John Powell (atleta)

John Gates Powell, nado en San Francisco (California) o 25 de xuño de 1947[1] e finado en Las Vegas o 19 de agosto de 2022,[2] foi un atleta estadounidense, especialista en lanzamento de disco. Foi recordista mundial desta disciplina cando en 1975 atinxiu a marca dos 69.08 metros, aínda que, conseguiu, como a súa mellor marca persoal, o rexistro dos 71.26 metros, en 1984, o que o coloca como o noveno mellor lanzador de disco de todos os tempos.[3]

John Powell
John Powell discus 1972.jpg
Nacemento25 de xuño de 1947
Lugar de nacementoSan Francisco
Falecemento18 de agosto de 2022
Lugar de falecementoLas Vegas, Nevada
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Estatal de San Jose e Mira Loma High School
Ocupaciónlançador de disco e atleta
Na rede
IAAF: 2318 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Cadro de medallas
Xogos Olímpicos
Bronce Montreal 1976 Lanzamento de disco
Bronce Os Ánxeles 1984 Lanzamento de disco
Campionatos Mundiais
Prata Roma 1987 Lanzamento de disco
Xogos Pan-Americanos
Ouro Cidade do México 1975 Lanzamento de disco

TraxectoriaEditar

Powell formou parte en catro ocasións do equipo olímpico estadounidense. Acabou cuarto en 1972, gañou o bronce en 1976,[1] e foi membro do equipo de 1980 que non chegou a competir por mor do boicot olímpico de 1980. Non obstante recibiu unha das 461 medallas de ouro do Congreso creadas especificamente para os deportistas.[4] Posteriormente gañou a medalla de bronce en 1984 nos Ánxeles.

En 2019 foi incluído no National Track and Field Hall of Fame.[5]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Sports Reference". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2009. 
  2. "John Powell". Olympedia. Consultado o 21 de agosto de 2022. 
  3. "Track and Field Statistics: John Powell". trackfield.brinkster.net. Consultado o 20 de agosto de 2022. 
  4. Caroccioli, Tom; Caroccioli, Jerry (2008). Boycott: Stolen Dreams of the 1980 Moscow Olympic Games. Highland Park, IL: New Chapter Press. pp. 243–253. ISBN 978-0942257403. 
  5. "THE YEAR’S BEST ATHLETES, PERFORMANCES AND HALL OF FAME INDUCTEES HONORED AT USATF NIGHT OF LEGENDS". USA Track & Field. 8 de decembro de 2019. Consultado o 20 de agosto de 2022. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar