Unha catapulta é un instrumento militar utilizado na antigüidade para o lanzamento a distancia de grandes obxectos a modo de proxectís. Foi inventada probabelmente polos gregos e posteriormente mellorada por cartaxineses e romanos, e foi moi empregada na Idade Media.

Catapulta
editar datos en Wikidata ]

Características editar

 
Catapulta no Castelo de Castro Caldelas.

A catapulta foi creada principalmente para derrubar murallas inimigas e tomar por asalto os castelos. Poida que os primeiros en usala con este fin fosen os gregos. As catapultas son armas de asedio que foron utilizadas nas guerras e conflitos da Idade Media.

As primeiras catapultas empregábanse a distancias longas, o que facía moi difícil a súa construción e posterior uso. Isto obrigou aos creadores e enxeñeiros a traballar na súa forma, peso, tamaño, deseño e mobilidade, pois eran armas necesarias nos grandes combates. Desta forma logrouse obter unha catapulta máis liviá, máis fácil de manexar e trasladar, facéndose partícipes das batallas.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar