Mangaka (漫画家) é a palabra xaponesa para un debuxante de historieta. Fóra do Xapón, principalmente en occidente, a palabra úsase para se referir a autores de historietas xaponesas ou manga. O sufixo -ka é un agregado que quer dicir «creador de», dando á palabra un grau honorífico que indica mestría.

O traballo do mangaka, polo regular, abrangue a creación maioritaria do traballo final, tanto da trama coma do debuxo da historia, aínda que é común atopar algún mangaka que realiza os debuxos baseándose nunha historia dada por un escritor ou que reciba axuda en detalles do debuxado, coma as paisaxes, o coloreado ou ata no deseño de personaxes. Ata existen casos onde varios mangaka traballan coma grupo para desenvolver un produto final, como é o caso das artistas CLAMP, aínda que é menos frecuente.

Véxase tamén

editar