Ufa
Coordenadas: 54°43′0″N 55°58′0″L / 54.71667, -55.96667
| ||||||
Información | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
País | ![]() | |||||
República | ![]() | |||||
Poboación | 1,064.200 h. (2010) | |||||
Alcalde | Pavel Kachkayev | |||||
Páxina Oficial Arquivado 18 de marzo de 2016 en Wayback Machine. |
Ufa ou Ufá (Уфа en ruso, Өфө en baskir) é unha cidade de Rusia, capital da república de Bashkortostán, situada na beira dos ríos Ufa e Bélaia, que conta cunha poboación de 1,064.200 habitantes (2010). A maioría dos habitantes da cidade son de etnia rusa (36'1%), tártara (28'3%) e baskir (17'1%).
HistoriaEditar
Foi fundada como fortaleza en 1574 por Iván IV de Rusia "o terrible". No século XVIII converteuse nun salientable centro comercial e cultural da zona, e dende o ano 1781 tamén nun centro administrativo da rexión coñecida naquel entón como Oremburgo. O desenvolvemento industrial da cidade chegou co ferrocarril, que dende 1890 comunicou a cidade con boa parte do resto do imperio ruso. Durante a guerra civil rusa, Ufa foi temporalmente a capital do Goberno Provisional de Tódalas Rusias, un movemento antibolxevique. Uns anos despois, durante a segunda guerra mundial, a cidade tamén acolleu un tempo a capitalidade da República Socialista Soviética de Ucraína por mor da invasión dos nazis.
IndustriaEditar
O descubrimento de petróleo en Bashkortostán durante a primeira metade do século XX transformou a Ufa nun importante centro industrial. Na actualidade ten industrias eléctricas, mineiras, petroquímicas e de procesado de alimentos.
DeportesEditar
As principais entidades deportivas da cidade son:
- Salavat Yulaev Ufa (hockey sobre xeo) - Varias veces campión ruso, compite na Kontinental Hockey League.
- Football Club Ufa (fútbol) - Compite na segunda división rusa de fútbol.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |