Abrir o menú principal

O termo Emishi (蝦夷?) era empregado en Xapón (antes do século VII escrito como 毛人) para designar ós habitantes do nordeste de Honshū, no que hoxe se coñece como a rexión de Tōhoku. Algunhas tribos desta rexión opuxéronse e resistiron ó goberno do Emperador do Xapón a finais do período Nara e comezos do período Heian. Algúns historiadores contemporáneos aseguran que os emishi eran nativos descendentes da cultura Jōmon e que estaban relacionados cos ainus. A diferenza étnica dos habitantes de yamato cos emishi non está en dúbida, pois os emishi contaban cunha lingua moi diferente que os académicos non puideron reconstruír.

Índice

Orixe da verba "Emishi"Editar

A primeira mención deste pobo fóra do Xapón é no libro chinés Song Shu onde se fai referencia ós "55 reinos (国) de xente peluda (毛人) do leste..." Os xaponeses empregaron os mesmos kanjis para describilos, pero mudaron a súa lectura de kebito ou mojin a emishi. Máis adiante os kanjis cambiaron a 蝦夷.

ConquistaEditar

Os emishi estaban constituídos por moitas tribos, algunhas aliadas dos xaponeses (fushu, ifu), mentres que outras permaneceron hostís (iteki).[1] Os emishi do nordeste de Honshū dependían dos seus cabalos durante o combate, polo que desenvolveron un sistema único de ataque e fuxida por medio de arqueiros a cabalo que era moi efectivo contra o lento exército imperial xaponés desa época, composto case exclusivamente por infantería pesada. Os primeiros intentos de subxugar a estas tribos foron un fracaso pois a técnica de guerra de guerrillas utilizada polos emishi era superior.

NotasEditar

  1. Takahashi, pp. 110-13.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar