Honshu
Honshū (本州, ほんしゅう) é a illa principal do arquipélago xaponés, noutro tempo chamada Hondo.[1] Limita ao norte coa illa de Hokkaido polo estreito de Tsugaru, ao sur con Shikoku polo mar Interior e ao suroeste con Kyūshū polo Estreito de Kanmon.
(ja) 本州 | |||||
Tipo | island of Japan (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Arquipélago xaponés four main islands of Japan (en) | ||||
Situado na entidade xeográfica | Océano Pacífico e Cinto de lume do Pacífico | ||||
Localización | |||||
Continente | Asia | ||||
División administrativa | Xapón | ||||
| |||||
Bañado por | Mar do Xapón, Océano Pacífico e Mar Interior de Seto | ||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Dimensións | 240 () × 1.300 () km | ||||
Perímetro | 5.450 km | ||||
Punto máis alto | Monte Fuji (3.776 m ) | ||||
Superficie | 227.939,66 km² | ||||
A poboación de Honshū é de 98 352 000 habitantes (1990) (89 101 702 en 1975), e está concentrada nas chairas existentes, especialmente na chaira de Kanto, onde reside o 25% da poboación en e ao redor de Toquio e Yokohama. Outras cidades importantes son Nagoia, Osaca, Kobe, Kyoto, Hiroxima e Sendai. A illa divídese en cinco rexións e 34 prefecturas, entre elas o Toquio metropolitano.
Xeografía
editarA illa ten aproximadamente 1.300 km de longo e varía dos 50 aos 230 km de largo, e a súa superficie total é de 227.942,85 km², ao redor do 60% da superficie total do Xapón, o que a fai un pouco máis grande que Gran Bretaña.[2] A súa superficie terrestre estivo aumentando co levantamento costeiro no norte, pero o aumento global do nivel do mar diminuíu estes efectos. Honshu ten un perímetro de 5.450 km de costa.
É unha illa montañosa e volcánica, e nela prodúcense numerosos terremotos, como o gran terremoto de Kantō de setembro de 1923 que danou gravemente Toquio, e o terremoto e tsunami de Sendai de 2011 que moveu a parte nordeste da illa ata 5,3 metros[3][4] mentres causaba tsunamis devastadores. O pico máis alto é o volcán activo Monte Fuji, con 3776 m. que converte a Honshu na 7ª illa máis alta do mundo. Hai moitos ríos, incluíndo o Shinano, o máis longo do Xapón e o río Tone, coa conca máis grande. Os Alpes xaponeses percorren a lonxitude de Honshu, dividindo a costa do noroeste (mar do Xapón) da costa do sueste (Pacífico ou mar interior); O clima é moi variable xeralmente subtropical húmido nas partes meridionais e costeiras da illa e continental húmido nas zonas norteñas e interiores.
Rexións administrativas e prefecturas
editarA illa está dividida en cinco rexións nominais e 34 prefecturas, incluíndo Toquio metropolitano. Administrativamente, algunhas illas máis pequenas inclúense dentro destas prefecturas, incluíndo as Illas de Ogasawara, Illa de Sado, Izu Shima e Illa de Awaji.
As rexións e prefecturas son:
- Tōhoku (norte) comprende seis prefecturas.
- Kantō (leste) comprende sete prefecturas, incluíndo a capital do Xapón que é a metrópole de Toquio.
- Chūbu (centro) comprende nove prefecturas.
- Kinki(Kansai) (sur, aínda que ao norte de Chūgoku) comprende sete prefecturas.
- Chuugoku (suroeste) comprende cinco prefecturas.
Honshū está unida ás demais illas do Xapón por túneis ou pontes
- Coa illa de Hokkaidō por Túnel de Seikan.
- Coa illa de Kyūshū por Túnel de Kanmon (hai 3 túnel, un para coche e dous para ferrocarrís) e Ponte de Estreito de Kanmon.
- Coa illa de Shikoku, hai 3 rutas, ruta de Akashi-Naruto, ruta de Kojima-Sakaide e Onomichi-Imabari.
- Ruta de Akashi-Naruto
- Ruta de Kojima-Sakaide
- Ruta de Onomichi-Imabari
Notas
editar- ↑ Honshū (arquivado en Archive.org). MSN Encarta. Consultado o 15-08-2023.
- ↑ "Islands By Land Area". Islands.unep.ch. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2015. Consultado o 2010-08-01.
- ↑ "Map of Horizontal Land Movement caused by 2011/3/11 M9.0 earthquake" (PDF) (en Japanese). Geospatial Information Authority of Japan. March 19, 2011. Consultado o 15 de novembro de 2012.
- ↑ "Quake shifted Japan by over two meters". Deutsche Welle. 14 de marzo de 2011. Consultado o 14 de marzo de 2011.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Honshu |