Eugene, tamén coñecida como Eugene City,[1] é a segunda cidade máis grande do estado de Oregón, e é a capital do condado de Lane.

Eugene, Oregón
Panorama de Eugene.
Localización
País Estados Unidos de América
EstadoOregón
CondadoLane
Xeografía
AltitudeEntre os 131,1 e os 430 msnm
Superficie113,29 km²
Demografía
Poboación156 185 hab. (Censo de 2010)
Densidade1379,3 hab./km²
Outros datos
AlcaldeLucy Vinis (Elixida en 2017)
https://www.eugene-or.gov/

No centro da cidade encóntrase a Universidade de Oregón.

Xeografía Editar

 
En rosa, situación do condado de Lane en Oregón. Arriba, destacado en vermello, o concello de Eugene dentro do condado de Lane.

A cidade está situada ao sur do val Willamette, e a 86 km ao leste da costa de Oregón.

Poboación Editar

En 2010 Eugene tiña unha poboación de 156 185 habitantes.

O concello ocupa unha superficie de 113,29 km², dos que 113,23 corresponden a terra firme e 0,5 ás augas.

A poboación ditribúese nos seguintes grupos étnicos:[2]

  • Brancos, 86,0 %
  • Hispanos, 5,0 %
  • Aisáticos, 3,5 %
  • Negros, 1,2 %
  • Indíxenas, 0,8 %
  • Outros, 3,1 %

Historia Editar

O nome da cidade vén do seu fundador, Eugene Franklin Skinner, que construíu a primeira cabana na zona. O edificio era utilizado como un mercado fronteirizo e unha oficina de correos, despois de que Skinner obtivera a autorización o 8 de xaneiro de 1850. Durante eses anos o asentamento chamámabase Skinner's Mudhole (O Foxo de Lama de Skinner).[3]

Doce anos despois, en 1862, Skinner estableceu a vila de Eugene e dirixía un transbordador no río Willamette, onde hoxe se encontra a ponte da rúa Ferry.

En Eugene vaise celebrar o décimo oitavo Campionato Mundial de Atletismo en 2021, cuxas competicións terán lugar no estadio Hayward Field.

Cidades irmandadas Editar

As cidades irmandadas con Eugene son:[4]

Notas Editar

  1. Geographic Name Information System. Eugene.
  2. 2010 Census Profiles Oregon Cities Alphabetically D‐G Arquivado 23 de agosto de 2018 en Wayback Machine.. Universidade de Portalnd.
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2018. Consultado o 21 de agosto de 2018. 
  4. Portal da administración municipal Arquivado 29 de febreiro de 2012 en Wayback Machine..

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar