Tapiz de Bayeux
O Tapiz de Bayeux, tamén coñecido como o Tapiz da raíña Matilde, e aínda antes como "Telle de Conquest" (por "tea da Conquista") é un bordado (antes "tapiz de puntos con agulla") do século XI, inscrito dende 2007 no rexistro Memoria do mundo pola UNESCO.
Tapiz de Bayeux | |
---|---|
Escena que representa o bispo Odo de Bayeux co bastón (baculum), signo de autoridade, durante a batalla de Hastings, alentando os combatentes. | |
Data | Entre 1066 e 1082 |
Técnica | Bordado |
Dimensións | 50 cm × 6 838 cm |
Localización | Museo do Tapiz de Bayeux (Bayeux) |
Describe feitos acontecidos dende finais do reinado do rei de Inglaterra Eduardo o Confesor en 1064 até a batalla de Hastings en 1066, na que estaba en xogo o trono de Inglaterra, contestado a Harold Godwinson por Guillerme, duque de Normandía. Nel detállanse os eventos principais da batalla; o resultado desta determinou a conquista normanda de Inglaterra,[1] mais case a metade das escenas relatan feitos anteriores á invasión en si mesma.[2] Ao parecer foi encargado por Odo de Bayeux, medio-irmán de Guillerme, e realizado no transcurso dos anos seguintes á conquista.
Aínda que moi favorábel a Guillerme o Conquistador, ata o punto de ser considerado ás veces como unha obra de propaganda, ten un valor documental inestimábel para o coñecemento do século XI normando e inglés. Dá información sobre vestimenta, castelos, navíos e as condicións de vida naquela época. Neste aspecto, constitúe un dos raros exemplares de arte románica profana.
Conservado ata o final do século XVIII no Tesouro da catedral de Bayeux, librouse por pouco da destrución durante a Revolución francesa. Agora pode verse no centro Guillerme o Conquistador[3], enteiramente dedicado a el.
Historia do Tapiz
editarNon hai ningún documento probatorio sobre a súa concepción, nin sobre os trescentos primeiros anos da súa existencia. Algúns expertos pensan ter atopado algunha pegada na obra dun poeta francés, Baudry abade de Bourgueil. En torno ao ano 1100, este compuxo para Adela de Normandía, filla de Guillerme o Conquistador, un poema no que describe un tapiz feito de seda, ouro e prata, e que representa a conquista de Inglaterra[4]. Aínda que o tamaño e os materiais deste tapiz mostran que non se trata do mesmo, e aínda que a existencia do tapiz da condesa Adela está contestada, é evidente que o poema de Baudry se inspira directa ou indirectamente no tapiz de Bayeux.
A mención directa máis antiga do tapiz é un inventario dos bens da catedral de Bayeux, realizado en 1476[5], que menciona a súa existencia e precisa que se colgaba ao redor da nave por uns días cada verán, probabelmente do 1 de xullo (día da festa das Reliquias) até o 14 de xullo (día da Dedicatoria). O costume permaneceu vivo até a Revolución.[5]:
En 1562, uns relixiosos, avisados da inminente chegada dunha tropa de Hugonotes, puxérono en lugar seguro. E fixeron ben, pois a catedral foi saqueada.
A finais do século XVII, o tapiz foi sacado á luz. En 1721, á morte de Nicolas Jean Foucault, un ex-intendente de Normandía e estudoso, descubriuse na súa herdanza un debuxo desprovisto de indicacións, que avivou a curiosidade de Antoine Lancelot (1675-1740) da real Academia de Inscricións e Belas Letras. Confuso, mais convencido de que o debuxo só era unha parte dunha obra de gran tamaño, apelou a Bernard de Montfaucon (1655-1741), historiador e beneditino, quen, en outubro de 1728, volveu encontrar o rastro do tapiz. En 1729, publicou en primeiro lugar o debuxo e a continuación o tapiz completo na súa obra Monuments de la monarchie française. Debemos a Montfaucon o atribuír a obra á raíña Matilde (esposa de Guillerme o Conquistador).
Cando un viaxeiro inglés, Andrew Coltée Ducarel, foi a Bayeux en 1752, e pediu aos sacerdotes ver a obra que relataba a conquista de Inglaterra, estes parecían ignoralo todo da súa existencia. Só cando lles falou da súa exposición anual entenderon de que se trataba. Parece, polo tanto, que naquela época o clero de Bayeux exhibía o tapiz, mais xa non sabía o que representaba.[8]
A Revolución Francesa estivo a piques de acabar co tapiz. En 1792, coa ameaza de invasión de Francia, foi mobilizada a tropa. No momento da saída do continxente de Bayeux, viron que un dos carros cargados con abastecemento non ía cuberto; un participante propuxo cortar o tapiz conservado na catedral para cubrilo.[5] Avisado tardiamente, o comisario de policía, Lambert Leonard Leforestier, chegou aínda así xusto a tempo para impedilo. En 1794, durante unha festa cívica, estivo a piques de ser despezado e transformado en bandeirolas para decorar un carro[9]. A comisión artística creada en 1794 velou máis adiante pola seguridade da obra durante a Revolución.
Con fins propagandísticos contra a Inglaterra que planeaba invadir, Napoleón mandou levalo ao Museo do Louvre, en París, en 1804, onde estivo exposto á admiración da multitude parisiense. Volveu para Bayeux en 1805.
En 1816, a Sociedade de Anticuarios de Londres encargou ao debuxante Charles Stothard a realización dun facsímile do tapiz. Este rematou a tarefa en dous anos, pero non sen roubar de paso un pequeno anaco da obra.
Durante uns corenta anos, o tapiz foi conservado enrolado. Durante cada visita desenrolábase, para despois volvelo enrolar sobre unha máquina formada por dous cilindros, para ensinalo escena por escena. Estas repetidas manipulacións causaban friccións, o que contribuía ao seu desgaste e ameazaban con destruílo. En 1835, as autoridades, finalmente conscientes do seu valor, tomaron medidas para a súa conservación. Dende 1842, o tapiz fíxose accesíbel permanentemente para o público nunha sala da biblioteca de Bayeux, onde foi colgado nunha vitrina. En abril de 1913, creouse o primeiro museo do tapiz no hotel du Doyen, a carón da biblioteca municipal.[10]
En 1885-1886, Elisabeth Wardle, esposa dun rico comerciante, financiou unha copia a tamaño natural, que se encontra en Reading, Inglaterra[11].
O 1 de setembro de 1939, ao comezo da Segunda guerra mundial, as autoridades francesas, tras retirar o tapiz da súa vitrina e enrolalo, póñeno en lugar seguro nun búnker situado nas adegas do hotel do Doyen. O 23 de xuño de 1941, o tapiz é trasladado á abadía de Mondaye. Alí é estudado por científicos alemáns, entre eles Herbert Jankuhn, arqueólogo membro da Ahnenerbe. O 20 de agosto de 1941 reintegra o castelo de Sourches no Sarthe, onde permanece até o 26 de xuño de 1944, cando é transferido ao museo do Louvre por orde do ocupante. Segundo o xeneral von Choltitz, o 21 de agosto de 1944, durante a liberación de París, dous SS presentáronse para informarlle que estaban encargados de levar o tapiz a Alemaña. Mais díxolles o xeneral que o Louvre estaba en poder da Resistencia, e tiveron que marchar sen el.[12] O bordado quedou exposto na galería dos primitivos italianos no outono de 1944, e o 2 de marzo de 1945 foi levado de novo para Bayeux.[10]
O 6 de xuño de 1948 inaugurouse unha nova disposición museográfica que melloraba a presentación do bordado. A disposición, con todo, deixaba moito que desexar: o tapiz estaba cravado no fondo de contrachapado dunha vitrina non estanca, iluminada con tubos fluorescentes. A idea dunha transferencia a unha sala máis axeitada toma corpo en 1977. Tras un estudo do bordado e das formas de conservalo, o antigo seminario maior de Bayeux acolleu a obra mestra a partir de marzo de 1983. O vello seminario pasou a chamarse "Centre Guillaume le Conquérant"[10].
Orixes
editarPatrocinador
editarOdo de Bayeux (medio-irmán de Guillerme o Conquistador e bispo de Bayeux de 1049 a 1097) adoita ser identificado como o patrocinador do Tapiz de Bayeux.[5],[13] A suposición baséase en varios indicios.[14] En primeiro lugar, no tapiz noméanse, fóra dos personaxes históricos (Harold Godwinson, Eduardo o Confesor, Guillerme o Conquistador etc.) e da misteriosa Ælfgyva, só tres persoas: Wadart, Vital e Turold.[14] Estes non se mencionan en ningunha outra fonte contemporánea da batalla de Hastings.[14] E parece que eses homes son todos tenentes de Odo en Kent,[14] sinal de que formaban parte dos homes que Odo levou á batalla. Por outra parte, o tapiz mostra a Harold Godwinson prestando xuramento de fidelidade ao duque Guillerme, sobre santas reliquias, en Bayeux, prometendo axuda para que este consiga o trono inglés.[13],[14] Orderico Vital sitúa o acontecemento en Rouen, e Guillerme de Poitiers en Bonneville-sur-Touques. Ademais, o papel de Odo en Hastings case non se menciona nas fontes non ligadas a Bayeux.[13] A inmensa maioría de historiadores conclúen que Odo é o único en ter os medios financeiros para patrocinar unha obra tan xigantesca, que mencione os seus tenentes e mais as reliquias de Bayeux.[14].
Tamén aparecen ás veces novas teses con respecto ao patrocinador.[6] Segundo unha delas, a raíña Edith, viúva de Eduardo o Confesor e irmá de Harold sería a patrocinadora: o tapiz podería ter sido un medio de afirmar a súa lealdade a Guillerme, e ao mesmo tempo a súa oposición a Harold. Pola súa parte, Andrew Bridgeford inclínase por outro candidato, Eustaquio II, conde de Boulogne, que tamén tiña asuntos que facerse perdoar por Guillerme.[15] Ningunha destas dúas novas teses recibiu a adhesión da comunidade académica.
Lugar de fabricación
editarSe unha maioría de historiadores concordan en pensar que foi efectivamente Odo quen encargou este bordado, a identidade dos bordadores ou bordadoras segue a ser obxecto de debate. Segundo unha lenda que data do seu re-descubrimento no século XVIII, tería sido confeccionado pola raíña Matilde, coa axuda das súas damas de compañía. No século XIX xurdiu a idea que o tapiz fora fabricado nun obradoiro de bordado inglés. A comezos do século XX, dous franceses, un erudito local de Bayeux, Eugène Anquetil, e Albert Levé defenden a tese dunha orixe normanda.[16] Trala publicación en 1957 do ensaio de Francis Wormald, que emprende o estabelecemento dunha ligazón estilística entre o tapiz e as miniaturas do Salterio de Utrecht e os seus avatares anglosaxóns do século XI, [17] a causa parece quedar admitida;[18][19] a inmensa maioría dos investigadores concordan en pensar que o "bordado de Hastings" foi confeccionado en Inglaterra. Subliñan que as bordadoras inglesas gozaban dunha gran reputación no século XI, e así testemuña Guillerme de Poitiers, tamén normando. Despois de Francis Wormald, subliñan tamén as grafías anglosaxoas nas inscricións. En canto ao lugar preciso, segundo os autores, podería ser Winchester, en Hampshire, e máis probabelmente Canterbury, en Kent, na abadía de Saint-Augustin, inmediatamente despois da batalla, e a súa confección tería durado uns dous anos,[20] como demostra a realización, entre 1885 e 1886, dunha copia da obra pola Leek Society, traballo colectivo dunhas corenta bordadoras experimentadas, que necesitaron dezaoito meses para realizar a obra en base a fotografías.[21] Tendo en conta, ademais, que o suposto patrocinador do tapiz, Odo, era benfeitor da abadía, outros argumentos de orde estilístico militan a favor desta hipótese: hai afinidades entre o tapiz e varios manuscritos producidos no scriptorium de Saint-Augustin. Grazas a arquivos sabemos tamén que dous personaxes secundarios, Wadard e Vital, eran tenentes da abadía de Saint-Augustin.
Dous especialistas mostráronse recentemente en contra da teoría inglesa:
- O historiador de arte Wolfgang Grape retomou a tese "normanda". Intenta, en primeiro lugar, refutar os argumentos estilísticos partindo do Salterio de Utrecht e as miniaturas anglosaxoas a favor da tese inglesa. A vivacidade dos personaxes, próxima da dos manuscritos dos anglosaxóns, non o convencen: estima que "a febre anglosaxoa difire do desacougo normando".[22] Tamén dubida de que uns monxes de Canterbury, onde reinaba un clima anti-normando, se prestasen á realización da obra.[22] Analiza finalmente un capitel da catedral de Bayeux, con semellanzas de estilo co tapiz. Extrae a conclusión de que o tapiz é unha obra normanda e, máis especificamente, de Bayeux.[23] A súa teoría está abertamente en reacción en contra do traballo de David Bernstein sobre o tema. Aínda que Grape non convenceu os seus colegas, tivo un efecto estimulante sobre a investigación.
- Segundo o historiador americano George T. Beech, especialista da Idade Media, varios indicios permitirían demostrar que o Tapiz de Bayeux foi realmente deseñado na abadía de Saint-Florent de Saumur, prestixioso obradoiro de produción téxtil dende comezos do século XI. Varios feitos permiten, segundo el, apoiar esta hipótese. Antes de ser abade de Saint-Florent, William Rivallon (fillo de Riwallon de Dol) era o señor de Dol na Bretaña.[24] Porén, varias escenas do tapiz insisten sobre a campaña levada polos normandos na Bretaña, marcada en particular polo cerco de Dol. En segundo lugar, nos anos 1070, a abadía adquire moitos dominios, en Inglaterra e en Normandía, nos que o papel do novo rei de Inglaterra é determinante.[25] A xenerosidade de Guillerme o Conquistador sería un medio para premiar o traballo do taller do mosteiro. Finalmente, algunhas semellanzas artísticas foron destacadas entre o tapiz e as obras do oeste de Francia, no val do Loira e Poitou-Charentes.[26] Con todo, esta suposición só é válida se a abadía de Saumur aloxaba normandos e ingleses, pois os detalles da frota e as técnicas navais non podían ser coñecidos dunha abadía continental, situada nun contexto cultural moi diferente do que eran Normandía e Inglaterra na época. Como Grape, Beech suscitou a atención dos seus compañeiros, deixándoos ao mesmo tempo dubitativos.[27]
Algúns expertos son da opinión de que é un falso debate e que o tapiz é máis ben o produto complexo dun mundo anglo-normando que xurdiu no século XI.[28]
Lugar de destino
editarA identificación do lugar para o que foi concibido foi obxecto de moitos debates. Segundo a versión tradicional, tería atopado o seu lugar na catedral de Bayeux para unha poboación a miúdo analfabeta.[29] Quedaría exposto durante a consagración da catedral o 14 de xullo de 1077. Os partidarios desta versión din que o patrocinador era Odo, bispo de Bayeux. O seu papel na conquista de Inglaterra queda posto en evidencia no tapiz. Bayeux sería tamén o lugar onde Harold presta o xuramento que xoga un papel central na narración. Numerosas obras recentes decántanse aínda así a favor dunha presentación na sala grande dun castelo (aula). Ao ser o tapiz unha obra transportábel, que podía ser enrolada e levada dun castelo a outro, segundo os desprazamentos do seu propietario, esta hipótese é críbel con tal de que as dimensións dunha sala foran axeitadas.[30] Os partidarios desta hipótese argumentan que o tapiz comporta escenas de nudez pouco compatíbeis coa súa exposición nun lugar de culto. Preséntanse outros argumentos, entre outros que a obra está concibida para ser vista ao nivel dos ollos, e iso probabelmente non sería o caso na catedral de Bayeux.[31] Finalmente, outros pensan que a obra podería ter encontrado sitio tanto nunha igrexa coma nun castelo, e circular dun lugar ao outro.
Data de realización
editarA cuestión da datación, por suposto, está intimamente ligada á identidade do patrocinador suposto. Supondo, como pensa a gran maioría dos comentaristas, que se trata de Odo de Bayeux, medio-irmán do rei Guillerme, o obxecto foi probabelmente confeccionado en Inglaterra, entre 1066 e 1082, antes de que Guillerme mandara encarcerar a Odo. Asumindo, como pensan certos autores, que o obxecto fose destinado a ser exhibido nun edificio relixioso, tería sido realizado para a dedicatoria da nova catedral de Bayeux, o 14 de xullo de 1077, e á que asistiron Odo, o rei Guillerme e a raíña Matilde. Máis recentemente, outros especialistas[6] presentaron a hipótese de que a realización do tapiz está ligada a unha conxectura política particular. Nos anos inmediatamente posteriores á conquista, Guillerme pensaba que unha aproximación entre normandos e ingleses era posíbel, o que permite explicar os episodios do tapiz que presentan a Harold máis ben favorabelmente, sen contar unhas inscricións como Harold rex Anglorum. A situación mudou por completo despois das revoltas de 1069-1070: unha feroz represión abateuse sobre os ingleses e xa non había razóns para ser indulxente con Harold. Se seguimos esta argumentación, habería que datar o tapiz nos anos 1067-1069.
Presentación
editarExecutado "con puntos de agulla", o Tapiz de Bayeux non é, estritamente falando, un tapiz, senón un bordado (antigamente chamado "tapiz de puntos de agulla")[32],[33],[34],[35] executado sobre liño branqueado.[36]
O traballo foi realizado con fíos de la de dez cores diferentes (e non oito como se pensou antes da súa análise en profundidade na tempada 1982-83), obtidas a partir de tres colorantes vexetais: rubia tinctorum, reseda luteola e índigo.[37] As cores sufriron pouco pola exposición á luz, con toda probabilidade porque o tapiz non foi exposto permanentemente.
Catro puntos de bordado (e non dous, como se pensaba anteriormente) foron usados para facer o tapiz. Os dous principais son o punto de tallo (para as inscricións e os contornos dos personaxes e obxectos) e o punto de recheo, tamén coñecido como punto de Bayeux, para cubrir superficies. As peritaxes de 1982-83 permitiron identificar tamén o punto de cadeneta e o punto de división no bordado de orixe[38].
O bordado está composto de nove paneis (e non oito, como se pensou anteriormente ao estudo científico de 1982-83) de liño montados nunha única peza dunha lonxitude de 68,38 metros e largo duns 50 centímetros.[39],[40]
Os paneis son todos de diferente lonxitude (13,70 m, 13,90 m, 8,19 m, 7,725 m, 5,52 m, 7,125 m, 7,19 m, 2,8 m e 2,43 m) e as costuras son practicamente invisíbeis. Cada escena leva o seu comentario en latín. Hai que precisar que o bordado está amputado, perdeuse o final, mais segundo todos os historiadores debía terminarse polo coroamento de Guillerme o Conquistador. Simone Bertrand fixo o reconto[41] de 636 personaxes, 202 cabalos e mulas, 55 cans, 505 animais de todo tipo, 37 edificios, 41 navíos e barcas, 49 árbores. En total, 1.515 suxeitos varios, unha mina de información sobre o século XI.
O estudo de 1982-83 revelou que o pano de liño foi obxecto de 518 parches en diferentes momentos da súa longa existencia. O bordado en si, con todo, foi restaurado só unha vez nunha data difícil de determinar, seguramente despois da chegada dos colorantes sintéticos, na década de 1860, xa que os restauradores usaron dezasete, que resistiron peor aos estragos do tempo que os de orixe.[42] En xeral, esta restauración foi respectuosa coa obra, excepto na escena 58.
Banda narrativa e contido histórico
editarO bordado reflicte o punto de vista normando da historia. É unha obra didáctica que pretende amosar ao pobo a lexitimidade da invasión de Guillerme, a lexitimidade dos seus dereitos ao trono e o castigo xusto que soportou Harold,[5] representado como un malandrín, perxuro, renegando dun xuramento sagrado (escena 23). O tapiz, polo tanto, é unha narración moralizante, que mostra o triunfo do ben (o bo duque Guillerme) sobre o Mal (encarnado polo mal rei Harold).[5] O comentario é mudo sobre a natureza deste xuramento, mais autores normandos, especialmente Guillerme de Poitiers (ca. 1074) informa: trátase de que Harold xure que ía respectar a vontade de Eduardo de legar a Guillerme a coroa de Inglaterra, e o inglés tiña que prestar un xuramento de vasalo: as súas terras son cedidas a Guillerme[43] (Gesta Guillelmi). É xeralmente aceptado que este xuramento tivo lugar, pero que puido talvez haber engano, xa que Harold tería afirmado que non sabía que houbera santas reliquias debaixo do libro no que xurou. O argumento aparece no Roman de Rou de Wace, o único en embelecer así o relato, mais a crónica do mosteiro de Hyde di exactamente o contrario[44]. Lucien Musset confirma que Harold non podía ignorar o valor do xuramento.[45]
Con todo, o tapiz tamén deixa un pouco de espazo ao punto de vista inglés. Harold, o perxuro, é homenaxeado no inicio do bordado: podemos velo orar a Deus en Bosham antes da súa partida para o continente (escena 3); rescata dous normandos do Couesnon (escena 18); e a súa coroación mostra que é un rei lexítimo e as inscricións durante a batalla mostran a súa dignidade como rei. Así, o tapiz, impoñendo o punto de vista xeral normando, permite unha lectura plural, inglesa ou normanda, en canto a aspectos secundarios.
A primeira metade do bordado relata as aventuras do conde Harold Godwinson, cuñado do rei Eduardo o Confesor; a súa nave arribou despois dun naufraxio ou unha tempestade nas terras do conde Guy de Ponthieu (na Somme actual) en 1064. Foi capturado por Guy, quen planeaba pedir rescate para liberalo. Unha escena mostra Harold en negociacións con Guy de Ponthieu. Están observados por un personaxe oculto detrás dun piar. Segundo unha interpretación, podería tratarse dun espía do duque Guillerme.[46] En calquera caso, na seguinte escena, dous normandos preséntanse no castelo de Guy. Guillerme esixiu de Guy que lle entregara a Harold, e así foi. Varias escenas están dedicadas á expedición do duque Guillerme contra o duque Conan II da Bretaña (escenas 16 a 20). Ao final desta expedición, Guillerme dá armas a Harold. Lucien Musset lembra que esta escena foi moitas veces interpretada como unha das primeiras representacións de alcumado, mais prefire velo como un simple recoñecemento de Guillerme aos servizos prestados por Harold na Bretaña.[47] P. Bouet e F. Neveux rexeitan absolutamente a idea de que era un episodio de alcumado.[48] A continuación, van a Bayeux, onde Harold xura, sobre dous relicarios a Guillerme, o apoio á sucesión de Eduardo ao trono de Inglaterra. Volveu máis adiante sobre esa promesa, o que lle valeu a excomuñón polo papa. O bordado mostra despois a Harold de regreso a Inglaterra, aclamado rei tras a morte de Eduardo.
O bordado contén unha representación dun cometa, identificado co cometa Halley, visíbel en Inglaterra a finais de abril de 1066. Esta identificación está enteiramente xustificada, pois o debuxo do cometa está situado, nesta orla, nunha data compatíbel con ese fenómeno astronómico. Esta representación aparece, en efecto, entre a escena da coroación de Harold (xaneiro 1066) e o anuncio que se lle fai dunha ameaza de invasión pola frota normanda: a agrupación realízase dende comezos de agosto de 1066, na desembocadura do Dives e nos portos próximos.[49] Baudry de Bourgueil fala extensamente deste evento, que corresponde perfectamente ao tapiz, a semellanza do que din outros letrados da época:[50]
Observámolo máis de dez veces, brillaba máis que todas as estrelas; se non estivese alongada, sería como outra lúa; levaba detrás unha longa cabeleira; os antigos están estupefactos e declaran que anuncia grandes cousas, as nais golpéanse o peito, mais ignórase en xeral o que anuncia e cada un interprétao ao seu xeito.
A continuación, o bordado mostra, cun gran luxo de detalles (tres escenas: 35 a 37) os preparativos de Guillerme para a súa invasión de Inglaterra levada a cabo na noite do 27 ao 28 de setembro de 1066. A escena 38 mostra a travesía da canle da Mancha pola frota normanda. No centro da escena vese claramente o navío de Guillerme, coa popa ornada cunha figura. A existencia dese barco, o Mora, fretado pola raíña Matilde, chegou ao noso coñecemento por un texto anónimo, a Liste des navires.[51] Nese documento, o pequeno personaxe aparece, así e todo, na proa do navío. O texto sinala que os navíos se dirixen cara Pevensey. Hoxe esta poboación encóntrase no interior das terras, mais no século XI quedaba no fondo dunha ría. O bordado continúa coas representacións do desembarco, a instalación dos normandos, e a batalla de Hastings do 14 de outubro.
Segundo unha tradición ben estabelecida, con base nas fontes do segundo cuarto do século XII, Harold morreu por unha frecha no ollo. Suponse que o tapiz acepta esta versión. A escena 57 mostra un home en pé, coa cabeza rodeada coa inscrición Harold, retirando unha frecha cravada por debaixo do seu casco. Á súa dereita un cabaleiro normando golpea coa espada a coxa dun home caendo. Está admitido que se trata de dous episodios da morte de Harold, descrita por Henri de Huntingdon e Guillerme de Malmesbury. O historiador Martin K. Foys lembra que a frecha forma parte de "restauracións" baseadas no facsímile de Charles Stothard, que mostra unha frecha, mais por riba do casco. Se examinamos os debuxos realizados no século XVIII, vemos un home sostendo na man unha lanza. Segundo Foys, o home ferido de frecha non sería Harold senón un soldado inglés e só a segunda parte da escena representa a Harold, o que corresponde mellor á versión dunha fonte probabelmente contemporánea da batalla de Hastings, o Carmen de Hastingae Proelio de Guy d'Amiens (ca. 1068-70), que relata que catro normandos atacaron a Harold con espada e lanza.[52]
Orlas
editarArriba e abaixo da banda narrativa central encóntranse orlas de preto de 7 cm de altura. Están delimitadas por unha fina liña bordada a punto de tallo. Están cortadas por trazos oblicuos, simples ou dobres, que enmarcan motivos diversos: animais reais, salvaxes ou domésticos, criaturas fantásticas, escenas inspiradas en fábulas antigas, actividades agrícolas, escenas de nudez… A partir do medio da escena 53, a orla inferior está invadida polos cadros de horror que acompañan unha batalla: cadáveres, nalgúns casos desmembrados ou decapitados, armas esparexidas, corpos despoxados da súa armadura, dous homes disputándose un escudo… No medio do caos, pequenos arqueiros lanzan frechas cara a banda narrativa central.
Para unha minoría de autores como Wolfgang Grape ou Carola Hicks, os elementos (animais fantásticos, salvaxes ou domésticos, fábulas, espigas) que figuran nas partes superior e inferior do bordado non parecen ter nada que ver coa historia principal. Así, podemos ver, por exemplo, na parte inferior do tapiz, unha escena do corvo e o raposo de Esopo recuperada por Phaedra, que só tería un papel decorativo. Con todo, a gran maioría dos especialistas pensan que hai conexións entre as orlas e a banda principal. David Bernstein[53] e Daniel Terkla fixeron a demostración. Pero hai algún debate sobre o punto de vista reflectido pola fábula. R. Wissolik e D. Bernstein interpretaron estas fábulas como un comentario anglo-saxón de carácter moral. Para Bard McNulty ou D. Terkla, trátase dunha paráfrase que apoia o punto de vista normando. Para outros historiadores da arte, como Denis Bruna, os debuxos (animais, escenas eróticas, fábulas...) contidos nestes frisos terían un efecto apotropaico, é dicir, un papel de protección ou amuleto.
Unha viñeta da orla inferior suscitou moitos interrogantes: debaixo da escena 33, que representa a Harold moi atento ás novas que lle trae un mensaxeiro, aparecen cinco navíos sen remos, velas nin tripulación. Suxeriuse unha ligazón co contido da mensaxe da imaxe principal, unha invasión do país, trátese de noruegueses que atacaron de feito ao norte de Inglaterra, ou de normandos.[54]
Ao final do bordado, cando a batalla entre Guillerme e Harold está no seu apoxeo (escena 51 e seguintes), os motivos decorativos do friso inferior desaparecen,[55] e o friso énchese de cadáveres e escudos, armas caídas no chan, como se ese "desbordamento" quixera traducir a furia dos combates, imposíbel de conter na área central do tapiz. Excepto para as escenas 55 e 56 onde os arqueiros, que xogaron un papel decisivo[56] durante a batalla, invaden o bordo inferior e as frechas crávanse nos escudos dos saxóns.[57]
A escena 38, que describe a travesía da Canle da frota de Guillerme, presenta outro "desbordamento": a marxe superior está enteiramente ocupada pola parte superior dos navíos. Este procedemento podería ser unha forma de facer sentir ao espectador a inmensidade do mar e a enormidade do evento.[58] O mesmo proceso aparece na escena 5, que representa a travesía da Canle por Harold.
Inscricións latinas e tradución
editarTradicionalmente, a descrición do tapiz está baseada na "banda numerada", enriba da parte bordada, orixinalmente destinada a colgar a obra. Sobre esta banda figuran grandes números a tinta, que delimitan unhas 58 "escenas". Este sistema de referencia non satisfae os investigadores do século XXI, que lle reprochan a súa falta de precisión,[59] pero que seguen a utilizarse por mor da ausencia dunha mellor.
O texto latín está redactado na maioría dos casos con capitais romanas, moito menos con unciais, sen que se poida detectar algún tipo de sistematización.[60] Contén algunhas grafías tipicamente anglosaxoas: o Æ que aparece nalgúns nomes propios (ÆLFGYVA e PEVENESÆ) así como no nome GYR. O W escríbese con dous V.[61] Entre os signos de puntuación do texto, o máis frecuente está formado por dous puntos superpostos; serve para separar as palabras.[47] Un signo formado por tres puntos superpostos aparece menos. Un signo só aparece dúas veces (escenas 12 e 38): unha cruz, que en principio indica o comezo dun texto. No caso da escena 38 a cruz correspóndese cunha costura, introducindo a hipótese de que un obradoiro diferente tería comezado o seu traballo nese lugar. A escena 12, aínda así, non corresponde a costura ningunha.[62]
As inscricións están bordadas en negro até a escena 42. A continuación, as letras ou grupos de letras son alternativamente en vermello e negro. Dende a escena 52, atopamos negro e amarelo, así como algunhas letras vermellas. Na escena 57 aparece o verde.[63]
As inscricións son xeralmente simples e ao alcance dunha persoa con coñecementos de latín básico: algunhas teñen só un nome dunha persoa ou dun lugar, a maioría son frases que indican onde a acción ten lugar, comezando coa palabra hic (aquí) ou ubi (onde). Algunhas palabras latinas indican unha orixe continental (caballi, parabolant...)[64]. Palabras raras, con todo, teñen forma anglosaxoa, como ceastra, onde é de esperar castra.[65]
Nᵒ da |
Texto latín | Tradución |
---|---|---|
Escenas 1–6: Viaxe de Harold en Normandía | ||
1 | EDVVARD RЄX : | O Rei Eduardo |
2 | VBI : hAROLD DVX : ANGLORVM : ETSVIMILITЄS :- ЄQVITANT :- AD BOS hAM : | Onde Harold, Duque dos ingleses e os seus soldados cabalgan cara a Bosham. |
3 | ЄCCLЄSIÃ : | A igrexa |
4 | HIC hAROLD :- MARЄ NAVIGAVIT : | Aquí Harold cruza o mar |
5 | ET VЄLIS VЄNTO : PLЄNIS VЄ==NIT : INTERRÃ : VVIDONIS COMITIS | E as velas inchadas polo vento atraca nas terras do Conde Guy |
6 | HAROLD :, | Harold |
7 | hIC : APRЄhЄNDIT : VVIDO : HAROLDṼ[66] : | Aquí Guy agarra a Harold |
Escenas 7–17: Captura de Harold e encontro con Guillerme | ||
8 | ЄTDVXIT : EVM ADBЄL RЄM : ET IBI ЄVM : TENVIT : | E lévao a Beaurainville e reteno alí |
9 | VBI : hAROLD: ɭ VVIDO : PARABOLANT : | Aquí Harold e Guy conversan |
10 | VBI : NVNTII : VVILLELMI : DVCIS : VENERVNT : AD VVIDONЄ | Onde os mensaxeiros do Duque Guillerme van onde Guy |
TVROLD | Turold[67] | |
11 | NVNTII : VVILLELMI | Os mensaxeiros de Guillerme |
12 | †HIC VENIT : NVNTIVS : AD WILGЄLMVM DVCEM | Aquí un mensaxeiro vai onde o Duque Guillerme |
13 | HIC : WIDO : AD DVXIT hAROLDVM ADVVILGЄLMVM : NORMANNORVM : DVCЄM | Aquí Guy leva a Harold ata Guillerme Duque dos normandos |
14 | HIC : DVX : VVILGELM :- CVM hAROLDO : VЄNIT - AD PALATIṼ SVṼ | Aquí o Duque Guillerme chega ao seu palacio con Harold |
15 | VBI : VNVS : CLЄRICVS : ЄT ÆLFGYVA | Onde un sacerdote e Ælfgyva |
16 | HIC VVILLEM : DVX : ЄT ЄXЄRCITVS : EIVS : VЄNЄRVNT : ADMONTЄ MIChAЄLIS | Aquí o Duque Guillerme e o seu exército chega ao Monte (St) Michel |
17 | ЄT HIC : TRANSIЄRVNT : FLVMЄN : COSNONIS : | E aquí atravesan o río Couesnon |
HIC : hAROLD : DVX : TRAhЄBAT : ЄOS : DЄARЄNA | Aquí o Duque Harold bótaos fóra da area | |
18 | ЄTVЄNЄRVNT AD DOL : ЄT : CONAN :- FVGA VЄR TIT :- RЄDNЄS | E chegan a Dol e Conan foxe a Rennes |
Escena 18–24: Campaña contra Conan na Bretaña; xuramento de Harold | ||
19 | hIC MILITЄS VVILLЄLMI : DVCIS : PVGNANT : CONTRA DINANTЄS :- | Aquí os soldados de Guillerme combaten contra os Dinannais |
20 | ET : CVNAN : CLAVЄS : PORRЄXIT :- | E Conan entrégalles as chaves (da cidade) |
21 | hIC : VVILLЄLM : DЄDIT : hAROLDO : ARMA | Aquí Guillerme arma Harold cabaleiro |
22 | hIЄ[68] VVILLELM VЄNIT : BAGIAS | Aquí Guillerme chega a Bayeux |
23 | VBI Harold : SACRAMЄNTVM : FECIT :- VVILLELMO DVCI :- | Onde Harold presta xuramento ao Duque Guillerme |
24 | hIC HAROLD : DVX :- RЄVERSVS : EST ADANGLICAM : TERRAM :- | Aquí o Duque Harold volve a Inglaterra |
25 | ET VЄNIT : AD : EDVVARDVM REGE M :- | E vai encontrarse co Rei Eduardo |
Escenas 25–34: A morte do rei Eduardo; coroación de Harold | ||
26 | hIC PORTA TVR : CORPVS : EADVVARDI : RЄGIS : AD : ЄCCLЄSIAM : SCI PETRI APLÎ | Aquí os restos do Rei Eduardo son levados á igrexa St Pierre l'Apôtre |
27 | hIC EADVVARDVS : REX INLЄCTO ALLOQVIT : FIDE LES | Aquí o Rei Eduardo no seu leito fala cos seus familiares |
28 | ET HIC : DЄFVNCTVS ЄST | E aquí está morto |
29 | hIC DEDERVNT : hAROLDO : CORO NÃ : REGIS | Aquí deron a Harold a coroa de Rei |
30 | hIC RЄSIDET hAROLD RЄX AN GLORVM : | Aquí reina Harold, rei dos ingleses |
31 | STIGANT ARChI EṔS | O arcebispo Stigand |
32 | ISTI MIRANT[69] STELLÃ | Observan unha estrela |
33 | hAROLD | Harold |
34 | hIC : NAVIS : ANGLI CA : VЄNIT. INTЄR RAM VWILLELMI : DV CIS | Aquí un navío inglés aporta nas terras o Duque Guillerme |
Escenas 34–43: Preparatos da invación; desembarco; razzia; banquete | ||
35 | HIC : VVILLЄLM DVX : IVSSIT NAVЄS EDI FICARE : | Aquí o Duque Guillerme deu a orde de construír navíos |
36 | hIC TRAhVNT : NAVЄS ADM A RЄ | Aquí arrastran os navíos ao mar |
37 | ISTI PORTANT : ARMAS : ADNAVЄS : ЄT hIC TRAhVNT : CARRVM CVMVINO : ETARM IS | Levan armas aos navíos e aquí arrastran un carro con viño e armas |
38 | †hIC : VVILLELM : DVX INMAGNO : NAVIGIO : MARЄ TRAN SIVIT ET VENIT ADPЄVЄNЄSÆ :- | Aquí o Duque Guillerme atravesa o mar nun gran navío e chega a Pevensey |
39 | hIC ЄXЄVNT. CABALLI DENAVIBVS :- | Aquí os cabalos saen dos navíos |
40 | ЄT hIC : MILITЄS FESTINA VERV NT : hЄSTINGÃ : VT CIBVM RAPERENTVR : | E aquí os soldados apresúranse cara a Hastings na procura de víveres |
41 | HIC : EST : VVAD ARD : | Velaquí Wadard |
42 | hIC : COQVI TVR : CARO ET hIC. MINISTRAVЄRVNT MINISTRI | Aquí prepáranse as viandas e aquí ataréfanse os servidores |
43 | hICFECЄRVNT : PRANDIVM : ET. hIC. EPISCOPVS : CIBṼ : ET : POTṼ : BE NE DICIT. | Aquí prepararon a comida e aquí o bispo bendice os alimentos e a bebida |
44 | ODO : EPS : VVILLEM : ROTBERT :- | O bispo Odon, Guillerme, Robert |
Escenas 44–51: Os traballadores actívanse para fortificaren o campamento; haranga de Guillerme ás súas tropas | ||
45 | ISTE. IVSSIT. VT FO DERЄTVR : CASTELLVM AD HESTENG CEASTRA | Mandou edificar unha fortificación ao redor do campamento de Hastings |
46 | HIC NVNTIATVM EST : VVILLELM DEHARO LD : | Aquí lévanlle a Guillerme novas de Harold |
47 | hIC DOMVS : INCENDITVR : | Aquí unha casa é incendiada |
48 | hIC : MILITES : EXIERVNT : DEhESTENGA : ET : VENERVNT AD PRЄLIVM : CONTRA : hAROLDVM : REGЄ | Aquí os soldados saíron de Hastings e marcharon para o combate contra o rei Harold |
49 | HIC : VVILLELM : DVX INTERROGAT : VITAL : SIVI DISSЄT HAROLDI EXER CITṼ | Aquí o Duque Guillerme pregunta a Vital se veu o exército de Harold |
50 | ISTE NVNTIAT : HAROLDVM RЄGÊ DEEXERCITV VVILELMI DVCIS | Este informa o Rei Harold sobre o exército de Guillerme |
51 | HIC VVILLELM : DVX ALLOQVITVR : SVIS : MILITIBVS : VT : PREPARARENT SE : VI RILITER ET SAPIENTER : ADPRELIVM : CONTRA : ANGLORVM EXERCITŨ : | Aquí o Duque Guillerme exhorta os seus soldados a preparárense con valor e sabedoría para o combate contra o exército inglés |
Escenas 51–58: Batalla de Hastings e morte de Harold | ||
52 | hIC CЄCIDЄRVNT LEVVINE ЄT : GYRÐ FRATRES : hAROLDI REGIS : | Aquí morren Léofwine e Gyrth, irmáns do Rei Harold |
53 | hIC CЄCIDERVNT SIMVL : ANGLI ЄT FRANCI : INPRELIO :- | Aquí ingleses e franceses morren xuntos en combate |
54 | HIC. ODO EṔS BACVLṼ[70] TЄNЄNS CONFOR TAT PVE ROS | Aquí o bispo Odo, sostendo un bastón, alenta os mozos |
55 | hIC EST VVILLELM DVX E IVS[71] | Velaquí o Duque Guillerme. Eustaquio |
56 | hIC FRANCI PVGNANT ETCЄCI DЄ RVNT QVI ЄRANT : CVM hAROLDO :- | Aquí os franceses combaten e os que estaban con Harold fenecen |
57 | hIC Harold : REX :- INTERFЄC TVS: EST | Aquí o rei Harold é matado |
58 | [ET FVGA : VERTERVNT ANGLI] | [e os ingleses fuxiron] |
Outras contribucións
editarO bordado tráenos un importante coñecemento sobre feitos históricos dos que temos poucos datos.[72] Proporciona nova información sobre os elementos da expedición de Bretaña, sobre o lugar do xuramento, sobre o lugar dos irmáns de Guillerme na conquista ou tamén sobre Odo, un bispo, que participou nos combates (o seu status como señor feudal obrigábao a axudar o seu suzerán, o seu status como prelado prohibíalle derramar sangue, por iso o uso da vara como arma). Sen o tapiz, moitos destes elementos serían aínda hoxe descoñecidos.[73] A presentación do bordado, en forma de imaxes, permitiu ao longo dos séculos un acceso a todos cando poucos sabían ler.
O bordado tamén ten un valor inestimábel en canto aos coñecementos da vida da época; primeiro nas técnicas de bordado no século XI, en particular a aparición do que dende entón se deu en chamar o punto de Bayeux; tamén sobre numerosas técnicas da época, xa que aparecen construcións de castelo de mota ou de barcos. Figuran tamén vistas da corte de Guillerme, do interior do castelo de Eduardo en Westminster, así como da abadía de Westminster, terminada en 1065.
As numerosas representacións de homes de armas permiten facernos unha idea do seu equipamento. A maioría levaban cotas –e non cotas de mallas como se pensou durante moito tempo. Encontramos aproximadamente 200 sobre o modelo dos soldados de a pé, mais sería impensábel para a cabalaría,[74] e especialmente caro.[75],[76] Quedan tamén ben visíbeis sinais distintivos nos escudos, que non son heráldicos, descoñecidos nesas datas,[77],[78] mais tiñan a súa utilidade ao estaren as caras recubertas polos cascos. Obsérvase tamén que o corte de pelo dos protagonistas varía segundo a nacionalidade: os ingleses levan o pelo curto e mostachos, e os normandos e os seus aliados franceses levan o cocote rasurado.[77],[79] Entre as armas ofensivas que aparecen no tapiz, unha das máis características é un machado de mango longo con folla ancha e cóncava. De orixe escandinava,[80] manexábana coas dúas mans os soldados de infantaría ingleses, pertencentes ao grupo de elite dos huscarles. Na escena 53 un guerreiro inglés úsao para fender o cranio do cabalo dun normando. Á súa esquerda outro normando cortou o mango do machado do seu contrincante.
O tapiz constitúe tamén unha fonte de información sobre a historia económica da Idade Media. No bordo inferior da escena 10, varios pequenos cadros ilustran os cambios nas prácticas agrícolas no século XI, que se trate do uso do arado, a grade ou da coleira que permite a un cabalo tirar dun apeiro agrícola.
O tapiz representa unha fonte documental especialmente importante no campo da navegación e da construción naval no século XI. Tanto os barcos normandos como os ingleses son de tradición escandinava: de forma afiada e de baixo calado. Están xeralmente decorados con figuras de proa e popa. Están construídos con casco trincado e teñen dous modos de propulsión: unha vela cadrada e remos, que rara vez vemos usados, mais os buratos de remos están representados nun gran número de exemplares. O piloto manobra o barco mediante un temón lateral. Unha vez o barco arrastrado a terra, o mastro e as figuras de proa e de popa desmóntanse. Algúns navíos teñen escudos fixados nas amuras. Por razóns descoñecidas, os barcos ingleses distínguense dos normandos por un entalle no casco.
Autenticidade
editarEn 1990, o Británico Robert Chenciner, un experto en tecidos antigos, pon en dúbida a autenticidade do tapiz de Bayeux. Os espetos e a grella medieval, representados no bordado, parécenlle estar inspirados nun método de cocción máis oriental que normando: este tería aparecido en Francia só no século XVIII. Para Chenciner, este non é o orixinal, senón unha reprodución, datada talvez nos séculos XVII/XVIII, mesmo do XIX.[81],[82]
A posteridade
editarReconstitución histórica
editarUnha reconstitución a tamaño da batalla de Hastings foi realizada en outubro de 2006[83] con motivo do 940 aniversario da batalla.
Entre 2013 e 2014, os habitantes da illa anglo-normanda de Aurigny tecen o "epílogo" do bordado, no que o príncipe Carlos de Inglaterra tamén participou[84].
Banda deseñada
editarDende a publicación, en 1969, do libro de Gérard Blanchard, La Bande dessinée, histoire des images de la préhistoire à nos jours (A banda deseñada, historia das imaxes dende a prehistoria ata os nosos días[85], o tapiz de Bayeux é regularmente citado por historiadores e críticos como o antecesor da banda deseñada, do cinema ou do cinema de animación.
Cinema e animación
editarO historiador François de la Bretèque[86] mostrou como aparecía con regularidade, en forma de homenaxe, en créditos de películas de temática medieval como The Vikings por Richard Fleischer (1956), A Canción de Roland por Frank Cassenti (1978), ou Robin hood, príncipe dos ladróns de Kevin Reinolds (1991).
O director xaponés de cinema de animación Isao Takahata aplicou a análise fílmica á descodificación dalgunhas secuencias no contexto dun libro e dunha exposición presentada en 2011 no Museo de Bayeux.[87]
As ligazóns do tapiz de Bayeux con películas de debuxos animados foron investigadas por Jean-Baptiste Garnero e Xavier Kawa-Topor,[88] dende o proxecto de película de Émile Cohl A Conquista de Inglaterra (1937) ata o Tolo do rei de Paul Grimault (1988) pasando por Nausicaä de Hayao Miyazaki (1985).
Unha versión animada do tapiz foi montada no marco do proxecto de estudante do Goldsmiths College por David Newton e Marc Sylvan.[89]
A película de Julie Lopes-Curval Le Beau Monde fai do tapiz un motivo que inspira a heroína, unha estudante dunha famosa escola de bordados.
Un desvío do tapiz é usado nun episodio dos Simpsons (Un por todos, todos para Wiggum, da tempada 19, episodio 10) para ilustrar a rivalidade entre as familias Flanders e Simpsons.
Literatura
editar- M.-F. Le Clainche, D. Morel, Les Brodeuses de l'Histoire, novela histórica, Rennes, Francia, Coop Breizh, 2006,
- Goetz, Adrien (2007). Intrigue à l'anglaise. Grasset. ISBN 978-2-246-72391-2.
Notas
editar- ↑ Escenas 51 e seguintes.
- ↑ O desembarco, escena 38.
- ↑ Sitio oficial do tapiz de Bayeux.
- ↑ Neveux 1995, p. 10.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Neveux 1995, p. 7.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Bouet & Neveux 2013, p. 205.
- ↑ A cita orixinal está en francés antigo: Ítem, une tente très longue et estroicte de telle, à broderye de ymages et escripteaulx, faisans représentacion du conquest d'Angleterre, laquelle est tendue environ la nef de l'église pendant le jour et par les octabes des Reliques."'
- ↑ Bernard Gildas, « Les pérégrinations de la tapisserie de Bayeux» en Cahier des Annales de Normandie, 1992. Recueil d'études offert à Gabriel Désert.
- ↑ Hicks 2006, p. 92.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Sitio oficial do tapiz de Bayeux.
- ↑ Todo o historial do tapiz está sacado de: Andrew Bridgeford, 1066, l'histoire secrète de la tapisserie de Bayeux (trad. Béatrice Vierne), édition du Rocher, col. «Anatolia», 2004, ISBN 2-268-05528-0, p. 386, p. 35-57.
- ↑ Bridgeford 2005, p. 54-55.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 David R. Bates, « The Character and Career of Odo, Bishop of Bayeux (1049/50-1097) », en Speculum, vol. 50, (1975)
- ↑ 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 N. P. Brooks, H. E. Walker, « The authority and Interpretation of the Bayeux Tapestry », en Anglo-Norman Studies I: Proceedings of the Battle Conference 1978, editores R. Allen Brown & Marjorie Chibnall, publicado por Boydell & Brewer, 1979, 1-34.
- ↑ Bridgeford 2005, p. 338.
- ↑ François Neveux, Les grands débats concernant la tapisserie (XIXe-XXe siècle) en: Bouet, Levy & Neveux 2004, p. 20.
- ↑ Francis Wormald, La conception artistique en Stenton 1957, p. 27-30.
- ↑ Carson Pastan, White & Gilbert 2014, p. 65.
- ↑ François Neveux, Les grands débats concernant la tapisserie (XIXe-XXe siècle) en: Bouet, Levy & Neveux 2004, p. 22.
- ↑ Musset 2002.
- ↑ Carson Pastan, White & Gilbert 2014, p. 19.
- ↑ 22,0 22,1 Grape 1994, p. 46.
- ↑ Grape 1994, p. 54.
- ↑ Beech 2005, p. 94.
- ↑ Beech 2005, p. 92.
- ↑ Beech 2005, p. 93.
- ↑ H-France Review Vol. 6 (novembro de 2006), No. 142, George Beech, Was the Bayeux Tapestry Made in France? The Case for St. Florent of Saumur, Review by Shirley Ann Brown, York University, Toronto.
- ↑ Gameson 1997, p. 163.
- ↑ Neveux 1995, p. 14: Os comentarios
permitían aos espectadores letrados comprender á perfección o sentido da obra e explicala, se preciso, aos analfabetas que constituían a inmensa maioría do público.
- ↑ Hicks 2006, p. 55.
- ↑ Bernstein 1986, p. 105.
- ↑ Bouet, Pierre; Neveux, François. "Une œuvre textile" (en francés). Bayeux Museum. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 28 de agosto de 2016.
- ↑ Renaud Thomazo, Les grands symboles de l'histoire de France, París, Larousse, col. "Les petits précis de culture générale", 2013, ISBN 2-03-588969-0.
- ↑ Nelly Labère e Bénédicte Sère, Les 100 mots du Moyen Âge, París, Presses Universitaires de France, co. "Que sais-je?", 2010, ISBN 2-13-058232-X e 978-2-13-058232-8, p. 59
- ↑ Mogens Rud, Bayeux tapetet og slaget ved Hastings 1066, Copenhague, Christian Ejlers, 2008
- ↑ Bouet, Levy & Neveux 2004, p. 84.
- ↑ Bouet, Levy & Neveux 2004, p. 91.
- ↑ Bouet, Levy & Neveux 2004, p. 92-93.
- ↑ Une œuvre textile Arquivado 23 de marzo de 2017 en Wayback Machine.. (Unha obra téxtil)
- ↑ Pola súa presentación, formada por imaxes distintas, púidose ver nel o antepasado da banda deseñada; aínda así, o feito de que, segundo os especialistas, haxa entre 30 a 70 imaxes distintas relativiza este punto de vista.
- ↑ Bertrand 1966, p. 32.
- ↑ Bouet, Levy & Neveux 2004, p. 103.
- ↑ Neveux 1995, p. 31.
- ↑ Musset 2002, p. 152: "Il savait de science certaine qu'il ne pourrait se jouer avec témérité d'un si grand martyr."
- ↑
En calquera caso, o valor dun xuramente feito sobre reliquias non podía ser descoñecido por Harold
- ↑ Bridgeford 2005, p. 87.
- ↑ 47,0 47,1 Musset 2002, p. 35.
- ↑ Bouet & Neveux 2013.
- ↑ Musset 2002, p. 178: Musset precisa que o cometa se viu só catro meses despois da chegada de Harold ao trono.
- ↑ Musset 2002, p. 176.
- ↑ (en inglés) Elisabeth van Houts, « The ship list of William the Conqueror », dans Anglo-Norman Studies, vol. X, 1987
- ↑ Martin K. Foys in Pulling the Arrow Out:The Legend of Harold's Death and the Bayeux Tapestry in Foys, Overbey & Terkla 2009, p. 158-175.
- ↑ Bernstein 1986, p. 85-88.
- ↑ Bouet & Neveux 2013, p. 140.
- ↑ Neveux 1995, p. 17.
- ↑ Musset 2002, p. 252.
- ↑ Musset 2002, p. 250.
- ↑ Owen-Crocker 2012, p. II, 16
- ↑ Bouet, Levy & Neveux 2004, p. 385.
- ↑ Owen-Crocker 2012, p. VI, 36.
- ↑ Bouet & Neveux 2013, p. 184.
- ↑ Owen-Crocker 2012, p. VI, 47-48.
- ↑ Owen-Crocker 2012, p. VI, 49
- ↑ Owen-Crocker 2012, p. VI, 37, note 11
- ↑ Musset 2002, p. 35.
- ↑ Ler: HAROLDUM.
- ↑ Ese nome non figura ao mesmo nivel que as demais inscricións.
- ↑ hIЄ, por HIC.
- ↑ "Mirare", forma medieval para "mirari", no sentido de mirar, observar: Spectare, respicere: du Cange, et al., Glossarium mediae et infimae latinitatis, éd. augm., Niort : L. Favre, 1883‑1887, t. 5, col. 406 a et c.: Joh. Demussis Chron. Placent. apud Murator. tom. 16. col. 491: Qui vult discere bene equitare, respiciat bene dictum recessorem, et ipsum Miret sicut sedet, et stat ad equum..
- ↑ Ler: Episcopus baculum.
- ↑ Na marxe superior.
- ↑ Neveux 1995, p. 45.
- ↑ Neveux 1995, p. 42.
- ↑ Musset 2002, p. 46.
- ↑ Un cabalo de guerra vale 30 libras e unha cota de mallas (ou coraza) 7 libras.
- ↑ Musset 2002, p. 51.
- ↑ 77,0 77,1 Musset 2002, p. 41.
- ↑ Musset 2002, p. 48 précise
- ↑ Guillaume de Malmesbury, Gesta regum:
Case todos nese exército [normando] parecen sacerdotes, pois levan a cara e os dous beizos rasurados
- ↑ Bouet & Neveux 2013, p. 155.
- ↑ Artigo do Los Angeles Times do 10 de outubro 1991.
- ↑ Pierre Bouet, Brian Levy, François Neveux. La tapisserie de Bayeux: l'art de broder l'histoire: actes du colloque de Cerisy-la-Salle, 1999. Presses universitaires de Caen, 2004.
- ↑ Vídeo da reconstitución en youtube.com.
- ↑ Violaine Morin, « Happy end pour la tapisserie de Bayeux », Le Figaro, sábado 2 / domingo 3 agosto 2014, p. 12.
- ↑ Blanchard, Gérard: La Bande dessinée, histoire des images de la préhistoire à nos jours. París, Marabout, 1969
- ↑ François Amy de la Bretèque, L'imaginaire médiéval dans le cinéma occidental, París, Honoré Champion, 2004
- ↑ Isao Takahata, Emakimono et Tapisserie de Bayeux - dessins animés du Moyen Âge. Lecture croisée de trésors nationaux japonais et français, Bayeux, musée de la Tapisserie, 2011
- ↑ Xavier Kawa-Topor, La Tapisserie de Bayeux et le dessin animé, Nantes, revue 303, nº135 "Tapisseries et tentures", 2015, ISBN 979-10-93572-06-2, p. 16-19
- ↑ Vídeo da animación en youtube.com.
Véxase tamén
editarBibliografía
editarEdicións
editar- Verrier, Jean (1946). La Broderie de Bayeux dite tapisserie de la reine Mathilde. Paris: Tel.
- Bertrand, Simone (1994). La tapisserie de Bayeux. Rennes: Ouest-France. ISBN 2-85882-052-X.
- Bertrand, Simone; Sylvette Lemagnen (1996). La Tapisserie de Bayeux. Rennes. ISBN 2-7373-1929-3.
- Parisse, Michel (1983). La Tapisserie de Bayeux: un documentaire du XIe siècle. Denoël. ISBN 2207228665. Ilustracións de Jean Thouvenin
- Stenton, Sir Frank Merry (dir.); Simone Bertrand, George Wingfield Digby, Charles H. Gibbs-Smith, Sir James Mann, John L. Nevinson, Francis Wormald (1957). La Tapisserie de Bayeux. París: Flammarion.
- Mackenzie Wilson, David (1985). La tapisserie de Bayeux. París / Anvers: Albin Michel. ISBN 2-226-02508-1.
Estudos franceses
editar- de La Rue, Gervais (1824). F. Poisson, ed. Recherches sur la tapisserie représentant la conquête de l'Angleterre par les Normands e appartenant à l'église cathédrale de Bayeux. Caen. p. 92.
- Bolton, C. (1842). Recherches e conjectures sur la Tapisserie de Bayeux. Bayeux.
- Laffetay (1873). Notice historique e descriptive de la tapisserie de la reine Mathilde. Bayeux.
- Comte, J. (1902). Tapisserie de Bayeux. París.
- Marignan, A. (1902). La Tapisserie de Bayeux. París.
- Levé, Albert (1919). La tapisserie de la reine Mathilde, dite la Tapisserie de Bayeux. París.
- Chefneux, H. (1934). Les Fables dans la Tapisserie de Bayeux.
- Herman, Léon (1964). Latomus, ed. Les Fables antiques de la Broderie de Bayeux. Buxelas.
- Bertrand, Simone (1966). Zodiaque, ed. La Tapisserie de Bayeux et la manière de vivre au onzième siècle.
- Neveux, François (1995). Jean-Paul Gisserot, ed. La tapisserie de Bayeux. París. ISBN 2-87747-171-3.
- Grape, Wolfgang (1994). Prestel, ed. La Tapisserie de Bayeux. Monument à la gloire des Normands.
- Musset, Lucien (2002). Zodiaque, ed. La Tapisserie de Bayeux. Saint-Léger-Vauban. ISBN 2-7369-0281-5.
- Bouet, Pierre (dir.); Levy, Levy (dir.); Neveux, François (dir.) (2004). Presses universitaires de Caen, ed. La tapisserie de Bayeux: l'art de broderlh'histoire: actes du colloque de Cerisy-la-Salle (PDF). ISBN 2-84133-160-1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de outubro de 2016. Consultado o 09 de febreiro de 2017.
- Grape, Wolfgang (1994). Prestel, ed. La Tapisserie de Bayeux: Monument à la gloire des Normands. Múnic. ISBN 3-7913-1577-3.
- Wilson, David M. (2005). Flammmarion, ed. La Tapisserie de Bayeux.
- Rud, Mogens (2006). Eijers, ed. La Tapisserie de Bayeux et la bataille de Hastings 1066.
- Lemagne, Sylvette (dir.) (2009). Point de vues, ed. La tapisserie de Bayeux, une chronique des temps vikings? (actes du colloque international de Bayeux, 29 et 30 mars 2007). Bonsecours. ISBN 2915548218.
- Bouet, Pierre; Neveux, François (2013). Ouest-France, ed. La Tapisserie de Bayeux: Révélations e mystères d'une broderie du Moyen Âge. ISBN 2-7373-6174-5.
- Estudos ingleses
- Beech, George T. (2005). Was the Bayeux Tapestry Made in France? The Case for St. Florent of Saumur. Nova York: Palgrave Macmillan. ISBN 978-1403966704.
- Bridgeford, Andrew (2005). 1066: the Hidden History in the Bayeux Tapestry. Nova York: Harpercollins Publishers. ISBN 1-84115-040-1.
- Carson Pastan, Elizabeth; White, Stephen D.; Gilbert, Kate (2014). The Bayeux Tapestry and its Contexts: A Reassesment. Suffolk: Boydell and Brewer. ISBN 978-1843839415.
- Clermont-Ferrand, Meredith (2004). Anglo-Saxon propaganda in the Bayeux tapestry. Lewiston: Edwin Mellen Press. ISBN 0-7734-6385-2.
- Foys, Martin K.; Karen Overbey e Dan Terkla (2009). Boydell Press, ed. The Bayeux Tapestry: New Interpretations. ISBN 978-1843834700.
- Hicks, Carola (2006). The Bayeux Tapestry: The Life Story of a Masterpiece. Londres: Chatto & Windus. ISBN 9780701174637.
- Salrymphe Maclagan, Eric Robert (1943). Penguin Books, ed. The Bayeux tapestry. Londres / Nova York.
- Gibbs-Smith, Charles Harvard (1973). Phaidon / Praeger, ed. The Bayeux Tapestry. Londres / Nova York. ISBN 0714815934.
- Bernstein, David J. (1986). Weidenfeld & Nicolson / University of Chicago Press, ed. The Mystery of the Bayeux tapestrty. Londres / Nova York. ISBN 0-226-04400-9.
- Brown, Shirley Ann (1988). Boydell Press / Boydell & Brewer, ed. The Bayeux Tapestry: History and Bibliography. Woodbridge / Wolfeboro. ISBN 0-85115-509-X.
- McNulty, J. Bard (1989). AMS Press, ed. The Narrative Art of the Bayeux Tapestry Master. Nova York. ISBN 0-404-61443-4.
- Wissolik, Richard David (1990). Eadmer Press, ed. The Bayeux Tapestry: A Critical, Annotated Bibliography with Cross-References and Summary Outlines of Scholarship 1729-1990. Woodbridge. ISBN 0-929914-08-2.
- Gameson, Richard (1997). Boydell Press, ed. The Study of the Bayeux Tapestry. Rochester / Woodbridge. ISBN 0-85115-664-9.
- Cholakian, Rouben Charles (1998). Caravan Books, ed. The Bayeux Tapestry and the Ethos of War. Delmar. ISBN 0-88206-090-2.
- Lewis, Suzanne (1999). Cambrige University Press, ed. The Rhetoric of Power in the Bayeux tapestry. Cambridge / Nova York. ISBN 0-521-63238-2.
- McNulty, J. Bard (2003). Edwin Mellen Press, ed. Visual Meaning in the Bayeux tapestry: problems and solutions in picturing history. Lewiston. ISBN 0-7734-6618-5.
- Owen-Crocker, Gale R. (Dir.) (2005). Boydell Press, ed. King Harold II and the Bayeux Tapestry. Woodbridge / Rochester. ISBN 1-84383-124-4.
- Owen-Crocker, Gale R. (2012). The Bayeux Tapestry. Collected Papers. Abingdon (R.U.): Routledge. ISBN 978-1409446637.
- Noutros idiomas
- Kuder, Ulrich (1994). Fischer Taschenbuch Verlag, ed. Der Teppich von Bayeux: oder: Wer hatte die Fäden in der Hand? (en alemán). Frankfurt. p. 99. ISBN 3-596-11485-3.
Ligazóns externas
editar- Sitio oficial do tapiz de Bayeux (en francés)
- Tapisserie de Bayeux - broderie - dite de la Reine Mathilde, descrición feita polo Concello para a inscrición na UNESCO. (en francés)
- Ou cando unha BD do século XI actúa no século XXI (en inglés)
- O Tapiz de Bayeux, versión QTVR(en inglés)
- Banda interactiva do tapiz de Bayeux. Hai lagoas neste texto interactivo en VVNTILLELMI onde o texto orixinal é NVNTII: VVILLELMI, en: EЄLIS por ET VЄLIS, así como en CLAVES : PORREIT por CLAVES : PORREXIT, debidas a que os pedazos reproducidos foron xuntados montando uns sobre outros. (en francés)
- Peccatte, Patrick. "Les références visuelles à la Tapisserie de Bayeux dans la culture populaire" [As referencias visuais do tapiz de Bayeux na cultura popular]. Déjà vu (en francés).(en francés)
- O tapiz en Bessin Normandie Arquivado 06 de marzo de 2017 en Wayback Machine. (en francés)