Stellenbosch
Stellenbosch é unha cidade, capital do concello de Stellenbosch na provincia do Cabo Occidental, en Suráfrica. Constitúe o segundo asentamento europeo máis antigo logo da Cidade do Cabo.
Nomeado en referencia a | Simon van der Stel (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Suráfrica | |||
Província da África (pt) | Cabo Occidental | |||
Distritos municipais da África (pt) | Cape Winelands District Municipality (en) | |||
Municípios locais da África (pt) | Stellenbosch Local Municipality (en) | |||
Capital de | ||||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 8,24 km² | |||
Altitude | 136 m | |||
Creación | 1679 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 7600 e 7599 | |||
Prefixo telefónico | 021 | |||
Páxina web | stellenbosch.org.za |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2020.) |
Historia
editarO asentamento fundouse en 1679 por orde do gobernador do Cabo, Simon van der Stel de onde lle ven o nome, nas beiras do río Eerste, o asentamento medrou, en 1682 contaba coas súas propias autoridades locais e en 1685 converteuse na sede dun maxistrado con xurisdición sobre 25.000 km². Na vila asentouse un grupo de hugonotes franceses que foron claves no desenvolvemento da viticultura, converténdose Stellenbosch no centro da industria vitivinícola surafricana.
Economía e poboación
editarEn 1859 abriuse na cidade un seminario da igrexa reformada neerlandesa, e un centro de secundaria, het Stellenbossche Gymnasium, en 1866. En 1918 fundouse a Universidade de Stelllenbosch. A cidade é a sede da Universidade de Stellenbosch
Durante a Segunda Guerra Bóer, Stellenbosch foi unha das bases británicas. No sur da cidade construíuse o Technopark Stellenbosch, un polígono tecnolóxico que atraeu a numerosas empresas.
A cidade conta con 90.000 habitantes (2000). A maioría da poboación é de lingua afrikaans, o inglés e o xosa son as outras linguas que máis se poden escoitar na cidade. Dende o punto de vista étnico a maioría da poboación está formada polo que no censo surafricano se coñece como colorados, persoas mestizas de orixe europea, africana e asiática.