Denomínase cota de malla a unha cota, é dicir, unha armadura ou protección metálica conformada por aneis de ferro forxado ou aceiro, dispostas de forma que cada anel está ensartado polo menos a outros catro, formando un tecido.[1]

Cota de malla normanda, usada na Batalla de Hastings (1066).

Etimoloxía

editar

Esta denominación é unha adaptación literal do francés cotte de maille que significa «túnica de malla». Na lingua literaria e, por extensión, na científica, tamén se coñece co nome de loriga, o seu nome en latín, como, por exemplo, falando dos pseudocelomados do grupo dos loricíferos (Loricifera), ou dos lorigados (Loricata), grupo de réptiles, case todos fósiles, pero que inclúe tamén aos crocodilos.

Historia

editar
 
Unha cofia de mallas.
 
Máscara de protección dos ocupantes dos carros de combate durante a Primeira Guerra Mondial.

A cota de malla era unha especie de camisa longa ou túnica formada por aneis de metal entrelazados, que podían ser de ferro, bronce ou aceiro, e na que cada anel se unía con varios outros elos, sendo o padrón máis frecuente o de catro con un, aínda que tamén existían outros deseños. Así mesmo, utilizábase adoito unha cofia de mallas, unha especie de carapucha de aneis entrelazados, que habitualmente podía substituír o casco, ou complementar o helmo.

Esta malla confeccionábase con forma de longas camisas que ofrecían gran resistencia aos cortes, e foi inventada posibelmente polos pobos celtas no século V a.C. e moi utilizada polos romanos e en toda a Idade Media e até o século XVI. Aínda que ofrecía gran resistencia aos cortes, era vulnerábel a armas de pontas adiadas como frechas, excepto as de aneis remachados.

Esta protección empregouse incluso até o século XX como defensa contra os fragmentos de metal que saltaban polos impactos no interior dos tanques na primeira guerra mundial.

Por outra parte, a cota de malla é hoxe unha peza de uso común entre os biólogos mariños que estudan os tiburóns, xa que protexe eficazmente de calquera trabada inesperada. Así mesmo, en actividades onde se manexan equipos de alto fío, como coitelos afiados, levan sempre luvas e mangas de cota de malla para evitar cortaduras graves.

  1. cota1 Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar