Mecanismo
Chámase mecanismo a un conxunto de sólidos resistentes, móbiles uns respecto doutros, unidos entre si mediante diferentes tipos de unións, chamadas pares cinemáticos (pernos, unións de contacto, pasadores etc.), cuxo propósito é a transmision das máquinas reais, e do seu estudo ocúpase a Teoría de mecanismos.

Baseándose en principios do álxebra lineal e física, créanse esqueletos vectoriais, cos cales fórmanse sistemas de ecuacións. A diferenza dun problema de cinemática ou dinámica básico, un mecanismo non se considera como unha masa puntual e, debido a que os elementos que conforman a un mecanismo presentan combinacións de movementos relativos de rotación e translación, é necesario tomar en conta conceptos como centro de gravidade, momento de inercia, velocidade angular etc.
A maioría de veces un mecanismo pode ser analizado utilizando un enfoque bidimensional, o que reduce o mecanismo a un plano.
En mecanismos máis complexos e, polo tanto, máis realistas, é necesario utilizar unha análise espacial. Un exemplo disto é unha rótula esférica, a cal pode realizar rotacións tridimensionais.
Tipos de mecanismo Editar
- Engrenaxes
- Pistón biela
- Leva
- Mecanismo piñón, serra
- Mecanismos de poleas e correa
- Mecanismos de barras articuladas
- Mecanismos de biela e manivela
- Mecanismo de parafuso/porca
Métodos para analizar un mecanismo Editar
A análise dun mecanismo deberíase facer na seguinte orde:
- Análise de posición dun mecanismo.
- Análise de velocidade dun mecanismo.
- Análise de aceleración dun mecanismo.
- Análise dinámica dun mecanismo.
- Análise de esforzos dun mecanismo.
- Aceleración relativa
- Análise dinámica
- Método da velocidade relativa
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: mecanismos |