que a forma máis común de lanzar o disco era levantando o disco pola fronte para a continuación botar o brazo de lanzamento suxeitando o disco cara atrás e acompañándoo co resto do corpo. A continuación avanzábase o corpo cara adiante erguendo e soltando o brazo para efectuar o lanzamento.

RegramentoEditar

O atleta debe iniciar a súa actuación desde unha posición estática. Pode suxeitar o disco como queira e utilizar calquera técnica de lanzamento manual. Deberá abandonar o círculo pola metade traseira unha vez que o disco tocou o chan. Para que sexa válido o lanzamento o disco deberá caer dentro da parte interior das liñas de demarcación do sector de caída. O lanzamento mídese desde a marca máis próxima efectuada polo disco até o bordo interior da circunferencia do círculo. O atleta non pode introducir nada no círculo. Para realizar cada intento o atleta ten un minuto, normalmente cada atleta realiza tres intentos e os oito atletas con mellor marca válida, realizan outros tres intentos en orde inversa á súa mellor marca.

Motivos de lanzamento nulo:

  • Tocar con calquera parte do corpo a parte superior do bordo metálico do círculo ou ben fóra deste.
  • Saír pola parte dianteira do círculo.
  • Saír do círculo antes de que se produza a caída do artefacto.
  • Lanzar o artefacto fóra do sector.
  • Atraso na execución do lanzamento.
  • Saír polo lado do círculo

Características do discoEditar

Na categoría absoluta, o peso do disco é de 2 kg para homes e de 1 kg para mulleres. Ten un diámetro de 219 – 221 mm e unha anchura de 44–46 mm na categoría masculina mentres que na feminina ten un diámetro de 180 – 182 mm e unha anchura de 37 – 39 mm. Non obstante, o tamaño e o peso do disco descenden en categorías inferiores de varóns: 1,5 kg para menores (até 17 anos) 1,75 kg para xuvenís (de 18 a 20 anos).

RécordsEditar

(actualizado o 23 de decembro de 2010)

Marca Atleta País Lugar Data
WR Homes 74,08 Jürgen Schult   Alemaña Oriental Neubrandenburg 06-06-1986
Mulleres 76,80 Gabriele Reinsch   Alemaña Oriental Neubrandenburg 09-07-1988
OR Homes 69,89 Virgilijus Alekna   Lituania Atenas 23-08-2004
Mulleres 72,30 Martina Hellmann   Alemaña Oriental Seúl 29-09-1988
ER Homes 74,08 Jürgen Schult   Alemaña Oriental Neubrandenburg 06-06-1986
Mulleres 76,80 Gabriele Reinsch   Alemaña Oriental Neubrandenburg 09-07-1988
AM Homes 71,32 Ben Plucknett   Estados Unidos Eugene 04-06-1983
Mulleres 70,88 Hilda Ramos   Cuba A Habana 08-05-1992
AF Homes 70,32 Frantz Kruger   Suráfrica Salon-de-Provence 26-05-2002
Mulleres 64,87 Elizna Naude   Suráfrica Stellenbosch 02-03-2007
AS Homes 69,32 Ehsan Hadidi   Irán Tallinn 03-06-2008
Mulleres 71,68 Yanling Xiao   China Pequín 14-03-1992
OC Homes 65,02 Benn Harradine   Australia Salinas (California) 22-05-2008
Mulleres 68,72 Daniela Costian   Australia Auckland 22-01-1994

Atletas con mellores marcas mundiaisEditar

Campións olímpicosEditar

Xogos Ano Atleta País Marca
Atenas 1896 Homes Robert Garret   Estados Unidos 29,15
Mulleres Non participaron
París 1900 Homes Rudolf Bauer   Hungría 36,04
Mulleres Non participaron
San Luís 1904 Homes Martin Sheridan   Estados Unidos 39,28
Mulleres Non participaron
Londres 1908 Homes Martin Sheridan   Estados Unidos 40,89
Mulleres Non participaron
Estocolmo 1912 Homes Armas Taipale   Finlandia 45,21
Mulleres Non participaron
Antuerpen 1920 Homes Elmer Niklander   Finlandia 44,69
Mulleres Non participaron
París 1924 Homes Clarence Houser   Estados Unidos 46,15
Mulleres Non participaron
Ámsterdan 1928 Hombs Clarence Niklander   Estados Unidos 47,32
Mulleres Halina Konopacka   Polonia 39,62
Los Angeles 1932 Homes John Anderson   Estados Unidos 49,49
Mulleres Lillian Copeland   Estados Unidos 40,59
Berlín 1936 Homes Kenneth Carpenter   Estados Unidos 50,49
Mulleres Gisela Mauermayer   Alemaña 47,63
Londres 1948 Homes Adolfo Consolini   Italia 52,78
Mulleres Micheline Ostermeyer   Francia 41,92
Helsinqui 1952 Homes Simeon Iness   Estados Unidos 55,03
Mulleres Nina Romashkova   Unión Soviética 51,42
Melbourne 1956 Homes Al Oerter   Estados Unidos 56,36
Mulleres Olga Fikotová   Checoslovaquia 53,69
Roma 1960 Homes Al Oerter   Estados Unidos 59,18
Mulleres Nina Romashkova   Unión Soviética 55,10
Toquio 1964 Homes Al Oerter   Estados Unidos 61,00
Mulleres Tamara Press   Unión Soviética 57,27
México 1968 Homes Al Oerter   Estados Unidos 64,78
Mulleres Lia Manoliu   Romanía 58,28
Múnic 1972 Homes Ludvik Danek   Checoslovaquia 64,40
Mulleres Faina Melnik   Unión Soviética 66,62
Montreal 1976 Homes Malcom Maurice Wilkins   Estados Unidos 67,50
Mulleres Evelin Schlaak   Alemaña Oriental 69,00
Moscova 1980 Homes Viktor Rashchupkin   Unión Soviética 66,64
Mulleres Evelin Jahl   Alemaña Oriental 69,96
Los Angeles 1984 Homes Rolf Dannenberg   República Federal Alemá 66,60
Mulleres Ria Stalman   Países Baixos 65,36
Seúl 1988 Homes Jürgen Schult   Alemaña Oriental 68,82
Mulleres Martina Hellmann   Alemaña Oriental 72,30
Barcelona 1992 Homes Romas Ubartas   Lituania 65,12
Mulleres Maritza Martén   Cuba 70,06
Atlanta 1996 Homes Lars Riedel   Alemaña 69,40
Mulleres Ilke Wyludda   Alemaña 69,66
Sidney 2000 Homes Virgilijus Alekna   Lituania 69,30
Mulleres Ellina Zvereva   Belarús 68,40
Atenas 2004 Homes Virgilijus Alekna   Lituania 69,89
Mulleres Natalya Sadova   Rusia 67,02
Pequín 2008 Homes Gerd Kanter   Estonia 68,82
Mulleres Stepahnie Brown Trafton   Estados Unidos 64,24

Campións mundiaisEditar

NotasEditar

  1. Lanzamiento de disco Arquivado 25 de abril de 2008 en Wayback Machine. mundoatletismo.com (en castelán)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar