O xosa[2] é unha das 11 linguas oficiais de Suráfrica. É falada por aproximadamente 7,9 millóns de persoas (preto do 18% de sur-africanos), principalmente nas provincias do Cabo e sur do KwaZulu-Natal, mais tamén nos países veciños, Botswana e Lesoto.

Xosa
isiXhosa
Falado en: Suráfrica e Lesoto
Rexións: O Cabo Oriental e Cabo Occidental
Total de falantes: 7,5 millóns (2007)
Familia: Níxer-congo
 Atlántico-congo
  Benue-congo
   Bantoide meridional
    Bantú
     Bantú meridional
      Nguni
       Zunda
        Xosa
Escrita: Latina (alfabeto xosa)
braille xosa
Status oficial
Lingua oficial de: Sudáfrica Suráfrica
Cimbabue Cimbabue
Códigos de lingua
ISO 639-1: xh
ISO 639-2: xho
ISO 639-3: xho
Mapa
Status

O xosa está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

As consoantes clicantes son unha característica prominente dos sons desta lingua e mesmo o nome "Xosa" iníciase cun "clique". No IPA, o nome da lingua é pronunciado aproximadamente como [||hosa].

Estímase que preto do 15% do vocabulario é de orixe khoisa e mesmo as consoantes clicantes poden ser desa orixe. Existen xornais e programas de radio nesta lingua.

Cartel nun edificio do goberno en tres idiomas afrikaans, inglés e xosa.

Dialectos: XeAleka, Ndlambe, Gaika (NCqika), Thembu, BomVana, MPondomse (MPondomisi), MPondo, Xesibe.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definición de xosa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.