Mononoke Hime
Mononoke Hime (もののけ姫?) (en galego A princesa Mononoke) é un filme épico de animación escrito e dirixido por Hayao Miyazaki. Foi creado por Studio Ghibli e producido por Toshio Suzuki. Está protagonizado polas voces de Yōji Matsuda, Yuriko Ishida, Yūko Tanaka, Kaoru Kobayashi, Masahiko Nishimura, Akihiro Miwa, Mitsuko Mori e Hisaya Morishige.
A princesa Mononoke | |
---|---|
Logo título do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Mononoke Hime |
Director | Hayao Miyazaki |
Produtor | Toshio Suzuki |
Guión | Hayao Miyazaki |
Intérpretes | Yōji Matsuda Yuriko Ishida Yūko Tanaka Kaoru Kobayashi Masahiko Nishimura Akihiro Miwa Mitsuko Mori Hisaya Morishige |
Música | Joe Hisaishi |
Fotografía | Animación |
Montaxe | Takeshi Seyama |
Estudio | Studio Ghibli |
Distribuidora | Toho |
Estrea | 12 de xullo de 1997 |
Duración | 133 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Aventuras |
Orzamento | ¥2 135 666 804 |
Recadación | ¥14 487 325 138 |
Na rede | |
https://www.ghibli.jp/works/mononoke/ | |
O filme está ambientado no período Muromachi (aproximadamente entre 1337 e 1573), nun Xapón épico e fantástico, onde conviven os homes, os deuses e os espíritos. A historia céntrase no guerreiro emishi Ashitaka e na loita entre os deuses do bosque e os humanos que consomen os seus recursos.[1] O termo "Mononoke" (物の怪 or もののけ?) non é un nome, senón que é a verba xaponesa para espírito ou monstro.
Mononoke Hime foi estreado no Xapón o 12 de xullo de 1997, e nos Estados Unidos o 29 de outubro de 1999 nalgunhas cidades escollidas. Foi aclamado pola crítica é tivo moi boa acollida do público, converténdose no filme con maior recadación do Xapón no ano 1997, e o máis exitoso do país ata a estrea de Titanic ese mesmo ano.
Sinopse
editarO derradeiro príncipe Emishi, Ashitaka, querendo protexer a súa aldea, loita contra Nago, un demo xabarín xigante. Durante a loita, Ashitaka é malferido nun brazo pola maldición que cubría o corpo de Nago coma se fosen vermes. Despois de matar ó xabarín, a curandeira da aldea dille que se non fan algo esa ferida maldita rematará por estenderse por todo o seu corpo, chegando a matalo. Ashitaka decide viaxar ás terras do oeste para atopar a orixe da maldición do xabarín e a cura do seu mal. Corta o seu cabelo como símbolo de que abandona a aldea e marcha con Yakul, o seu alce vermello. Pasado un tempo, atópase cunha vila atacada por un grupo de samurais. Algúns deses homes tamén o atacan a el, obrigándoo a se defender. O seu brazo malferido amosa entón unha forza e furia sobrehumanas chegando a actuar case por vontade propia cando curta cas súas frechas os brazos e as cabezas dos inimigos. Nun poboado preto de alí coñece a Jigo, un monxe vagabundo que o axuda a mercar arroz. Esa tarde, o monxe dille a Ashitaka que el podería atopar a axuda que precisa no bosque do Deus Cervo nas montañas do oeste, habitado por deuses animais xigantescos, e cuxo acceso está prohibido ós humanos.
Unha cidade próxima ás montañas do oeste, chamada De Ferro, limpa os bosques de árbores para facer carbón vexetal e extraer ferro, ó tempo que loitan coas bestas xigantescas que intentan protexer o seu bosque en perigo de desaparecer. Nunha desas batallas, tres lobos xigantescos, mandados pola deusa loba Moro, atacan ós aldeáns que transportan o arroz. Eles están acompañados por San, unha nena humana adoptada polos lobos, á cal a xente da Cidade de Ferro chama "a Rapaza lobo" e "Princesa Mononoke" (que quere dicir "demo maldito" ou "espírito").
No ataque, Moro e algúns aldeáns saen prexudicados. O día despois da liorta, Ashitaka atopa dous aldeáns feridos preto dun río. Camiño á Cidade de Ferro pasa polo bosque, onde se atopa con espíritos das árbores diminutos chamados kodama. No bosque tamén vive o Gran Espírito do bosque (Shishigami no xaponés orixinal), descrito como " o deus da vida e da morte ", quen toma a forma de kirin, semellante a un cervo durante o día "e un deus somnámbulo" que vaga polo bosque de noite.
Cando Ashitaka chega á cidade de Ferro danlle unha agradable benvida e coñece á seu líder, Lady Eboshi, que foi a causante da loucura do xabarín Nago ó dispararlle un tiro coas súas armas de fogo cando este defendía o bosque. Pero ó mesmo tempo, Eboshi é benfeitora dos leprosos e as prostitutas, ós que lles da a oportunidade de traballar para ela. Esa noite, San (A Princesa Mononoke) infíltrase na cidade e ataca a Eboshi. Ashitaka intervén na loita empregando o poder da súa maldición e toma a San de volta ó bosque, pero é ferido de gravidade ó recibir un disparo no peito. Co poder da maldición, logra abrila porta e deixar a cidade, pero derrúbase polo abatemento pouco despois. O Espírito do bosque, cura as súas feridas, pero non lle quita a maldición. San, descobre que os xabaríns, baixo o mando do deus xabarín Okkoto, artellan outro ataque sobre a Cidade de Ferro. Eboshi prepárase para o asalto e para matar o Espírito do bosque, porque a súa cabeza concede a inmortalidade a quen a teña.
Na inevitable loita os humanos emboscan ós xabaríns, e masácranos, mentres os cazadores corrompen a Okkoto cunha bóla de ferro envelenada, igual que fixeran con Nago. Malferida, Moro ataca a Okkoto para salvar a San, quen quedara atrapada nos fociños do xabarín xigante tratando de paralo antes de que se convertese nun demo. O Espírito do bosque aparece e quítallela vida a Moro e a Okkoto, pero San sálvase. Mentres Ashitaka limpa os vermes de demo que infectan a San, Eboshi dispáralle á cabeza ó Espírito do bosque. Pero esta á súa vez, perde un brazo pola cabeza reanimada de Moro. O corpo sen cabeza do Espírito do bosque convértese " nun deus estúpido de morte " que comeza a tapar a terra cunha lama negra que mata todo o que toca na busca da súa cabeza.
Ashitaka e San toman a cabeza e devólvenlla ó Espírito do bosque. Este derrúbase sobre un lago, e a terra volve a ser verde outra vez e tódolos leprosos curan incluíndo a maldición de Ashitaka. O filme remata cun Kodama que aparece no bosque rexuvenecido, o que significa que a vida ábrese camiño outra vez.
Personaxes
editar- Yōji Matsuda como Ashitaka (アシタカ?)
- Yuriko Ishida como San (サン?)
- Akihiro Miwa como Moro (モロの君 Moro no Kimi?)
- Yūko Tanaka como Lady Eboshi (エボシ御前 Eboshi Gozen?)
- Kaoru Kobaayashi como Jiko-Bou (ジコ坊 Jiko-bō?)
- Hisaya Morishige como Okkotonushi (乙事主 Okkotonushi?)
- Masahiko Nishimura como Kohroku (甲六 Kōroku?)
- Mitsuko Mori como Hii-sama (ヒイ様?)
- Sumi Shimamoto como Toki (トキ Toki?)
- Tsunehiko Kamijō como Gonza (ゴンザ?)
Banda sonora
editarPrincess Mononoke: Music from the Motion Picture | |
---|---|
Banda sonora de Joe Hisaishi | |
2 de xullo de 1997 (Xapón) 12 de outubro de 1999 (Norte América) | |
Data de gravación | 1997 |
Duración | 65:05 |
Xénero | Banda sonora |
Selo discográfico | Milan (Norte América) Tokuma Japan Communications (Xapón) |
A banda sonora de Mononoke Hime foi composta por Joe Hisaishi, o compositor de bandas sonoras en tódalas producións de Miyazaki. O propio Miyazaki escribiu a letra das dúas partes vocais, "The Tatara Women Work Song" e "Princess Mononoke Theme Song". A música foi interpretada pola Orquestra Filharmónica de Toquio e dirixida por Hiroshi Kumagai. Foi estreada no Xapón por Tokuma Japan Communications o 2 de xullo de 1997.
A canción titular do filme foi interpretada pola contra tenor Yoshikazu Mela.
- "Evening at the Ironworks" (0:39)
- "The Demon God II - The Lost Mountains" (0:57)
- "Lady Eboshi" (2:48)
- "The Tatara Women Work Song" (1:30)
- "The Furies" (1:28)
- "The Young Man from the East" (1:25)
- "Requiem" (2:22)
- "Will to Live" (0:32)
- "San and Ashitaka in the Forest of the Deer God" (1:39)
- "Princess Mononoke Theme Song (Instrumental Version)" (2:08)
- "Requiem II" (2:14)
- "Princess Mononoke Theme Song" (3:32)
- "Battle Drums" (2:47)
- "The Battle in Front of the Ironworks" (1:26)
- "Demon Power II" (2:30)
- "Requiem III" (0:55)
- "Retreat" (1:31)
- "The Demon God III" (1:14)
- "Adagio of Life and Death" (2:09)
- "The World of the Dead" (1:27)
- "The World of the Dead II" (1:33)
- "Adagio of Life and Death II" (1:07)
- "Ashitaka and San" (3:12)
- "Princess Mononoke Theme Song" (1:23)
- "The Legend of Ashitaka Theme (End Credit)" (5:03)
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mononoke Hime |
Outros artigos
editar- Filmes do Xapón propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 70ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
editar- Mononoke Hime na IMDb (en inglés).
- Páxina estudios Ghibli (en xaponés)
- Ficha en BCDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)