Unha xavelina é unha lanza deseñada para ser guindada.[1]

Peltasta (soldado da infantaría lixeira tracia) con dúas xavelinas.

Historicamente usouse como arma, empregada polos cazadores prehistóricos para conseguir animais de mediano ou gran tamaño, como os xavarís, e polos guerreiros nas súas batallas, pero na actualidade utilízase case exclusivamente en competicións atléticas.

Historia editar

Na Antigüidade clásica esta arma foi usada por soldados da infantaría lixeira,[2] e o seu emprego continou até tempos moi recentes século XIX.

En moitas sepulturas de guerreiros celtiberos acháronse xavelinas de ferro e, no tapiz de Bayeux se representa unha batalla con xavelinas lanzadas ao aire contra o exército inimigo. Para darlles maior forza de impulso e recuperalas despois de guindalas, atábanse algunhas cunha correa ao soldado, correa que se conoce co nome de "amento" (do latín amentum).[Cómpre referencia]

A xavelina foi case sempre lanzada a man, ao contrario das frechas con arco e as catapultas, que disparaban proxectís mediante a acción dun mecanismo.[3]

Porén, existía dispositivos para axudar ao lanzador do dardo a alcanzar unha maior distancia, xeralmente chamado propulsor.

Na Idade Media, aparatos lanzadores como espringales e béstas usáronse para lanzar xavelinas moi pesadas ou moi longas para poder ser gunidadas por homes.[4]

Tipos antigos de xavelinas editar

  • Arpón: xavelina prehistórica cuxa punta se separaba da hasta cando impactaba na prea. Actualmente o termo refírese a un hasta de ferro con punta dentada, usado para capturar grandes peixes, baleas e cachalotes.
  • Chuzo: lanza curta forte que se disparaba co brazo.
  • Dardo: lanza máis lixeira que un venabre que desde a Idade de Bronce se empregaba como xavelina.
  • Frámea: xavelina cuxa lonxitude non pasaba da estatura dun home.
  • Pilum: lanza usada polos antigos soldados romanos, cuxa punta de ferro separábase ao impactar ao inimigo e se incrustaba parcialmente no seu corpo.
  • Venabre: lanza curta. Era o distintivo do alférez español no século XVI.

Na actualidade editar

Artigo principal: Lanzamento de xavelina.

Na actualidade a xavelina utilízase case exclusivamente en competicións atléticas.

Orixe deste deporte editar

Tendo en conta que o lanzamento de artefactos de diferentes formas e tamaños para cazar animais a distancia para conseguir sustento remóntase a moitos miles de anos atrás, e que o home desde antigo sempre tivo unha tendencia a medirse cos demais homes para demostrar que era o mellor, pódese supoñer que a exhibición deste tipo de habilidades, lanzar máis lonxe ou con máis puntería, podería ter unha orixe moito máis distante do que mostra a historia escrita.

En concreto, o lanzamento de xavelina como deporte de competición regrado xa se realizaba na antiga Grecia, incluída dentro da proba de péntatlon, nos Xogos Olímpicos da Antigüidade e nos Xogos Panhelénicos. O péntatlon era a competición por excelencia dos Xogos Olímpicos. Incorporouse no ano 708 a. C. e consistía nas cinco probas seguientes:

A técnica para lanzar a xavelina suponse que era diferente á actual, posto que se permitía utilizar tiras de coiro para utilizalas como propulsor, chamadas amentum en latín, e que, acabadas en dous orificios polos que se introducían dous dedos para enrolalas na xavelina, prolongaban a lonxitude do brazo do atleta e, ao mesmo tempo imprimían á xavelina un xiro que a estabilizaba no aire.[5]

Notas editar

  1. xavelina no Dicionario da RAG.
  2. Publio Cornelio Tácito: Germania. Capítulo VI: "De origine et situ Germanorum".
  3. Gosse, A. Bothwell (1915). The Civilization of the Ancient Egyptians. T.C. & E.C. Jack (en inglés). p. 24. 
  4. "EgyptianDiamond.com The Guide to the World of Ancient Egyptians". Consultado o 25 de agosto de 2108. 
  5. "Lanzamiento de Jabalina". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2008. Consultado o 15 de abril de 2008. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar