Un propulsor é unha arma de proxección que permite a impulsión de venabres ou azagaias. Os vestixios máis antigos foron atopados en Europa e datados no Paleolítico Superior.[1]

Propulsor Magdaleniano tallado en óso. Mostra unha hiena.
Lanzamento dun dardo coa axuda dun propulsor.

Etnografía editar

 
Propulsor esculpido procedente de Mas d'Azil
 
Principio de utilización do propulsor
 
Esquema de atlatl, propulsor utilizado por amerindios.
 
Esquimó utilizando un propulsor

Un propulsor é un dispositivo que permite acrecentar a velocidade inicial e, polo tanto, o alcance ou a forza de penetración dun proxectil primitivo (dardo, lanza, azagaia etc.). Adoita estar constituído, polo xeral, por un bastón de lonxitude variábel e no que un dos seus cabos ten un gancho. O propulsor prolonga o brazo humano e multiplica a súa forza. Alcances de 90 ou 100 m están testemuñados.

Historia editar

O propulsor está testemuñado en Europa desde o Paleolítico Superior, do Solutreano superior até finais do Magdaleniano. Certas partes de propulsores, fabricados de material óseo ou córneo de animais, estaban ricamente decorados e constitúen obras mestras da arte móbil. A partir do Epipaleolítico os propulsores foron sendo substituídos por arcos e frechas.

O propulsor está aínda hoxe moi difundido entre os pobos contemporáneos de cazadores-recolectores, en especial nos do Ártico, entre os aborixes de Australia e de Nova Guinea (xeralizouse o nome de woomera, propio dos eora, cerca de Sidney) ou entre os Amerindios (é coñecido co nome de átlatl en lingua nahuatl).

Notas editar

  1. Red. Diario de Atapuerca (2006). "Arqueología experimental: Caza con propulsor: Cazando desde la distancia" (PDF). Diario de los yacimientos de la sierra de Atapuerca (Fundación Atapuerca) (9): 11. Consultado o 18 de outubro de 2012.  Ligazón alternativa, revista completa Arquivado 21 de xuño de 2012 en Wayback Machine..

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar