O leme ou temón[1] é o aparello usado para dirixir barcos, botes, submarinos, aeronaves, hovercrafts e outros dispositivos que se moven por mar ou ceo. O leme opera de xeito que redirixe o fluxo de auga ou de ar que pasa polo casco ou fuselaxe, dándolle así un movemento de virada ao navío. Na forma básica, un leme é unha superficie plana ou folla de material unido á popa, cola ou calquera tipo de couce do navío (ou aeronave).

Remo actuando de temón colocado na popa dun barco de río no antigo Exipto (c. 1422-1411 BC)

Temón náutico

editar

O leme ou temón consta dun plano vertical, firmemente preso ao casco da embarcación. Ao variar o ángulo de ataque en relación ao fluxo de auga orixinado pola hélice, desvía parte deste, provocando unha reacción e consecuentemente, a viraxe da embarcación.

Aeronáutica

editar

Nun avión, o leme ou temón chámase tamén o control de superficie, e atópase normalmente unido ao estabilizador vertical. O temón, xunto co elevador (un xeito de "temón horizontal" unido á estrutura horizontal da cola), permiten o control de dirección nas tres dimensións espaciais.

É comandado por pedais, sendo que ao pisar no pedal esquerdo, o avión vira para a dereita e viceversa.

Referencias

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Temón.