Hayao Miyazaki
Hayao Miyazaki (宮崎 駿 Miyazaki Hayao?), nado o 5 de xaneiro de 1941 é un debuxante de manga (mangaka) e director de cine xaponés creador de numerosos traballos de animación para o cine como Mononoke Hime (1997), A viaxe de Chihiro (2001), Hauru no Ugoku Shiro (2004) e Gake no ue no Ponyo (2008).
Traxectoria
editarA súa infancia estivo marcada pola Segunda guerra mundial. Así toda a familia viuse obrigada a trasladarse á prefectura de Tochigi. Alí, na cidade de Kanuma, o seu tío era dono dunha fábrica de pezas para avións. Este feito espertou o seu interese polo mundo da aviación, que logo veriase reflectido na súa filmografía. Outra circunstancia que marcou a súa infancia (e obra posterior) foi a enfermidade da súa nai. Obrigada a gardar leito debido a unha tuberculose espiñal. Posteriormente na súa adolescencia interesouse polo manga, especialmente tralo visionado de Takuja den, de Taiji Yabushita[1]. Dende que era novo soubo que se adicaría ó negocio do seu pai. Estudou ciencias económicas, pero na década dos sesenta comezou a traballar en Toei co cargo de intercalador (encargado dos debuxos entre movementos). Co tempo converteuse no secretario en xefe do sindicato, onde coñeceu a Isao Takahata, grande amigo que logo sería colega en Studio Ghibli.
Miyazaki foi gañando máis responsabilidades nos seus primeiros anos de traballo, o que o leva a colaborar con Isao Takahata nos anime Heidi, e Marco para o estudio Zuiyô Enterprise. En 1978 dirixe a súa primeira serie Mirai Shōnen Konan e en 1979 o seu primeiro filme Rupan Sansei: Kariosutoro no Shiro, única non considerada do Studio Ghibli.
Despois de crear a película de Lupin, Miyazaki foi desenvolvendo un anime no seu propio estudio. En 1982 o manga Kaze no Tani no Naushika (Nausicaä do Val do Vento) apareceu por primeira vez na revista Animage como froito dunha desas ideas. Este traballo deu un forte pulo á súa carreira, ó mostrar un estilo diferente, pasando do cómic infantil ó imperante na época.
Mentres, Miyazaki desempeñouse de xeito independente, adicouse a traballar nun manga que tivo moi boa acollida por parte dos lectores e ofrecéuselle a oportunidade de facer unha versión animada de Nausicaä. Este ofrecemento deulle por fin a oportunidade de realizar o seu ansiado proxecto de creación dun estudio. Xunto a Takahata, en 1985 abre o seu propio estudio de animación: o Studio Ghibli.
Filmografía
editarComo director:
- Rupan sansei: Kariosutoro no shiro (ルパン三世カリオストロの城), 1979.
- Kaze no Tani no Naushika (風の谷のナウシカ), 1984.
- Tenkū no Shiro Rapyuta (天空の城ラピュタ), 1986.
- O meu veciño Totoro (となりのトトロ), 1988.
- Majo no takkyūbin (魔女の宅急便) 1989.
- Kurenai no Buta (紅の豚), 1992.
- Mononoke Hime (もののけ姫), 1997.
- A viaxe de Chihiro (千と千尋の神隠し), 2001.
- Hauru no Ugoku Shiro (ハウルの動く城 ), 2004.
- Gake no ue no Ponyo - (崖の上のポニョ), 2008.
- O vento levántase (風立ちぬ), 2013
Como guionista ou produtor:
- Taiyō no Ōji: Horusu no Daibōken (太陽の王子 ホルスの大冒険), 1968. (Produtor, director de animación, deseñador gráfico).
- Nagagutsu o Haita Neko (長靴をはいた猫), 1969. (Produtor executivo, deseñador gráfico).
- Panda Kopanda (パンダ・コパンダ), 1972. (Guionista)
- Omohide Poro Poro (おもひでぽろぽろ), 1991. (Produtor).
- Heisei Tanuki Gassen Pompoko (平成狸合戦ぽんぽこ), 1994. (Produtor).
- Mimi wo sumaseba (耳をすませば), 1995. (Guionista, produtor e produtor executivo).
- Karigurashi no Arrietty (カリグラシノ アリエトイ), 2010. (Guionista).
- O vento levántase (風立ちぬ), 2013. (Guionista)
Notas
editar- ↑ Montero Plata, Laura (decembro de 2014). El mundo invisible de Hayao Miyazaki (5ª ed.). Dolmen Editorial. ISBN 978-84-15296-60-7.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hayao Miyazaki |