Lanzamento de xavelina
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Lanzamento de xavelina | |
Mellores marcas homes | |
Mundial | CZE Jan Železný 98,48 m (1996) |
Olímpico | NOR Andreas Thorkildsen 90,57 m (2004) |
Mellores marcas mulleres | |
Mundial | CZE Barbora Špotáková 72,28 m (2008) |
Olímpico | CUB Osleidys Menéndez 71,53 m (2004) |
O lanzamento de xavelina é unha proba de atletismo que, como o seu nome indica, consiste en lanzar unha xavelina. A xavelina está construída cun material regulamentario de metal ou de fibra de vidro, co obxectivo de que chegue o máis lonxe posíbel. O lanzamento de xavelina forma parte do programa de atletismo dos Xogos Olímpicos da era moderna desde 1908.
Orixe deste deporte
editarTendo en conta que o lanzamento de artefactos de diferentes formas e tamaños para cazar animais a distancia para conseguir sustento remóntase a moitos miles de anos atrás, e que o home desde antigo sempre tivo unha tendencia a medirse cos demais homes para demostrar que era o mellor, pódese supoñer que a exhibición deste tipo de habilidades, lanzar máis lonxe ou con máis puntería, podería ter unha orixe moito máis distante do que mostra a historia escrita.
En concreto, o lanzamento de xavelina como deporte de competición regrado xa se realizaba na antiga Grecia, incluída dentro da proba de péntatlon, nos Xogos Olímpicos da Antigüidade.[1]
O péntatlon era a competición por excelencia dos Xogos Olímpicos.
Incorporouse no ano 708 a. C. e consistía nas cinco probas seguientes:
- Estadio (Στάδιον, Stádion), unha carreira de 180 metros a pé.
- Loita.
- Salto de lonxitude.
- Lanzamento de xavelina.
- Lanzamento de disco.
A técnica para lanzar a xavelina suponse que era diferente á actual, posto que se permitía utilizar tiras de coiro para utilizalas como propulsor, chamadas amentum en latín, e que, acabadas en dous orificios polos que se introducían dous dedos para enrolalas na xavelina, prolongaban a lonxitude do brazo do atleta e, ao mesmo tempo imprimían á xavelina un xiro que a estabilizaba no aire.[2]
Regulamento
editarA xavelina constrúese de acordo cun detallado conxunto de especificacións publicadas pola Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF). A súa lonxitude total, para lanzadoes masculinos, debe ser de polo menos 260 cm, e o seu su peso de polo menos 800 g. Para mulleres é algo máis curta e lixeira: dun mínimo de 220 cm de longo e de 600 g de peso.[1]
A xavelina lánzase desde un corredor dunha lonxitude de 30 m, acabado nun arco de 38 m de radio. O sector de caída está marcado con dous liñas brancas de 45 cm de anchura, de tal modo que se os bordos internos das liñas se prolongasen deberían pasar polas catro interseccións dos bordos interiores do arco e as liñas paralelas que delimitan o corredor de impulso e que se cruzan no punto central do círculo do cal o arco forma parte. O sector terá así 59º aproximadamente.
Para realizar cada intento, o atleta dispón dun minuto. Normalmente, nas probas clasificatorias, cada atleta realiza tres intentos, e os oito atletas con mellor marca válida, ou todos se son oito ou menos, realizan na fase final outros tres intentos en orde inversa á súa mellor marca na clasificación.
A xavelina débes agarrar pola cordame (ou, polo menos, a man do atleta debe tocala), e lanzarse por riba do ombro ou do brazo de lanzar; non se permite lanzala en rotación nin pode o atleta dar as costas ao sector de caída antes de soltar a xavelina; os estilos non clásicos non están autorizados. Se a xavelina rompe no intento ou no aire non se contará como lanzamento nulo; tampouco sa a rotura fai perder o equilibrio ao atleta e provoca que toque fóra do arco; neste caso permitiráselle volver a comezar. Na caída, a punta metálica debe tocar o solo antes que cualquier outra parte da xavelina.
O atleta debe termar da xavelina pola empuñadura situada no seu centro de gravidade e lanzala por riba do ombro e cerca da orella.
En Galicia
editar
Lidia Parada no Campionato de España de 2015. |
Atletas galegos destacados nesta disciplina son:
- Abelardo Moure, coñecido como Ladro, nado na Pobra do Caramiñal en 1979, que foi lanzador de xavelina e, na actualidade, é adestrador de atletas, no pobrense campo da Alta, en Cabío. Entre as atletas que foron, ou son, adestradas por el, destacan campioas do talle de Ana Peleteiro (hoxe dedicada ao triplo salto) e Lidia Parada. A primeira erixiuse en campioa mundial júnior de triplo salto.[3][4]
- A súa pupila a lanzadora Lidia Parada, pobrense coma o seu adestrador, nada o 11 de xuño de 1993, é a actual campioa de España nesta especialidade.[5] Foi campioa galega de lanzamento de xavelina en varias ocasións,[6] e proclamouse tamén campioa de España de categorías de idade en seis veces distintas. Até o de agora, Parada non perdeu nin un só campionato estatal de lanzamento de xavelina.[7]
- Gustavo Dacal, que mantén a mellor marca galega con 78,88 m e dez veces campión de España.
Récords
editar(Actualizado o 10 de xullo de 2018)
Marca (m) | Atleta | País | Lugar | Data | ||
---|---|---|---|---|---|---|
Mundial (WR) | Homes | 98,48 | Jan Železný | República Checa | Jena | 25-05-1996 |
Mulleres | 72,28 | Barbora Špotáková | República Checa | Stuttgart | 13-09-2008 | |
Olímpico (OR) | Homes | 90,57 | Andreas Thorkildsen | Noruega | Pequín | 23-08-2008 |
Mulleres | 71,53 | Osleidys Menéndez | Cuba | Atenas | 27-08-2004 | |
Europeo (ER) | Homes | 98,48 | Jan Železný | República Checa | Jena | 25-05-1996 |
Mulleres | 72,28 | Barbora Špotáková | República Checa | Stuttgart | 13-09-2008 | |
Americano (AM) | Homes | 91,29 | Breaux Greer | Estados Unidos | Indianapolis | 21-06-2007 |
Mulleres | 71,70 | Osleidys Menéndez | Cuba | Helsinqui | 14-08-2005 | |
Africano (AF) | Homes | 92,72 | Julius Yego | Kenya | Pequín | 26-08-2015 |
Mulleres | 69,35 | Sunette Viljoen | Suráfrica | Nova York | 09-06-2012 | |
Asiático (AS) | Homes | 91,36 | Cheng Chao-Tsun | Modelo:TPE | Taipei | 26-08-2017 |
Mulleres | 67,69 | Lü Huihui | China | Halle | 26-05-2018 | |
Oceánico (OC) | Homes | 89,02 | Jarrod Bannister | Australia | Brisbane | 29-02-2008 |
Mulleres | 68,92 | Kathryn Mitchell | Australia | Gold Coast | 11-04-2018 |
Atletas con mellores marcas mundiais
editarPosto | Resultado | Atleta | País | Lugar | Data |
---|---|---|---|---|---|
1 | 98 m 48 cm | Jan Železný | República Checa | Jena | 25-05-1996 |
2 | 94 m 44 cm | Johannes Vetter | Alemaña | Lucerna | 11-07-2017 |
3 | 93 m 90 cm | Thomas Rohler | Alemaña | Doha | 05-05-2017 |
4 | 93 m 09 cm | Aki Parviainen | Finlandia | Kuortane | 26-06-1999 |
5 | 92 m 72 cm | Julius Yego | Kenya | Pequín | 26-08-2015 |
6 | 92 m 61 cm | Serguéi Makárov | Rusia | Sheffield | 30-06-2002 |
7 | 92 m 60 cm | Raymond Hecht | Alemaña | Oslo | 21-06-1995 |
8 | 92 m 06 cm | Andreas Hofmann | Alemaña | Offenburg | 02-06-2018 |
9 | 91 m 69 m | Konstadinós Gatsioúdis | Grecia | Kuortane | 24-06-2000 |
10 | 91 m 59 cm | Andreas Thorkildsen | Noruega | Oslo | 02-06-2006 |
Posto | Resultado | Atleta | País | Lugar | Data |
---|---|---|---|---|---|
1 | 104 m 80 cm | Uwe Hohn | Alemaña Oriental | Brandeburgo | 20-06-1984 |
Ao final dos anos 1950 Miguel de la Quadra-Salcedo logrou unha marca de 112,30 m. Para iso utilizou o chamado "estilo español" ou "estilo Erausquin", técnica creada por Félix Erausquin. Pero a IAAF prohibiu a técnica por ser perigosa para os Xogos Olímpicos de Roma de 1960 e anulou todos os rexistros previos.[9]
Poto | Marca | Atleta | País | Lugar | Data |
---|---|---|---|---|---|
1 | 72 m 28 cm | Barbora Špotáková | República Checa | Stuttgart | 13-09-2008 |
2 | 71 m 99 cm | Maria Abakumova | Rusia | Daegu | 02-09-2011 |
3 | 71 m 70 cm | Osleidys Menéndez | Cuba | Helsinqui | 14-08-2005 |
4 | 70 m 20 cm | Christina Obergföll | Alemaña | Múnic | 23-06-2007 |
5 | 69 m 48 cm | Trine Hattestad | Noruega | Oslo | 28-07-2000 |
6 | 69 m 35 cm | Sunette Viljoen | Suráfrica | Nova York | 09-06-2012 |
7 | 68 m 92 cm | Kathryn Mitchell | Australia | Gold Coast | 11-04-2018 |
8 | 68 m 43 cm | Sara Kolak | Croacia | Lausana | 06-07-2017 |
9 | 68 m 34 cm | Steffi Nerius | Alemaña | Elstal | 31-08-2008 |
10 | 67 m 69 cm | Katharina Molitor | Alemaña | Pequín | 30-08-2015 |
10 | 67 m 69 cm | Lü Huihui | China | Halle | 26-05-2018 |
Medallas olímpicas
editarMulleres
editarMedallas nos Campionatos Mundiais de Atletismo
editarHomes
editarMulleres
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Javelin throw (Lanzamnto de xavelina) na Enciclopedia Británica. consulata o 26 de agosto de 2018 (en inglés).
- ↑ "Lanzamiento de Jabalina". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2008. Consultado o 15 de abril de 2008.
- ↑ "Ana Peleteiro, dobre mellor mellor marca xuvenil en triplo (12.80m e 13.04m)". Real Federación Española de Atletismo. 29 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 26 de agosto de 2018.
- ↑ 14th IAAF World Junior Championships Triple Jump women. Results Arquivado 14 de agosto de 2018 en Wayback Machine..
- ↑ La Voz de Galicia (21 de junio de 2009). "La pobrense Lidia Parada Santos, campeona de España juvenil de lanzamiento de jabalina". Consultado o 17 de setembro de 2013.
- ↑ Lidia Parada se coronó campeona gallega absoluta de jabalina. La Voz de Galicia, 30-03-2011.
- ↑ Lidia Parada y Jessica Rial brillaron en el nacional sub-23. La Voz de Galicia, 2 de xullo de 2013.
- ↑ "All Time Top Lists - Senior Outdoor - Javelin Throw Men". IAAF. Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ "Miguel de la Quadra en Roma". 27 de setembro de 2010. Consultado o 26 de agosto de 2018.
- ↑ "All Time Top Lists - Senior Outdoor - Javelin Throw Women". IAAF. Consultado o 10 de xullo de 2018.
- ↑ Aplicouse a modificación —anterior á celebración destes Xogos Olímpicos— da xavelina, acercando á punta o centro de gravidade desta. Este cambio introduciuse para facer que a xavelina caera antes, xa que se comezaban a realizar marcas que excedían a lonxitude dos campos de caída, co conseguiente perigo. Renovouse o récord olímpico, sendo batido por Jan Železný na calificación cunha marca de 85,90 m, distancia que non superaría na final.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lanzamento de xavelina |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Javelin Throw (Lanzamento de xavelina) na web da IAAF (en inglés).