Halle
Coordenadas: 51°28′N 11°58′L / 51.467, -11.967
Halle é a cidade máis grande do Bundesland (estado federal) de Saxonia-Anhalt e a quinta máis grande de Alemaña oriental. Halle atópase no sur do estado federal nas ourelas do río Saale. A cidade é o centro cultural do estado federal e o centro económico de Saxonia-Anhalt do sur.
Halle | |||
---|---|---|---|
Halle (Saale) | |||
| |||
![]() | |||
Imaxes da cidade | |||
Localización | |||
![]() | |||
País | ![]() | ||
Land | ![]() | ||
Xeografía | |||
Altitude | 87 msnm | ||
Superficie | 135,01 km² km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 233.107 hab. (2012) | ||
Densidade | 1.726,59 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 06001–06132 | ||
Alcalde | Bernd Wiegand (independente) | ||
www.halle.de |



Historia Editar
O nome de Halle deriva do alemán antigo e quere dicir "sal". As fontes de auga salgada de Halle son produto dunha situación xeolóxica especial, a chamada falla da praza do mercado de Halle foi empregada en tempos remotos, como o demostran as novas escavacións arqueolóxicas feitas na área da praza do mercado, que corroboran a importancia do sal para a cidade. O sal era a principal actividade comercial da cidade, como en moitas cidades na Idade Media. Actualmente o sal non representa un comercio importante, mais como proba da súa importancia no pasado, fundouse un museo no chamado Saline xunto o río Saale.
August Hermann Francke tivo unha grande influencia e fundou un orfanato no que albergou a máis de 1000 nenos. É coñecido como o fundador do pietismo. Hoxe a área do orfanato é unha cidade escolar onde se atopan diferentes tipos de escolas, institutos e bibliotecas da Universidade, unha biblioteca histórica, unha gardaría de nenos, un museo, unha librería e a Fundación da Cultura da República Federal de Alemaña.
En Halle viviu durante pouco tempo Martiño Lutero; na rúa "Rannische Straße" colocouse unha placa conmemorativa na fachada da casa. A cidade é tamén coñecida por ser a cidade de orixe do baixista da banda Tokio Hotel, Georg Listing.
Na Halle sufriu moitos danos na súa periferia, debido a que no sur da cidade se atopaban as fábricas químicas (Leuna). O centro da cidade case non foi bombardeado e hoxe en día presume de ter o conxunto de edificios catalogados de Alemaña.
Entre 1949 e 1990, Halle formou parte da República Democrática Alemá (RDA).
Economía Editar
Esta cidade tiña no ano 2012 unha taxa de desemprego do 10,3%.[1] A metalurxia é un sector clave na localidade, como tamén o é a Universidade (Universidade Martiño Lutero de Halle-Wittenberg), que en 2011 tiña 20.872 estudantes.[2]
Cultura Editar
O famoso compositor de música clásica Georg Friedrich Händel naceu e viviu ata os 18 anos en Halle.[3] Actualmente pódese visitar a súa casa, convertida en museo.
Relixión Editar
A maior parte da poboación de Halle non profesa relixión ningunha. A igrexa evanxélica e a católica teñen presenza formal e histórica. O colexio cristián máis famoso é o Elisabeth-Gymnasium.
Os franciscanos en Halle levan a cabo a tarefa da logoterapia, unha nova terapia desenvolta a finais da segunda guerra mundial, principalmente por superviventes dos campos de concentración.
Cidades irmandadas Editar
Cidades irmandadas | ||||
---|---|---|---|---|
Oulu | Finlandia | 1972 | ||
Linz | Austria | 1975 | ||
Coímbra | Portugal | 1976 | ||
Grenoble | Francia | 1976 | ||
Karlsruhe | Alemaña | 1987 | ||
Hildesheim | Alemaña | 1990 | ||
Ufa | Rusia | 1997 | ||
Jiaxing | República Popular da China | 2009 | ||
Savannah | Estados Unidos | 2011 |
Lugares de interese Editar
- Igrexias dos século XIV e século XVI. Igrexa na Praza do mercado Marktkirche, a catedral, a igrexa de San Mauricio Moritzkirche
- Museos e casa natal de Haendel[4]
- Castelo de Moritzburg[5]
- A fábrica de chocolate máis antiga de Alemaña: Halloren. A especialidade da chocolatería Halloren é o chamado "Halloren Kugel", que é un chocolate recheo de mousse de diferentes sabores.
- Museo da fábrica de sal Saline.[6]
- Praza do Mercado (Marktplatz).
Notas Editar
- ↑ "Arbeitslosenquote der 15- bis unter 25-Jährigen bezogen auf alle zivilen Erwerbspersonen" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 09 de novembro de 2013.
- ↑ "Halle - Datos y hechos" (en español). 2011. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2008. Consultado o 11 de novembro de 2012.
- ↑ "Retrato de la ciudad de Halle". Deutsche Welle 14.03.2003 (en español). 2003. Arquivado dende o orixinal o 24/11/2007. Consultado o 07/12/2007.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2017. Consultado o 11 de novembro de 2012.
- ↑ [1]
- ↑ [2]
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Halle |